ICOSAEDRO

 

 

Gráficos tomados do libro La Divina Proporción. Editorial Akal.

Volver

Ir a octaedro Ir á interpretación de Platón Ir a dodecaedro

 

Do icosaedro plano sólido ou oco.
Ir a modelo para montar Ir a modelo para montar
 

O icosaedro plano sólido ou oco contén trinta liñas ou lados iguais entre si, que dan lugar nel a sesenta ángulos  superficiais e doce sólidos e tamén forman nel vinte bases, todas triangulares, equiláteras e equiángulas. Cada un dos ditos ángulos sólidos está determinado por cinco ángulos superficiais das ditas bases triangulares, como demostra igualmente a súa forma material.

 

Do icosaedro  absciso sólido ou oco.
Ir a modelo para montar Ir a modelo para montar
 

O icosaedro absciso plano sólido ou oco ten noventa lados ou liñas e cento oitenta ángulos superficiais, cento vinte dos cales son dos hexágonos que concorren na súa composición e sesenta dos pentágonos que igualmente entran nesta, todos os cales son equiláteros; estas liñas forman en torno a dito corpo trinta e dúas bases, vinte das cales son hexágonos, é dicir, de seis lados iguais, e doce pentagonais, ou sexa, de cinco lados iguais. E todas, na súa especie, son entre si equiláteras e equiángulas, é dicir, que todos os hexágonos son entre si de ángulos iguais e o mesmo os pentágonos. Pero todos os lados, tanto os dos pentágonos coma os dos hexágonos son iguais entre si. Só nos ángulos son diferentes os pentágonos dos hexágonos. Este corpo orixínase a partir do precedente corpo regular cando se cortan os seus lados de modo uniforme na súa terceira parte; co dito corte orixínanse vinte hexágonos e doce pentágonos, como se dixo, e trinta ángulos corpóreos ou sólidos. Pero sesenta das ditas liñas son comúns ós hexágonos e ós pentágonos, pois os vinte hexágonos unidos uniformemente entre si orixinan necesariamente doce pentágonos. Tampouco deste corpo pode darse o elevado por defecto dos hexágonos, como antes se dixo a propósito do tetraedro absciso e do octaedro absciso.

 

Do icosaedro elevado sólido ou oco.
Ir a modelo para montar Ir a modelo para montar
 

O icosaedro elevado sólido ou oco ten noventa liñas, cento oitenta ángulos superficiais e vinte ángulos sólidos piramidais e sesenta bases ou superficies que o circundan, todas elas triangulares equiláteras e equiángulas. Pero trinta das noventa liñas son comúns a cada unha das superficies das súas vinte pirámides. E está composto dito corpo por vinte pirámides lateradas triangulares equiláteras e equiángulas de igual altura e polo icosaedro íntegro interior só perceptible pola imaxinación do intelecto e cuxas bases son tamén bases das ditas vinte pirámides. Todo o cal faise evidente pola súa propia forma material.

 

Ir a octaedro Ir á interpretación de Platón Ir a dodecaedro

 

   
Gráficos tomados do libro La Divina Proporción. Editorial Akal.