Descrición e uso de samba
De Wiki do Pazo da Mercé
O obxectivo de samba é o de permitir compartir nunha rede carpetas e impresoras entre equipos Linux e Windows. Basicamente consiste nunha implementación do protocolo NetBIOS sobre Linux.
O software de samba podemos dividilo en dous módulos principais:
- O cliente de samba, que permite acceder a recursos compartidos nun equipo Windows dende unha máquina Linux.
- O servidor de samba, que permite compartir carpetas nunha máquina Linux para que sexan usadas dende máquinas Windows a través da rede.
Samba tamén inclúe outros módulos como winbind, que permite a autentificación dunha máquina Linux contra un dominio de Windows xestionado por un servidor con Windows Server.
