Biblioteca > Muller e Feminismo > A Muller na Literatura española
Aínda en 1986 un estudo sobre o cancn da poesía española publicado en E.E.U.U. afirmaba que a única escritora respresentada con certa frecuencia nas antoloxías do século XX era Carmen Conde. Hoxe a situación cambiou nontablemente, xa que os esforzos de incorporación e análise das escritoras permite abordar o feito literario como un fenómeno non estritamente masculino. Por iso propoñémosvos un breve resumo do papel das mulleres escritoras en lingua española a través dos séculos.
Século XV |
Século XIX |
||
|---|---|---|---|
Século XVI |
Século XX (1) |
||
Século XVII |
Século XX (2) |
||
Século XVIII |
|||
A partir do século XV a muller empeza a empregar a escritura como forma de expresión dun colectivo que non adoita ser escoitado. Estas escritoras pertencían á nobreza e á burguesía. Os xéneros literarios máis cultivados foron a autobiografía, o tratado político, a confesión mística, a novela sentimental en forma de vida de Xto., a novela de “cabalería” e a epístola.
*LEONOR LÓPEZ DE CÓRDOBA. De familia nobre. Educouse no alcázar de Segovia ao lado das infantas de Castela. Aos sete anos foi prometida a un neno moi rico co que casaría moito máis tarde e co que tivo catro fillos. Entre 1401 e 1404, cando tiña uns 40 anos ditoulle as súas Memorias a un escribano de Córdoba. Trátase da primeira autobiografía coñecida en lingua castelá.
*SERENA DE TOUS. Viviu na segunda metade do século XIV en Barcelona. Durante catro anos escribiu en catalán moitas cartas ao seu marido Ramón de Tous. Consérvanse 18 cartas orixinais nas que expresa os seus sentimentos máis íntimos: amor, nostalxia, traición e rabia; comenta o estado dos seus negocios e a situación cotiá no fogar.
*TERESA DE CARTAGENA. Inaugurou en lingua castelá a confesión mística. Está considerada unha das escritoras máis relevantes do século XV. Descendente de xudeus, pertenceu na súa orixe á burguesía urbana culta e profesional e na súa xuventude á nobreza. Primeiro estudou na casa e máis tarde foi á Universidade de Salamanca (no século XV!). Nin casou, nin foi nai. Adicouse á escritura e á espiritualidade, pero non chegou a ordearse monxa. Conservamos dúas obras súas: Arboleda de los enfermos e a Admiración de las obras de Dios .
*ISABEL DE VILLENA. Prima de María de Castela, raíña de Aragón. O seu nome era Elionor, pero cambiouno aos quince anos ao entrar no convento da Trinidad de Valencia. Formouse e fíxose escritora entre mulleres. Lérona moitas damas, entre elas Isabel a Católica, que quixo que se publicara para poder lela. Por iso, as principais protagonistas da súa Vita Christi son mulleres: a Virxe María e María Magdalena. Inspirouse nos “Evanxeos apócrifos”, nos costumes do seu tempo e nas tradicións dos evanxeos gnósticos (estaban prohibidos).
*FLORENCIA PINAR. Dama da corte de Isabel I de Castela. Conservamos sete textos seus entre poemas e cancións coas súas glosas. Sábese que foi a primeira muller que participou en “Justas poéticas”. A súa poesía fala principalmente do amor e do desexo.
*ESTEFANÍA DE REQUESENS. Foi a aia do futuro rei Felipe II. Entre 1533 e 1540 escribiulle montóns de cartas a súa nai. Nelas, escritas en catalán, trata todos os aspectos da vida, dende a política imperial ate os xogos do príncipe.
*BEATRIZ BERNAL. Foi unha dama que naceu en viviu en Valladolid na primeira metade do século XVI. Sábese, por documentos atopados, que estivo casada, foi nai, e escritora de prestixio no seu tempo. Conservamos dela unha novela de “cabalería” Don Cristalián de España (1545). A novela é un longo relato de aventuras, encantamentos, maxia e heroínas. A obra tivo tanto éxito que foi traducida ao italiano e reeditada en varias ocasións.
*LUISA SIGEA DE VELASCO. Luisa e a súa irmá Ángela foron dúas famosas puellae doctae (tamén chamadas “humanistas”) do século XVI. Luisa foi unha erudita das linguas; Ángela da música. Na súa primeira adolescencia serviron á infanta María de Portugal, que tiña na súa corte un importante grupo de escritoras e artistas. O Humanismo do século XVI puxo de moda a igualdade entre os dous sexos para combater a misoxinia. En España consérvanse os nomes dunhas 40 “puellae doctae” no século XV e primeira metade do XVI. Luisa dominaba o latín, o grego e o hebreo. Na biblioteca real de Lisboa, Luisa leu moito e preparou a súa obra máis importante: Diálogo ente dos chicas jóvenes sobre la vida en la corte y la vida retirada. (1552). O libro é unha conversa en latín entre dúas amigas en torno á vida que máis lles gusta e que máis lles convén. En 1555, Luisa abandona a corte de Portugal e instálase co seu home en Burgos, pasará apuros económicos porque nin a súa fama, nin a súa erudición lle serviron para atopar un traballo pagado.
*TERESA DE JESÚS (1515). Dende nena tivo moita afección á lectura. Levaba unha vida moi normal rodeada de irmáns e curmáns, facendo as mesmas cousas ca eles. Ao morrer súa nai, seu pai lévaa ás monxas de Santa María de Gracia, de Ávila. Foi unha muller moi culta, leu moreas de libros de todo tipo. Co tempo decidiu quedar no convento onde se criara e chegou a fundar a orde das Carmelitas Descalzas e a fundar os seus propios conventos. Mantivo unha relación moi especial con San Juan de la Cruz , un fraile carmelita moi amigo seu e, coma ela, tamén escritor. Entre as súas obras destacan: Libro de la vida , Camino de perfección , Moradas o castillo interior . Ademais escribiu moitas Poesías e Cartas .
*ANA DE JESÚS (1545). É considerada a ponte entre Teresa de Jesús e a mística posterior. Foi monxa, como Teresa. Dentro da súa orde foi unha revolucionaria, quería evitar a reforma das “Constituciones de la Orden ”, conseguiu impedilo, pero foi confinada na súa cela durante tres anos como castigo. Adicouse a percorrer Europa para fundar conventos da súa orde (o Carmelo Descalzo). Pasou á historia pola seu labor na expansión de dita orde fóra de España. A súa produción literaria recóllese nas Cartas , conservadas no Arquivo do Carmelo Descalzo de Bruselas.
*MARÍA JESÚS DE ÁGREDA. Felipe IV acudeu a esta muller para pedir a intercesión de Deus fronte á realidade da decadencia política e económica do país. A correspondencia entre esta monxa franciscana e o rei é unha fonte inesgotable de información sobre a realidade da época. Foi unha muller moi culta, autora de obras de carácter relixioso como Mística ciudad de Dios ademais da xa citada Correspondencia con Felipe IV . Na súa correspondencia co monarca chegou a convencelo de que os problemas de España viñan provocados polos pecados adúlteros do rei .
*CATALINA DE ERAUSO (A Monxa Alférez) (1592-1650) Xa de nena foi metida nun convento, pero aos 15 anos foxe. Exerce varios oficios en España ata que embarca para América onde destacará como soldado, participando con éxito en moitas batallas. Ao abandonar o convento adopta nomes masculinos e faise pasar por home, ata tal punto viviu coma un home que chegou o día en que o Papa e mais o rei de España lle permiten vestirse de home e vivir como tal. No testamento de seu pai, de 1611, cítase a Catalina como muller, mentras que no de súa nai de 1622 inclúena no grupo dos fillos varóns. Froito das súas aventuras é o libro titulado Historia de la Monja Alférez , doña Catalina de Erauso, escrita por ella misma.
*LUISA DE CARVAJAL Y MENDOZA (1566- 1614). A súa é unha vida de película. Quedou orfa de moi pequena, andou de familiar en familiar ata que topou cun tío que a martirizaba obringándoa a flaxelarse e impoñéndolle unhas penitencias moi severas. Despois de moitos anos conseguiu vivir como quería: adicada aos demais e á oración. Padeceu experiencias místicas moi fortes. Fixo varios votos para levar unha vida moi próxima aos xesuitas, co tempo marchou a Inglaterra para defender os católicos que eran perseguidos, chegando a ingresar no cárcere, do que sairía xa a piques de morrer. Escribiu: Voto de pobreza , Voto de obediencia , Voto de mayor perfección , Voto de martirio ademais de cartas e poemas.
*SOR VIOLANTE DO CÉU (Lisboa, 1607-1693). Hai moitas teorías sobre a súa vida. Aínda que viviu sempre nun convento, algúns autores da época din que facía dentro do convento a mesma vida que podía facer fóra, recibindo xente e adicada aos seus estudos. Incluso algúns aseguraron que tiña unha vida sexual activa, pode que baseándose nalgúns poemas amorosos que escribiu esta monxa (“Si esfera soy del fuego...”). A pesares de ser portuguesa escribiu a maior parte da súa obra en castelán.
*SOR JUANA INÉS DE LA CRUZ (México, 1648-1695). Orfa , acabou ingresando nun convento para poder adicarse ao estudo e a lectura. Tivo influenza na época porque mantiña relación coas mulleres dos virreis de España. Moitos, na súa época, acusábana de facer poesía profana sendo monxa. Ela nunca negou que se metera monxa para poder vivir “soa” e sen preocupacións para poder ler e escribir. De entre a súa obra hai que destacar Respuesta a sor Filotea de la Cruz , na que se defende das acusacións dos seus contemporáneos. É un docuemnto literario extraordinario no ámbito da non ficción en castelán sobre a loita dunha muller en defensa da súa liberdade moral. É un documento no que defende o seu sexo e critica as dificultades sociais nas que vive a muller do seu tempo e que lles impiden prosperar polos seus propios medios. Podes lelo nun texto aparte con ese título.
*MARÍA DE ZAYAS Y SOTOMAYOR. (1590?-1647?). Xunto á súa amiga Ana Caro de Mallén, María Zayas é o mellor exemplo de escritor aprofesional no século XVII. Escolleu o xénero máis comercial da súa época, as coleccións de novelas. Nos seus textos podemos ler unha defensa do acceso das mulleres á cultura, porque ela sostén que a educación é a base do carácter do individuo. As súas protagonistas son valentes, capaces e intelixentes. Entre os seus títulos destacan: Novelas amorosas y exemplares , Parte segunda del sarao y entretenimiento honesto.
*ANA CARO DE MALLÉN. Para ela a escritura era un medio de gañar cartos. Traballou para o concello de Sevilla en varias ocasións escribindo a “crónica” de distintos actos cívicos e festexos na Sevilla do momento: Contexto de las reales fiestas (1637), ou compoñendo autos sacramentais para as festas do Corpus: La puerta de la Macarena ou La cuesta de Castilleja . Tamén escribiu comedias para vender aos empresarios teatrais da época: El conde Partinuplés ou Valor, agravio y mujer . Na primeira a protagonista déitase con Partinuplés antes do matrimonio sen que sexa castigada ou amonestada. Na segunda, aparece unha inversión do mito de don Juan, a dama sevillana burlada por el, disfrázase de home e persígueo ata Flandes para matalo. Aínda que ao final, todas as obras rematan en matrimonio dentro da orde patriarcal da época.
*CATALINA CLARA DE GUZMÁN. (1618- ). Non se sabe moito da súa vida. Tiña moita fama como versificadora, de feito hai constancia de que traballou por encargo para homes e mulleres que lle pedían composicións sobre os temas máis variados. Alcanzou grande maestría nas composicións satíricas. Foi tamén especialista en retratos, tanto serios como en clave caricaturesca. Os seus poemas atópanse recollidos na súa maioría nun manuscrito que se conserva na Biblioteca Nacional de Madrid.
*LUISA MARÍA DE PADILLA, CONDESA DE ARANDA. (1590-1646). Pertencía á máis alta nobleza castelá. Non foi unha muller recluída na casa, era membro dos círculos literarios do momento, aos que tamén tiña afección o marido. Anque tivo varios fillos, ningún sobreviviu, polo que o matrimonio adicouse á historia, á arqueoloxía, a literatura, etc. Aínda que era boa escritora, precisamente por ser muller non aparece o seu nome no libro ata o seu terceiro título. A partir de entón o seu nome aparece xa na portada. Todas as súas obras pretenden a educación e a mellora do estatus da muller e da nobreza. A pesar de ser unha muller atípica, vive inmersa no seu tempo e cando dá consellos distingue entre os dirixidos ao primoxénito (home) dos que dá ás fillas (mulleres). Entre os seus títulos destacan: Nobleza virtuosa , Lágrimas de la nobleza , Excelencias de la castidad.
*LEONOR DE LA CUEVA Y SILVA (Principios do século XVII-despois de 1650). Era sobriña do escritor Francisco de la Cueva y Silva, coma el foi poeta e dramaturga. Escribiu La firmeza en la ausencia . , unha comedia na que retrata unha dama fiel ao seu prometido ausente, a pesar do asedio amoroso ao que a somete o rei. A súa obra poética consta máis de 50 composicións. A temática é sobre todo o sentimento amoroso, aínda que tamén toca outros temas. Nos de tema amoroso non se adiviña a autoría feminina porque se acolle ás convencións da época e parece que fala un home.
*JOSEFA AMAR Y BORBÓN(Século XVII-1813??). Foi criada nun ambiente refinado e progresista, seu pai era catedrático de anatomía e súa nai, unha gran lectora. Josefa non só se instruiu na casa, foi tamén das primeiras mulleres en frecuentar as bibliotecas públicas que por entón se estaban inaugurando. Era capaz de ler as obras en versión orixinal en grego, latín, francés, inglés e italiano. Dada a súa grande cultura, formou parte da vida pública, foi membro da Sociedade Aragonesa, da Sociedade Matritense, da Xunta de Damas de Honor e Mérito e da Sociedade de Médicos de Barcelona. En canto a súa produción como escritora, destacou polas súas traducións, moi alabadas na época. Tamén títulos propios entre os que sinalaremos Memoria sobre la admisión de señoras en la sociedad, e Discurso sobre la educación física y moral de las mujeres . Non deixes de ler o texto que che ofrecemos sobre a Memoria... , paga a pena ver como “fala” esta muller hai xa case tres séculos...
*MARGARITA HICKEY (¿1740? - ). Filla dun militar irlandés e dunha cantante milanesa. Enviuvou nova, con boas rendas e unha paixón inconteníbel pola letras, ás que se adicará a partir de entón. Firmará ben co seu nome, ben con seudónimos masculinos. En 1789 aparece publicada a súa obra Poesías varias sagradas, morales y profanas ó amorosas con dous Poemas épicos en elogio del Capitán General Don Pedro Cevallos . Tamén destacou como tradutora. Podes ler un poema no que lle explica a unha amiga súa como son os homes. Pincha “Poema M. Hickey”
*JOSEFA DE JOVELLANOS. Irmá de Gaspar Melchor de Jovellanos. Casou e tivo tres fillos, pero con 28 anos era viúva e xa lle morreran os tres. Decide entón retirarse da vida pública e marcha a Oviedo onde se entrega a obras de caridade e sociais ata 1974 que decide entrar nun convento. A súa relixiosidade está baseada nos valores do século XVIII: xustiza, solidariedade, beneficencia, etc. Só se conservan algunhas cartas do seu puño e letra nas que intercede para que seu irmán, desterrado en Mallorca, sexa liberado; ou aqueloutras nas que se comunica co desterrado para darlle conta da súa vida e do proceso para o seu indulto.
*MARÍA GERTRUDIS DE HORE Y LEY (1742 - 1801). Na súa obra fala de amor, maternidade, pena... Despois de estar casada 15 anos con Esteban Fleming, abandonouno e entrou no convento da Purísima Concepción de Santa María de Cádiz. Segundo a lenda, mentres o seu home estaba de viaxe en Cuba, ela iniciou unha relación cun brigadier da marina. Unha noite, mentres están os dous amantes na cama, uns descoñecidos entran na casa e matan ao brigadier . O medo obriga a Gertrudis a enterrar ao amante, coa axuda dunha criada. A lenda di que ao día seguinte Gertrudis ve ao seu amante desfilar tranquilalmente pola rúa. Trastornada, Gertrudis cóntallo ao marido e despois entra no convento. ¿Lenda?
*MARÍA LORENZA DE LOS RÍO Y LOYO, MARQUESA DE FUERTE HIJAR. Sábese que xugou un papel importante na Junta de Damas de Honor, da que foi presidenta. Participou na reforma das Escuelas Patrioticas. Consérvanse da súa pluma un informe sobre a utilidade dunha máquina para torcer as sedas, o seu eloxio da Raíña de 1798 e a tradución de La vida y la obra del conde de Ramford e dúas comedias á moda de 1803 ( El Eugenio e La sabia indiscreta)
*MARÍA ROSA GÁLVEZ (1768 - 1806). Criouse educada por uns pais adoptivos nun ambiente militar e ilustrado. O seu pensamento está baseado na liberdade dos pobos e os individuos e a denuncia de toda forma de opresión. Nos seus textos predomina a temática sobre a colonización o escravismo, etc. As súas mulleres son fortes, con vontade propia, condutoras de exércitos e capaces de vencer imperios. As malas linguas din que para poder publicar as súas obras, mantivo relacións con Manuel Godoy, pero nada disto se pode probar. En canto ao seu marido, o matrimonio fracasou e as explicacións son contraditorias.
*INÉS JOYES Y BLAKE. Foi tradutora de El Príncipe de Abisinia do inglés Samuel Johnson, texto ao que engade un prólogo creado por ela: Apología de las mujeres. Este prólogo é un dos textos máis radicais e modernos do século XVIII na súa defensa das liberdades e dereitos das mulleres.
*MARÍA DE LA MERCED BELTRÁN DE SANTA CRUZ Y MONTALVO (1789 -1852). Filla de pais cubanos, viviu uns anos en Madrid, despois foi levada de volta a Cuba polo seu pai para internala no convento de Santa Clara. Con doce anos fugouse do mosteiro, pasando ao cargo de súa avoa paterna, ata que en 1802 reuniuse con toda a familia, á que aínda non coñecía. Viviu de novo en Madrid e e foi testemuña da invasión francesa, chegando a ser amante de José Bonaparte (Pepe Botella). Fuxindo do levantamento contra os franceses, pasa a Francia, a París, onde coñecerá o mellor da cultura francesa do momento. Adicouse á ópera, traballando cos mellores. Moita da súa produción foi escrita orixinariamente en francés. Á morte do seu home empeza unha relación cun home casado, Philarète Chasles, que a abandonaría por outra muller. Títulos: Mis doce primeros años , Souvenirs et memoires de Madame la Comtesse de Merlin, publiés par elle-même , Viaje a la Habana , etc.
*FLORA TRISTÁN (1803-1844). Ten unha vida de película. Era filla dun militar español e dunha francesa que non chegaron a casar. Cando aos 15 anos descobre que é filla ilexítima sofre un gran revés. Entra de aprendiza nun taller e casa co mestre. Despois de ter varios fillos, non logra demostrar sentimentos maternais e a presenza do seu home resúltalle odiosa, o home maltrátaa e decide fuxir. Descubre o feminismo lendo Vindicación de los derechos de la mujer , de Mary Wollstonecraft. Fai de todo para criar aos seus fillos. Reaparece o marido e agrédea na rúa, sometida a presión entregálle o fillo maior ao seu home. Viaxa a Perú para reclamar a herdanza de seu pai, na travesía en barco propóñenlle matrimonio pero non acepta. Por ser filla ilexítima non cobra nin un céntimo. De volta a París aparece de novo o home. Comeza a escribir as súas memorias, Peregrinaciones de una paria . Volta outra vez o home, quen esta vez lle disparara aloxándolle unha bala debaixo do peito esquerdo. Por sorte é condenado a 20 anos, o que supón a liberación da escritora. En 1843 escribe Unión obrera (só un pouco antes do Manifiesto comunista de Marx). A súa filla Aline foi a nai do pintor Paul Gauguin. Outros títulos: Memphis o El proeltario e La emancippación de la mujer.
*JOSEPA MASSANÉS DALMAU (1811-1887). Despois de morrer súa nai quedou a cargo dos avós. Cando tiña 19 anos, seu pai é condenado a morte, pero ela axúdalle e consegue pasar a fronteira a Francia. Queda ela coa súa avoa paralítica e sen un céntimo. Sobrevive facendo bordados por encargo. Co tempo seu pai é amnistiado e rematan os problemas económicos. Por fin, pode adicarse a escribir e aparecen publicados os seus primeiros poemas. En 1837 é nomeada socia de honra da Academia de Buenas Letras de Barcelona. En 1841 publica Poesías , en cuxo prólogo reflexiona en favor da ensinanza da muller e onde deixa entrever o seu feminismo moderado. En 1850 publica Flores marchitas. Nueva colección de poesía , formado por composicións de tema histórico e relixioso. A partires do 1859 empezou a escribir en catalán.
*JUANA MANUELA GORRITI (1818-1892). Naceu en Arxentina, no seo da aristocracia criolla.. Por motivos políticos, en 1831 toda a familia exíliase en Bolivia, onde ela casará dous anos despois. O seu home chegaría a ser presidente do país en súas ocasións. Tras moitos altercados, o matrimonio rompe e ela marcha a Perú coas súas fillas. Cando o seu home é asasinado, ela faise cargo do cadáver e pronuncia un intenso discurso, hai quen di que ela se puxo ao mando das tropas do xa desaparecido Belzú (o seu home). Mais son derrotados e ela vese obrigada a voltar fuxindo a Perú, de incógnito e vestida de home. Ao chegar a Perú escribe unha biografía do marido: Belzú que incluirá no seu libro Panoramas de la vida . En 1875 volve a Arxentina onde recibe numerosas homenaxes. Aínda cambiará en varias ocasións de país. Por fin, en 1884 pon fin ao seu desterro e instálase en Bos Aires. Títulos: Veladas literarias de Lima , Lo íntimo , Cocina ecléctica , etc.
*MERCEDES CABELLO DE CARBONERA. (Perú, 1840 - ). Os seus ensaios insisten na función social da literatura, as súas novelas profundizan nas debilidades e miserias da alma humana. Seguidora do positivismo, admirou a Balzac e Zola. Foi a primeira escritora hispanoamericana que elaborou unha teoría literaria. Co tempo, os seus ataques á Igrexa católica faranse moi comprometedores. Algúns periódicos da época calificárona de perturbada mental para explicar as súas ideas políticas. É considerada a iniciadora da novela realista de Perú coas súas obras Las consecuencias e El conspirador. A súa novela máis popular é Blanca Sol .
*CATERINA ALBERT, “VÍCTOR CATALÁ”. (1869 - 1966). Sobre os 15 anos empezou a escribir en catalán. En 1898 presentouse a un concurso literario e armouse un gran escándalo cando se soubo que o autor de La infanticida era unha muller. En 1900, visita a casa unha amiga da familia, Caterina lelle uns poemas e a muller pídellos escritos, ao cabo dun mes pídelle por correo un nome para poñer como autor daqueles poemas que xa estaban en imprenta, é entón cando Caterina lle dá o nome de Víctor Catalá. ¿ Por que? Segundo ela polas críticas recibidas por La infanticida . Case todos os seus títulos están escritos en catalán.
*CECILIA BÖHL DE FABER, “FERNÁN CABALLERO”. Filla dun hispanista alemán e dunha dama gaditana de ascendencia irlandesa que xa no seu tempo destacou como tradutora de lord Byron. Cecilia, por mor do traballo diplomático de seu pai, viviu moito tempo en Hamburgo. En 1816 casa cun militar e trasládase a vivir a Puerto Rico. Pouco durou o tormentoso matrimonio, con 20 anos xa estaba viúva. En 1822 volve casar, agora co Marqués de Arco Hermoso. A súa nova posición social permítelle entrar nos círculos máis selectos da sociedade sevillana. Entón empeza a amosar o seu interese pola literatura recopilando historias populares. En 1835 morre o seu segundo marido e pouco despois, seu pai. De viaxe a Londres coñece a Federic Cuther de quen se namora profundamente, viven unha historia de amor tormentosa e ela, doída, volta a Sevilla. A súa novela Clemencia está inspirada nesta etapa da súa vida. En 1837 casa por terceira vez, agora con Antonio Arrom de Ayala, dezasete anos máis novo, pintor e enfermo de tuberculose. Dada a precaria saúde do marido e o seu desexo por axudarlle a situación económica resíntese, é agora cando Cecilia decide escribir para gañar cartos e farao baixo o seudónimo de Fernán Caballero. Colabora en periódicos e en 1849 publica a súa novela máis famosa La Gaviota , novela sentimental considerada precursora da novela costumista. Hai que valorar positivamente o seu esforzo por escribir, pero entendemos que usara un pseudónimo, o seu propio pai dixera nunha ocasión: “La niña cree en sus padres, la joven en su amante, la mujer en su marido y todas en Dios. He aquí por qué la mujer masculina, que se gobierna por sí, que no reposa sobre otro, es un ser que repugna”. Cando volve a quedar viúva a súa situación económica é precaria, así que entra baixo a protección da raíña Isabel II que lle cede unha das casas do Alcázar de Sevilla. Morre o 7 de abril de 1877, cumpridos os oitenta anos.
*ANGELA GRASSI TECHI (1823-1883). Filla de italianos, súa nai abandonou o convento para casar co músico Juan Grasi. En 1829 a familia trasladouse a España. Ángela foi educada nun ambiente artístico excepcional, estudou música, xeografía, retórica, literatura, idiomas, etc; mesmo sacou o título de mestra, mais nunca exerceu. Casou cun periodista que enfermou ao pouco de casar e tivo que coidar del o resto da súa vida. En 1842 estrenou no teatro a súa obra Lealtad a un juramento o Crimen y expiación , que tivo moito éxito. Tamén escribiu o libreto dunha ópera que tivo sona no momento Il proscrito d'Altermburgo . Na época houbo un grupo de escritores que a consideraron a única muller digna de colaborar na revista Crónica de ambos mundos . En 1866 conseguiu un accésit da Real Academia pola súa novela Las riquezas del alma . As súas obras están cargadas de digresións moralizantes, cun sentimento relixioso e puro. A súa forma de pensar levouna a censurar as obras de lord Byron e George Sand. Chegou a dirixir a súa propia revista, El Correo de la Moda , nela mostrou as súas ideas orientadas a reforzar o estereotipo da muller como “ángel del hogar”. Desde logo as súas palabras non son o que se di feministas: “¿Qué nos hablan esas mujeres estúpidas de emancipación, de igualdad de derechos, de igualdad de aspiraciones ¿ (...) No, la mujer no puede albergar las mismas aspiraciones que el hombre; no, ¡mil veces no! “.
*ADELA ZAMUDIO (1854 - 1928). Boliviana, a vocación literaria espertou nela de nena, con 15 anos xa era coñecida por un poema que publicara baixo un pseudónimo. Mais o seu primeiro libro Ensayos poéticos non se publica ata 1887. Saca o título de maestra e en 1901 funda a primeira Escola de Pintura para señoritas e outra adicada aos nenos nos arrabais. En 1904 converteuse na directora da primeira escola laica de Bolivia, a Escuela para Mujeres, que ela creara. Tratou de equiparar o ensino para ambos sexos. En 1913 publica a novela Íntimas. Pasou á historia non solo polo seu traballo no ensino, senón tamén por loitar polo matrimonio civil e pola separación dos poderes da Igrexa Católica e do Estado. En 1915 publicou un artigo “ Por una enferma ” , no que denuncia os amargos anos de encerro conventual dunha moza boliviana. Unha especie de J'accuse que conmoveu ao país. En 1916 fundou o Liceo de Señoritas que pasaría a chamarse Liceo Adela Zamudio cando ela morreu. Foi tal o seu papel na historia de Bolivia e das súas mulleres que no seu país, o día 11 de outubro (día do seu nacemento) foi declarado día da Muller Boliviana.
*CLORINDA MATO DE TURNER (1855 - 1909). Quedou orfa moi nena e foi criada por serventas indias, con elas aprendeu o quechua e coñeceu as súas tradicións. Casou cun médico inglés co que foi vivir ao deserto de Tinta, onde comezaría a súa vida literaria. En 1876 funda a revista El Recreo . A principios dos 80 queda viúva e trasládase a Lima onde coñecerá a gran número de escritores e indixenistas. En 1884 e 1886 publica os dous volumes de Tradiciones cuzqueñas . En 1889 é nomeada directora do periódico El Perú ilustrado . Un pouco despois publicará a súa novela máis importante Aves sin nido , na que reflicte a súa preocupación pola sociedade peruana e pola situación indíxena, na que incluso reflicte as relacións sexuais clandestinas de membros do clero con mulleres indíxenas. Por suposto, a obra acarreoulle moitos inimigos e ante a presión mediática, trasladouse a vivir a Bos Aires, onde segue a escribir, e viaxa por Europa recollendo a experiencia en Viaje de recreo . Morreu con 55 anos, logo de chegar dunha viaxe por Europa.
*GERTRUDIS GÓMEZ DE AVELLANEDA (1814-1873). Filla dun español e dunha cubana. Con oito anos queda orfa de pai e iso marcará para sempre. Cando súa nai volve casar ela rexeita a nova situación e ao seu padrastro. Aos 15 anos comprométena cun bo partido do país, ao coñecelo négase a casar con el. A familia sofre un revés económico e o padrastro decide trasladarse a España, á Coruña. A experiencia para ela é moi negativa e decide fugarse a Andalucía para coñecer a familia de seu pai. Alí coñece a Ignacio Cepeda, un rapaz co que terá unha historia de amor que non chegará a bo fin. En 1840 estrena en Sevilla a súa primeira obra de teatro, Leoncia. Trasládase a Madrid onde coñecerá aos autores máis importantes do momento. Triunfa no teatro e gaña certames literarios. A partir de 1848 é a autora máis admirada de Madrid. A súa gloria literaria foi grande, pero a súa vida personal foi moi triste. Xa en Madrid viviu unha nova historia de amor non correspondido, namorouse do poeta Gabriel García Tassara, co que ten unha filla que morrerá poco despois de nacer dunha terrible enfermidade. Tassara non estivo nunca ao seu lado. En 1846 casa con Pedro Sabater que morre tres meses despois da voda. Ela, rota pola dor, ingresa dun convento en Burdeos, pero non chega a profesar. En 1847 reanuda relacións con Cepeda, que a volve a abandonar. En 1853 estrea cinco obras de teatro en Madrid con grande éxito, pero é rexeitada a súa candidatura para entrar na Real Academia Española e a súa proposta para entrar como dama da raíña en Palacio. En 1855, e por sorpresa, casa cun militar no Palacio Real cos reis como padriños. En 1858 o seu home é ferido gravemente por un inimigo literario da autora, para tratar de mellorar a saúde do ferido trasládanse a Cuba. En 1863 morre o coronel Verdugo a resultas das feridas de Madrid. De volta a España, presa dunha terrible depresión, acabará os seus días soa, con moi poucos amigos ao seu lado. En 1864, Henrich Schäffer, descubridor dunha fermosa bolboreta bautiza o seu descubrimento co nome de Phoebis avellaneda, en honra da autora de Baltasar.
*VICENTA GARCÍA MIRANDA (1816 - 1877?). Por problemas familiares non puido estudar, por iso se di que é autodidacta. Con só 16 anos casou cun médico. En 1841 tivo un fillo que morreu ao pouco de nacer. Dous anos despois mórrelle o home. Ao quedar soa decídese a escribir e empeza a compoñer poesía e a tomar contactos con publicacións periódicas. En 1851 compón “A las españolas” , no que defende a autonomía da muller, un verdadeiro documento feminista da época. En 1855 publica o seu único poemario , Flores del valle .
*CAROLINA CORONADO (1820-1911). De formación autodidacta, virtuosa do piano e do arpa. A partir de 1843 a raíz da publicación da primeira edición das súas Poesías empezou a colaborar en periódicos e revistas, destacando sempre pola súa firme defensa da promoción cultural das mulleres. En 1853 casa con Horacio Perry Spragne, primeiro secretario da embaixada dos Estados Unidos. A partir da súa voda, Carolina veu intensificada a súa vida social e viaxou por Europa e América. En 1854 morre o seu fillo Horacio e vinte anos despois a súa filla Carolin, ambas as dúas mortes sumirana nunha profunda tristura, que a apartará da produción poética. A súa prosa é precursora da narrativa contemporánea pola súa reflexión metaliteraria. Escribiu tres novelas longas e cinco curtas. A máis famosa na época foi Jarilla , que narra a historia de amor entre unha moza árabe e un xove católico e que remata, como é normal na época, co suicidio da moza. En 1868 provocou un escándalo terrible ao publicar o poema “A la abolición de la esclavitud en Cuba” e cunhas declarcións contra os “manejos yankees” naquel país. Nin que dicir ten que o seu home foi cesado. Trasládase e Portugal e alí morre Horacio en 1891. Carolina obstinouse en embalsamar o cadáver do seu home e fíxoo trasladar á caela do palacete no que vivían. Alí permaneceu descuberto, visitado diariamente pola escritora ata que morreu Carolina en 1911.
*ROSALÍA DE CASTRO. Naceu en Santiago de Compostela en 1837, filla dun cura, foi inscrita no rexistro con “hija de padres ignotos”. Foi criada por Francisca Martínez, muller de confianza de seu pai, primeiro, e despois por unha tía paterna. Posteriormente entrou a cargo da súa nai en Padrón e despois en Santiago. Segundo os seus biógrafos, a súa educación foi deficiente e formouse intelectualmetne a si mesma. Era moi afeccionada ao teatro e mesmo debutou como actriz en Santiago. En 1856 trasládase a Madrid e coñece a Manuel Murguía, un home clave no Rexurdimento cultural galego. En 1858 casa con Murguía. En 1859 publica a súa primeira obra narrativa, La hija del mar . Despois de serios problemas de saúde que a levan de Galicia a Madrid e de Madrid a Galicia, coñece a identidade de seu pai cando súa nai xusto antes de morrer lle conta a verdade. En 1863, publica A mi madre e Cantares gallegos . Desa época é tamén unha novela titulada El caballero de las botas azules que presenta importantes achádegos intelectuais e expresivos e que afondan na crítica social.
En 1876, cando Rosalía xa está ben deteriorada fisicamente por mor da súa saúde, mórrelle o seu fillo máis pequeno, e iso provocaralle unha fonda depresión. Esa terrible traxedia aparece reflexa en En las orillas del Sar no poema que empeza “ Era apacible el día...”.
En 1880 publica Follas novas , segundo libro de poemas en lingua galega. Neste libro destaca o seu interese por mostrar a precariedade na que vivían as mulleres galegas, obrigadas a traballar duramente no campo e a soportar as súas ausencias mentres eles van ao mar.
En 1884 publica En las orillas del Sar , unha obra poética escrita en castelán, na que trata a tristura, a relixiosidades, a procura do amor e o mundo das sombras. Morreu en 1885 na súa casa de Padrón.*JUANA MANSO (Uruguay 1819-1875). Foi filla dun matrimonio separado na intimidade que gardaba as apariencias sociais. Sendo adolescente, adica o seu tempo a ler novelas e traducir obras do francés. En Montevideo, en 1830 abre o Ateneo de Señoritas, onde o ensino tradicional –costura, bordado, piano- combínase con estudos de diversas ciencias e idiomas.
Hacia 1845 coñece a un pianista portugués e casa con el, empezando un gran número de viaxes por mor das xiras do pianista. Juana apunta todas as impresións das súas viaxes e recólleas nun escrito adicado a súa futura filla, Eulalia. As malas condicións económicas deterioran o matrimonio e Juana rexistra nos seus cadernos os maltratros do home e a desilusión conxugal. Empeza entón a escribir a novela Los misterios de plata escrita en portugués e traducida ao castelán, nela denuncia a ditadura de Juan Manuel Roses.
De volta a Brasil, a parella estrea varias obras de teatro cun éxito aceptable. Entón Juana funda o semanario O Jornal das senhoras , dirixido a mulleres. En 1851 o seu home fúgase a Portugal con outra muller e ela decida voltar ao seu país. Ao chegar a Buenos Aires funda a revista El Álbum de Señoritas , cuxos artigos sobre a emancipación e a educación da muller provocan irritación e malestar entre os porteños, ao igual que aqueles artigos adicados a liberdade de culto e a tolerancia relixiosa. Tampouco é ben recibida a súa segunda novela La familia del Comendador , sobre a perversidade da escravitude. Pasará moitas dificultades económicas e fará de todo: asinará artigos, escribirá un manual escolar de historia, fundará bibliotecas populares, dictará conferencias, traducirá libros de dereito e exercerá como inspectora de escolas. Sufrirá os ataques dos homes porque é demasiado progresista e os das mulleres porque non admiten que outra muller lles dea consellos, pero Juana mantívose nas súas ideas ata a fin dos seus días.*CONCEPCIÓN ARENAL (A Coruña, 1820 - 1893). Seu pai foi perseguido e exiliado, morreu prematuramente obrigando á muller e ás fillas a buscar refuxio en Santander, alí Concepción descobre uns vellos libros de leis de seu pai e decide que quere ser avogada. En 1834 viaxa a Madrid para estudar nun colexo feminino. Volve a Santander en 1838 onde herda unha serie de propiedades que lle aseguran a estabilidade e autonomía económica nun futuro. Ten que esperar a que morra súa nai para estudar dereito, faino vestida de home. Ao descubriren que é muller, só Fernando García Carrasco a defende. Consegue o permiso para seguir, pero segue vestindo con prendas masculinas para pasar máis desapercibida nas aulas. Casa con Fernando en 1847, pouco despois teñen que abandonar Madrid polas súas ideas liberais e refuxiarse en Oviedo. Alí escribe a zarzuela Los hijos de Pelayo e a novela Histoira de un corazón. Enferma o seu home e ela segue escribindo artículos para o periódico no que traballa o seu home, pero coa firma del. En 1855 queda viúva e ten que demostrar que os artigos anteriores eran dela, o director acepta pero coa condición de pagarlle só a metade por ser muller. Axudada por un amigo da familia trasládase a Potes onde vivirá recluída adicada ao estudo e a escritura. Só sae polas tardes a percorrer as aldeas veciñas axudando aos máis necesitados, comeza así o seu labor apostólico que reflectirá na súa obra Manual del visitador del pobre e máis tarde en La beneficencia, la filantropía y la caridad , unha memoria que mandou a Academia de Ciencias Morales y Políticas, asinada polo seu fillo e que foi premiada. Pouco despois e nomeada visitadora de prisións de mulleres en A Coruña, foito desta actividade escribe Cartas a los delincuentes .
En 1868 publica La mujer del porvenir , un estudo sobre a situación subalterna da muller. Un ano mási tarde funda o Ateneo Artístico y Literario de Señoras. En 1870 comeza a publicación da revista La Voz de la Caridad que se editará durante 14 anos.
Durante a guerra carlista organiza grupos sanitarios e ocúpase dos feridos no hospital de Miranda de Ebro. En 1873 forma parte, nomeada polo goberno da República, da comisión para reformar o código penal e os sistema penitenciario español. En 1878, a Academia de Ciencias Morales y Políticas premia a súa memoria La instrucción del pueblo e, no mesmo ano, participa no Congreso Penitenciario de Estocolmo. Aínda publicará Cartas a un obrero e El estado actual de la mujer en España. Morreu en Vigo aos setenta e tres anos.*CONCEPCIÓN JIMENO DE FLAQUER (Teruel, 1850–Madrid, 1919) . A maior parte do seu traballo intelectual está enfocado cara a análise da situación da muller. Loitou pola independencia económica e defendeu o dereito a escribir, a publicar e a exercer determinadas profesións. En 1872 funda e dirixe en Barcelona a revista La Ilustración de la mujer. En 1883 publica a súa primeira novela, Victorina o heroísmo del corazón . En 1877 aparece La mujer española , unha obra que conmoveu o mundo cultural da época, ata Víctor Hugo escribiulle unha carta de felicitación. En 1882 publica La mujer juzgada por una mujer , que tamén tivo moito éxito (nove edicións). En 1879 casa co periodista Francisco Flaquer co que se instalará en México en 1883, alí fundará a publicación El Álbum de la mujer , onde apareceu escrita unha frase que a fará famosa: “La mujer no es solamente un útero” . Xa viúva, volta a España e a partir de 1890 ocúpase da dirección da revista El Álbum Ibero-Americano . Anos despois, convencida por JuanValera, deu un ciclo de conferencias no Ateneo de Madrid e en todas tiveron que habilitar máis asentos porque non collía a xente na sala. En 1903 declárase partidaria do divorcio. En 1908 pronuncia a súa última conferencia en España. Parece que morreu en Madrid en 1919.
*EMILIA PARDO BAZÁN (A Coruña, 1851 - 1921). Filla de nobres galegos, tivo unha educación moi esmerada. En 1868 casa con José Quiroga, ese mesmo ano comeza a súa colaboración no Almanaque de Galicia . En 1869 trasládase a Madrid. En 1870 o papa Pio IX concédelle a seu pai o título de conde de Pardo Bazán. Co cambio político, toda a familia vaise refuxiar a Francia. Desde alí Emilia viaxa a Inglaterra onde aprende inglés e le a Shakespeare. Despois viaxa a Italia, a Viena... esfórzase por aprender alemán, co tempo chegará a traducir a Heine. En 1873 a familia regresa a Madrid onde descubrirá aos escritores españoles: Valera, Pereda, Alarcón e Galdós. En 1876 recibe a Rosa de Oro pola súa Oda a Feijoo . En 1879 descubre a Zola, ese ano publica Pascual López, autobiografía de un estudiante de medicina . En 1891 coñece a Víctor Hugo e publica Un viaje de novios . A súa intervención decisiva como intelectual ten que ver coa publicación duns artigos sobre o naturalismo que recolle baixo o título de La cuestión palpitante . A sociedade repróchalle a súa condición de muller casada e con fillos, ata tal extremo chega a presión que ata o seu marido lle pide que abandone a literatura. É o comezo dunha separación amistosa do matrimonio. Publica La Tribuna , unha novela insólita e moi documentada que defende os dereitos das mulleres que traballan nunha fábrica de cigarros. Volve a París e coñece a Zola. Empeza a ler a Dostioievski e publica Los pazos de Ulloa . En 1887 pronuncia no Ateneo de Madrid unha conferencia sobre a literatura rusa. Publica La madre naturaleza e viaxa como corresponsal de prensa a Italia. Un ano despois publica Mi romería , colección de artigos sobre a súa viaxe a Italia. En 1889 publícase Insolación , que escandaliza pola súa explícita referencia ao desexo erótico encarnado na súa protagonista femenina. Nestes anos vive unha relación con Benito Pérez Galdós.
*SOFÍA CASANOVA (A Coruña, 1861 - Polonia 1958). De nena trasladouse a Madrid e entrou en contacto co máis selecto do país. Chegaría a falar portugués, francés, italiano, inglés, polaco e ruso. En 1886 chega a Madrid o filósofo polaco Vicente Lutoslawski co que casou en 1887. Trasladáronse a Estonia, despois a Moscú, Londres e Kazan. Foi en Rusia onde escribiu a súa primeira novela El doctor Wolki. En 1886, de volta, instálase en Mera, onde nacerá a súa última filla. Aquí sentirase atraída polas reivindicacións dos nacionalistas galegos. Nestes anos compón o poema Jadwiga , onde resalta as emocións que lle provoca o reencontro coa súa terra. Sepárase do filósofo e decide instalarse finalmente en Madrid. En 1941 regresa a Polonia como corresponsal do periódico ABC . Os seus artigos son claramente defensores da causa polaca. Cando caeu Varsovia foi evacuada a Moscú e despois trasladada a San Petesburgo, onde foi testemuña da revolución volxevique de 1917; esta experiencia espertará nela un profundo rexeitamento polo comunismo. Chegou a entrevistarse con Trotski, o resultado é unha entrevista publicada no ABC. En 1919 volta a Españ e en 1925 foi proposta para o premio Nobel de Literatura. Recibiu a Gran Cruz de Alfonso XII e chegou a ser membro da Real Academia Galega, sendo ascendida en 1952 a académica de honra. Finalmente decidiu fixar a súa residencia en Polonia, onde morrería en 1958, sabéndose rexeitada polo seu apoio ao rexime de Franco.
*BLANCA DE LOS RÍOS (Sevilla, 1862- Madrid, 1956). Con 16 anos xa tiña publicada baixo o seudónimo de Carolina del Boss, a súa primeira novela, Margarita . En 1880 empezou a colaborar coa revista de Madrid El Correo de la Moda , un ano despois publica o seu pemario Esperanzas y recuerdos, aínda baixo seudónimo Alternou a creación literaria coa historiografía literaria, amosando unha particular atención pola presenza da muller na tradición. Publicou estudos sobre Santa Teresa de Jesús, Tirso de Molina, etc. Foi elixida membro do comité executivo para a celebración do III Centenario da morte de Cervantes e formou parte das Academias de Buenas Letras de Barcelona e Sevilla e da de Ciencias Históricas de Toledo. En 1924 concédenlle a Gran Cruz de Alfonso XII. Foi chamada por Primo de Rivera para formar parte da Asemblea nacional, entre 1927 e 1929. Morreu en Madrid en 1956.
*ALFONSINA STORNI (1892-1938) Empezou a escribir versos aos doce anos. En 1909 matricúlase na Escuela Normal de Rosario e ao ano seguinte obtén o título e empeza as prácticas como mestra rural na mesma cidade. Queda embarazada dun home casado e marcha a Buenos Aires, o tema do resentimento cara aos homes marcará a súa poesía. En 1916 aparece o seu primeiro libro La inquietud del rosal . Vai conseguindo colaboracións literarias que lle axudan a chegar a fin de mes e que a estimulan intelectualmente. Segue publicando e aparecen El dulce daño , Irremediablemente e Languidez . Este último ten moito éxito e medra a súa popularidade. Dá reciatais e conferencias e a Escuela Normal de Lenguas Vivas ofrécelle un posto de profesora. A partir de 1926 tamén contará cunha cátedra no Conservatorio de Música. Mediados os anos vinte, cae nunha crise de agotamento físico e emocional debido ao exceso de traballo. Segue escribindo e publica en 1934 Mundo de siete pozos . En 1935 detéctanlle un cancro de mama. Dous anos despois vai a Mar de Plata a descansar. Unha noite despois de dictar unha carta para o seu fillo, tírase ao mar dende unha escolleira. Aquel mesmo ano publicara o seu último libro, Mascarilla y trébol.
A principios de século a maioría de idade para as mulleres era a de trinta anos. Emanciparse da familia para unha muller supuña poder saír á rúa sen a vixianza dunha institutriz, ou un familiar calquera, aínda que só durante o día. As condicións de vida, e por tanto de pensamento e de acción dunha muller non eran as mesmas cás dun home. As mulleres non podían acceder, por exemplo, ás bibliotecas universitarias máis que acompañadas por un titor, o costume impuña servirlles auga nas comidas dos “colleges” e tomaban o café a soas, mentres os varóns fumaban puros, bebían coñac e falaban de negocios ou de política. A aquelas mulleres tampouco lles estaba permitida a liberdade sexual ou a ambición profesional; por tanto, unha muller que aspirara a saír do forzado anonimato debía enfrontarse a moitas dificultades e a maior de todas era loitar contra si mesma combatendo o impulso a manter o “statu quo” social... Algunhas intentárono, e lográrono, cada unha ao seu xeito andou un camiño que acabou sendo común, o de quererse valer por si mesmas evitando recorrer á coquetería ou á compaixón. Foron mulleres “modernas” que non estaban dispostas a permanecer inmóbiles nas súas casas; mesmo algunhas lamentaron despois non ter a suficiente fortaleza de carácter.
Cal era a tónica dominante á hora de educar os fillos?: Aos varóns animábaselles nas súas aspiracións profesionais mentres as mulleres non podían nin pensar en se gañar a vida, aínda que algunhas se esforzaran por logralo. En calquera caso, trátase dunha procura estritamente persoal.
Eran feministas? A crítica en España acostuma a distinguir entre un feminismo progresista e outro conservador segundo xurdira dos ambientes librepensadores ou católicos, dunha firme reivindicación dos dereitos da muller ou dunha imprecisa e ás veces retórica aspiración de cambio. Porén, en ambos casos reclamábase unha transformación do estatuto público e privado da muller de xeito que lle permitise facer fronte ás novas e xa impostergábeis esixencias de emancipación. En toda muller había unha feminista, en toda aquela que dun xeito ou doutro saíse da radio de acción do fogar e vivía na órbita social reservada á intelixencia.
A palabra feminismo axiña pasou a ser unha palabra detestada, ridícula ou terríbel, que agudizou o antifeminismo de boa parte da sociedade; paradoxalmente as propias mulleres amosábanse interesadas en afastarse da verba “feminismo”, sinónimo malintencionado pero moi divulgado de marimacho, virago, homona...
De todos os xeitos, non hai dúbida de que, mediados os anos vinte, as cousas estaban cambiando para a muller. A cuestión feminina, plantexada xa claramente na segunda metade do século XIX como unha defensa xeral do dereito á creación, recibe un novo e definitivo empurrón. En boa parte grazas a unha minoría, moi pequeniña, que empezara a pisar as aulas universitarias, ou ben a fomentar a asociación entre mulleres, de xeito que da posta en común puideran xurdir estratexias solidarias e, sobre todo, a conciencia de que a feminidade entrara en crise.
*CARMEN DE BURGOS (COLOMBINE) (Almería, 1867 - 1932) . Era dunha familia de cultura e a educación que recibiu foi a mesma que a dos seus irmáns varóns. Casou con 16 anos co xornalista Arturo Álvarez. Publicou os seus primeiros artigos na revista satírica “ Almería Bufa” , que dirixía o seu home. Estuda Maxisterio e en 1901 obtén praza de mestra en Guadalajara a onde marcha coa súa filla despois de se separar. Nesta cidade iníciase como xornalista profesional publicando unha columna diaria que titula “Lecturas para a muller” e que asina baixo o seudónimo de Colombine (aínda que utilice moitos outros alcumes), amosándose como unha articulista brillante e mordaz.
En 1904 realiza a primeira enquisa sobre o divorcio en España, con repercusión nacional. En 1905 obtén unha beca para ampliar estudos en París. Froito das súas viaxes serán libros como Por Europa , Cartas sin destinatario , ou Peregrinaciones.
Carmen traballou incansablemente e escribiu de todo: tratados de educación e hixiene, biografías, traducións, artigos e libros de encargo destinados ao consumo popular, crónicas como correspondente de guerra...
Un dos episodios máis importantes da súa vida foi a súa relación co escritor Ramón Gómez de la Serna (1888-1963), vinte e un anos menor ca ela. Cando se coñeceron, Ramón quedou abraiado ante unha muller tan independente, con tanta experiencia, madurez e coñecemento da vida. Colaboran xuntos na revista “ Prometeo” e desenvolven as súas respectivas obras de creación, aínda que como autora de novelas curtas Colombine non recibe a atención que merece: La mujer fría , Villa María , Los inadaptados , La flor de la playa ... A relación con Ramón rematou en 1929. En 1931 ingresa no Partido Socialista. Un ano despois morre con 65 anos.
*ROSA CHACEL (Valladolid, 1898 – Madrid, 1994) . Nena precoz, aos tres anos xa sabía ler. En 1910 a nai matricúlaa na Escola de Artes e Oficios de Madrid, e cinco anos despois ingresa na Escola Superior de Belas Artes de San Fernando co propósito de aprender escultura. En 1921 casa co pintor Timoteo Pérez Rubio e marchan a Roma; ela é, neses intres, unha poeta ultraísta, converténdose para a súa volta a España en 1927, nunha novelista que chega co seu primeiro manuscrito baixo o brazo: Estación, ida y vuelta , integrándose na xeración do 27. Xa coa guerra civil será unha das primeira intelectuais en exiliarse. En 1945 publica Memorias de Leticia Valle , en anos de escaseza, agobiada baixo as limitacións da “vida corrente”, o que a leva, xunto co escaso eco dos seus escritos, a unha forte depresión.
En 1960 publica La sinrazón , moi eloxiada pola crítica, e en 1973 instálase definitivamente en España, onde se descobre e reivindica a súa obra e onde publica Barrio de Maravillas . En 1987 recibe o Premio Nacional das Letras Españolas.*NELLIE CAMPOBELLO (MARÍA FRANCISCA MOYA LUNA) (México, 1900 – 1986?) . Pouca información hai sobre os seus primeiros anos, xa que a escritora poboou o relato da súa vida de ficcións e datos contraditorios ou falsos.
A súa incorporación á literatura data de 1929, cando aparece ¡Yo! , un libro de poemas. Pouco despois coñece a Federico García Lorca. En 1931 edítase o seu mellor libro: Cartucho: relatos de la lucha en el norte de México ; o libro abraia pola forma de concibir os relatos. A partires de 1976 o misterio cobre os seus últimos anos de vida; parece que foi secuestrada ata a súa morte; segundo unha Comisión dos Dereitos Humanos morre en xullo de 1986 en circunstancias aínda non aclaradas.
É a única muller dentro dos chamados novelistas da Revolución mexicana. A paixón revolucionaria e a forza maternal son os eixos das estampas autobiográficas dos seus libros máis coñecidos: Cartucho e Las manos de mamá .*MARÍA TERESA LEÓN (Logroño, 1903 – Madrid, 1988) . Viviu a formación do modelo de muller intelectual da súa época, estudando na Institución Libre de Enseñanza e licenciándose en Filosofía e Letras.
As primeiras publicacións de Mª Teresa foron artigos curtos sobre a situación da muller e o sentido da cultura. O seu primeiro libro é de 1928: Cuentos para soñar . Pouco despois coñece a Alberti, casando en 1932. En 1933 funda xunto con el a revista cultural Octubre . Viaxa polo estranxeiro e coñece a Bertold Brecht, Gorki, André Malraux... A guerra civil lévaos ao exilio, ata 1977, mentres que practica todos os xéneros literarios: poesía, conto, novela, biografía, guións de radio, televisión e teatro. Neste ano regresan a España, pero unha enfermidade hereditaria mina a súa memoria e é ingresada nun sanatorio da serra madrileña; o deterioro da súa memoria será progresivo ata a perda completa das súas lembranzas.
A popularidade do seu home, Rafael Alberti, deixou na sombra unha importante activista cultural e excelente escritora de relatos curtos. A súa autobiografía, Memoria de la melancolía , é unha das máis relevantes do memorialismo español.*FEDERICA MONTSENY (Madrid, 1905 – Toulouse, 1994). A súa infancia estivo impregnada de ideais políticos, afastada das convencións burguesas. Aos 17 anos comeza a colaborar na prensa libertaria. Un dos feitos máis importantes da súa biografía política é o seu nomeamento como ministra de Sanidade durante o goberno de Largo Caballero, entre 1936 e 1937, converténdose na primeira muller na historia de España que ocupa un cargo destas características. Impulsará daquela iniciativas importantes e innovadoras: lei do aborto, reforma dos asilos infantís, protección dos refuxiados, construción de hospitais... Coa derrota republicana vese obrigada a exiliarse, reflectíndose este sufrimento en El éxodo. Pasión y muerte de los españoles en el exilio . O período entre 1942 e 1944 é o máis difícil da súa vida. En Toulouse proseguirá o seu labor político e editorial, dirixindo o semanario CNT. Morre coa satisfacción de ver reeditados algúns dos seus libros en España.
*NORAH LANGE (Argentina, 1906 – 1972) . A casa de seus pais, ás aforas de Buenos Aires, era un lugar de reunión de escritores e artistas da época, o que facilitou a amizade literaria entre Jorge Luis Borges e outros membros da vangarda arxentina con Norah.
En 1925 publicou o seu primeiro libro de poemas, La calle de la tarde , ao que lle seguiron outros dous poemarios: Los días y las noches e El rumbo de la rosa . En xeral, a súa poesía bebe de paisaxes interiores, tanto físicos como emocionais; un mundo de xardín e casa, íntimo e pechado, un ambiente de soidade, espera e sufrimento.
En 1926 coñece a Oliverio Girondo, un dos poetas vangardistas arxentinos máis recoñecidos daquel entón. Pouco despois, comezan a vivir xuntos, e a súa casa convértese en centro de faladoiros dos círculos literarios; por alí pasaron Neruda, Borges, Ramón Gómez de la Serna, Alberti... Ambos foron parte importante do grupo Martín Fierro, reunido en torno á publicación do mesmo nome, quen se declaraba en contra da solemnidade, nun esforzo por integrar a arte en todos os aspectos da vida.
A súa primeira novela, Voz de la vida , publícase en 1927. A segunda, 45 días e 30 mariñeiros en 1933; resulta moi interesante porque representa o inicio da vangarda feminina en América Latina. En 1937 publica o seu traballo máis coñecido Cuadernos de infancia , evocación poética, tenra e entusiasta do que significa medrar dentro dunha familia heterodoxa e extravagante; estamos ante o comezo dunha estratexia narrativa onde a metáfora, o visualmente inquietante e a experimentación lingüística converteranse nos sinais de identidade da prosa de Lange. Norah elabora unha técnica narrativa baseada no seu pasatempo favorito: axexar a intimidade dos demais. Nas súas dúas últimas novelas explota este xogo adaptándoo ao ritual do cotián e explorando as posibilidades que se moven detrás das palabras.
En 1967 morre Oliverio despois dunha longa enfermidade na que ela se entregara exclusivamente para coidalo. Cinco anos despois, morre a escritora.*CONCHA ESPINA (Santader, 1869 – 1955) . Pertencía a unha familia montañesa acomodada, pero en 1878 o pai arruínase. Parece que a súa inclinación literaria é moi temperá. En 1893 casa con Ramón de la Serna e trasládanse a Chile. Alí comeza a colaborar coa prensa. Despois de regresar a España, sepárase en 1908, e trasládase a Madrid, onde publica a súa primeira novela importante, La niña de Luzmela . En 1914 publica La esfinge maragata , a súa mellor novela e na que desenvolve un tema social: a dura vida da muller na Maragatería, vivindo nese escenario durante meses. Traballa infatigablemente: escribe novelas, colabora coa prensa, viaxa a Alemaña, mantén un faladoiro literario os venres. O seu éxito, porén, estará ensombrecido polo díxome-díxome. Coa progresiva politización da sociedade española nos anos trinta, Concha é forzada ao compromiso ideolóxico, amosando na maior parte das súas publicacións o seu apoio ao réxime de Franco. En 1940 perde a vista, e aínda que segue a escribir, as súas novelas afástanse da realidade que tanto a interesara. Foi nomeada tres veces para o Premio Nobel, obtendo moitos recoñecementos, como o Premio Nacional de Literatura e o Premio Cervantes.
*MARÍA DE LA O LEJÁRRAGA OU MARÍA MARTÍNEZ DE LA SIERRA (Logroño, 1874 – Buenos Aires, 1974) . Estudou Maxisterio e profesorado de comercio, con precoz conciencia social. En 1900 casa con Gregorio Martínez Sierra, con quen compartía o amor polo teatro. O matrimonio converterase nun foco de actividade cultural: escritura de varias obras de teatro, fundación da revista Helios xunto Juan Ramón Jiménez e Ramón Pérez de Ayala, formación de compañías de teatro, xiras... En 1905, María viaxa a Bélxica cunha beca para estudar Pedagoxía e coñece ao escritor Santiago Rusiñol, con quen entablará unha amizade entrañable ata a fin dos seus días. Mentres, convértese nun segredo a voces que é ela a que escribe as obras que o seu home publica. A falsa atribución literaria provoca curiosos paradoxos: en 1909 a parella sepárase, pero a pesares disto manteñen o sistema de produción artística, obtendo un gran éxito con Canción de cuna (1911). Dende 1914, Lejárraga participa activamente nos movementos feministas, postulando un feminismo moderado. En 1920, a obra La mujer moderna aporta opinión dalgunhas das mulleres máis destacadas do Madrid de entón.
Entre 1931 e 1933 realiza propaganda socialista por toda España. É destinada a Berna como agregada comercial pola República e xa nunca volverá a España. Exíliase a partires de 1951 en Arxentina, onde regresará á súa actividade literaria, pero a censura prohibiraas en España, polo que nunca disfrutará da popularidade de tempos pasados.*TERESA DE LA PARRA (París, 1889 – Madrid, 1936) . A maior parte da súa infancia transcorre na Venezuela profunda e feudal. Cando morre seu pai, en 1900, veñen a vivir a España. Dende moi pequena comeza a escribir: poesías, contos e diarios (un dos seus xéneros preferidos). Chega a posuír unha cultura exquisita. En 1909 volta a Venezuela, onde toma contacto en Caracas cunha cidade calma e semicolonial. Os seus primeiros relatos publícanse en 1915 e reciben eloxiosas críticas: estes contos considéranse exemplos da literatura fantástica e pódense ler como unha alegoría da posición dos artistas na sociedade, especialmente das mulleres artistas. En 1920 publica El diario de una Caraqueña onde a autora anuncia xa a súa clara preferencia polo xénero autobiográfico e, concretamente, polos diarios persoais. En 1923 comeza a etapa do seu triunfo parisino. Un ano máis tarde publícase a súa obra cume: Ifigenia. Diario de una señorita que escribió porque se aburría ; a novela obtivo o recoñecemento crítico internacional. Viaxou moito ao longo da súa vida e nunca quixo casar. Pasou os seus últimos anos en Suiza, despois de que se lle diagnosticara unha tuberculose pulmonar que a abateu interiormente. Concentrouse na harmonía do seu espírito e só proseguiu coa escritura do seu diario.
*CLEMENTINA ARDERIU (Barcelona, 1889 – 1976) . De familia acomodada, estudou francés e piano, aprendeu o oficio de seus pais, xoieiros, feito que influirá no seu xeito sutil e elaborado de concibir a linguaxe poética. Non se decidiu a escribir ata que, convalecente dunha enfermidade, os versos comezaran a osmarlle pola cabeza. En 1911 publica o seu primeiro poema na revista Puigmal . Ao ano seguinte coñeceu a Carles Riba, e con el conectou co movemento literario do Noucentisme. Casa con el en 1916, ano en que ve a luz o seu primeiro libro de poemas, Cançons i elegies , claramente influído pola poesía noucentista, pero ao mesmo tempo revelador da pescuda dunha voz literaria propia ao utilizar rexistros inspirados tanto na poesía popular como na simbolista.
Pese a súa actividade literaria, a entrega de Arderiu a Riba é absoluta: será a compañeira intelectual que seguirá ao poeta na súa afección a viaxar. A guerra sorprendeunos en plena madurez vital: escribindo e publicando. Daquela ela estaba considerada como un dos principais talentos poéticos mentres que el era xa unha referencia indiscutible na cultura catalá.
Regresan a Cataluña en 1943. Ambos esforzaranse por recuperarse do estrago físico e psíquico da guerra e lentamente incorporaranse á malparada vida literaria daqueles anos. En 1958 publica Es a dir , obtendo un recoñecemento importante por parte da crítica. Ese mesmo ano morre o seu home, sumíndoa nunha profunda dor. Moi lentamente transforma a obsesión do seu baleiro nunha lembranza aberta a todos os recunchos da súa vida.*MARÍA LUISA BOMBAL (Chile, 1910 – 1980) . De familia aristocrática, marcha a vivir a París en 1919, onde estudará na Sorbona Literatura Francesa. En 1931 regresa a Chile, onde fará amizade con Pablo Neruda e Marta Brunet. Namórase apaixoadamente de Eulogio Sánchez, pero será un amor non correspondido. Marcha a Buenos Aires, invitada por Neruda e a súa muller, e onde coñecerá a Borges e a Norah Lange, entre outros. Mesmo coñece a Gabriela Mistral. Era unha muller excéntrica, cun sentido do humor desenfadado, tamén demasiado posesiva.
En 1935 publica a súa primeira novela, La última niebla , na que racha co crioulismo narrativo e propón un novo xeito de novelar: unha prosa poética á vez delicada e violenta, que bebe dos fluxos do subconsciente.
A súa segunda novela, La amortajada , publícase en 1938. Nela vai máis alá dos límites da verosimilitude e profunda na psique dunha morta.
María Luisa tamén anovou con respecto ao tratamento literario do acto sexual. É quizais a primeira escritora hispanoamericana que o describe de forma directa. Pero seguramente o tema por excelencia desta escritora sexa a pasividade da muller, o refuxio do silencio fronte ao home. En 1941, despois de ser a protagonista dun afamado escándalo en Chile, marcha a Estados Unidos, onde traballa realizando dobraxes de películas. Pero remata renunciando: deprimida, péchase a beber e hai días en que non ten forzas nin para erguerse da cama, ata que coñece ao conde Raphale de Saint-Phalle, co que casa en 1944 e co que terá unha filla, quen chegará a ser unha brillante científica. Nos Estados Unidos mantén unha certa actividade literaria. Regresa a Chile en 1970, despois da morte do seu esposo, pero alí é ignorada completamente polo ambiente cultural e carga coa afección polo alcohol. Foi candidata ao Premio Nacional de Literatura en cinco ocasións, pero nunca chegou a recibilo, aínda que se lle outorga o Premio da Academia Chilena da Lingua. Os seus derradeiros anos estiveron marcados polo illamento e a falta de cartos. Morre, soa, dun coma hepático.*CARMEN KURTZ (Barcelona, 1911 - 1999) . De familia de indianos, manexaba o castelán, inglés e francés. En 1935 contrae matrimonio con Pierre Kurz Klein, de quen Carmen toma o apelido, intercalándolle un “t” ao publicar os seus libros. A guerra mundial sepáraos; froito desta amarga experiencia escribe dúas novelas: El desconocido , polo que obtén o Premio Planeta en 1956, e En la punta de los dedos .
Despois comeza a escribir contos destinados ao público infantil. En 1954 escribe Duermen bajo las augas , que lle proporciona unha grande popularidade. En 1962 toma a decisión de dedicarse profesionalmente á literatura infantil e xuvenil, aínda que intercalándoa con obras “máis serias”. En 1975 escribe Cándidas palomas e o seu último proxecto novelístico, do que se sentirá moi orgullosa será a triloxía Sic transit .
A súa obra foi traducida ao catalán, alemán, checo, polaco e xaponés e obtivo premios moi prestixiosos como escritora infantil; os seus personaxes máis famosos son Óscar e Veva.
*DOLORES MEDIO (Oviedo, 1911 – 1996) . En 1924 morre seu pai e a familia de Dolores sofre graves problemas económicos. En 1926 ingresa na Escola Normal de Oviedo, traballando ao mesmo tempo, e obtendo o título de mestra catro anos despois; os seus métodos de ensino serán innovadores. Cando estala a Guerra Civil vese obrigada a asinar a adhesión ao Movemento para conservar o seu posto de mestra. Por esas datas comeza a escribir relatos de inspiración rural. A pesares de todo, é ábreselle un expediente pola súas ideas.
En 1945 gaña o Premio Concha Espina con Nina , e marcha a vivir para Madrid, onde comeza a estudar Periodismo e a escribir no consultorio sentimental baixo o nome de “Amaranta”. Ao ano seguinte obtén o Premio Nadal coa novela Nosotros, los Rivero , alcanzando o recoñecemento literario. Funda a revista Ática . En 1961 publica a súa autobiografía Diario de una maestra con evidentes recortes da censura. En 1963 comeza a súa triloxía Los que vamos a pie ; ese mesmo ano apoia unha folga dos mineiros e é encarcerada durante un mes, desta experiencia nacerá o libro Celda común .
Despois da morte de Franco, Dolores pide volver á súa profesión. En 1981 retorna a Asturias e crea a Fundación que leva o seu nome co principal obxectivo de impulsar o Premio Príncipe de Asturias para dar a coñecer novos autores.
En todas as súas novelas subxace unha pesimista visión do mundo ao ter que enfrontarse o individuo a situacións derivadas dun mal exercicio da política e que non pode combater.
*GABRIELA MISTRAL (LUCILA GODOY ALCAYAGA) (Chile, 1889 – 1957). Aos 15 anos comezou a traballar como axudante de escola. Namórase apaixonadamente dun home que logo se quitará a vida, froito do cal escribirá os “Sonetos de la muerte”, cos que se presenta aos Xogos Florais de Santiago, en 1914; froito destes será a paixón que sentirá polo poeta Manuel Magallanes Moure, non correspondida. Gabriela escríbelle consciente de que ela non está feita para agradar aos demais. Estas dúas fallidas experiencias amorosas permiten explicar o sentimento de tristura e fonda melancolía que transpira toda a súa obra poética.
En 1922 viaxa a México invitada por José Vasconcelos para participar nas reformas educativas do goberno; aparecen os seus primeiros libros: Desolación e Ternura .
En 1925 regresa a Chile e comeza a carreira diplomática e viaxa por todo o mundo, vivindo tamén en España, parece ser que moi a desgusto. Tres anos despois aparece o seu segundo libro de poemas Tala, expresión dun fondo desarraigo emocional.
En 1945 recibe o Premio Nobel de Literatura, o que palia o desánimo da escritora. En 1951 recibe o Premio Nacional de Literatura de Chile, a onde volta definitivamente en 1954. Aínda que viaxara tanto e pasara gran parte da súa vida lonxe de Chile, seguiu sentíndose ligada á súa terra natal ata a fin dos seus días.*VICTORIA OCAMPO (Arxentina, 1890 – 1979) . De familia aristocrática, foi a maior de seis irmás, recibindo unha educación esmerada na casa; a súa formación estivo dominada polos valores tradicionais da familia, comprendendo dende moi cedo que a sociedade está controlada polos varóns. En 1916 coñece a Ortega y Gasset, quen queda fascinado por ela, poñendo a Revista de Occidente á súa disposición, onde Victoria publicará varios artigos. Vaise intensificando a súa vida intelectual, tendo amizade con multitude de escritures. En 1929 pon en marcha o proxecto dunha revista literaria, Sur , que aspira a servir de ponte cultural entre Europa e América; edítase durante corenta anos e nela publican os mellores escritores europeos e latinoamericanos, chegando a converter a Victoria nunha das máis importantes mecenas do século XX. Escribiu sobre o feminismo frecuentemente. En 1952 comeza a súa autobiografía, a súa obra máis recoñecida, e valioso testemuño dunha muller que escribe a súa loita por manter o control e a liberdade sobre o seu corpo e os seus desexos. Foi unha muller guapa, culta, elegante e de singular intelixencia. Foi a primeira muller en ingresar na Academia Árxentina de Letras, en 1977. A “villa Ocampo”, nas afora de Buenos Aires, pertence, por decisión propia, á Sociedade Arxentina de Escritores.
*CONSTANCIA DE LA MORA Y MAURA (Madrid, 1906 – Guatemala, 1950) . Nace no seo dunha das familias máis nobres de Madrid, educándose nun ambiente social consciente dos privilexios que gozaba. Pronto se acentuará o seu carácter independente e pouco afín á súa clase social. Plenamente identificada co pensamento republicano, entregarase na defensa do Goberno Lexítimo da República durante a Guerra Civil; en 1939 marcha a Estados Unidos coa intención de solicitar axuda para España. Céntrase en escribir a primeira das súas autobiografías escritas no exilio: Doble esplendor . Morre nun accidente de tráfico en Guatemala.
*ELENA GARRO (México, 1916 – 1999). Ela mesmo comenta que seus pais educárona na liberdade e en comuñón coa natureza, a imaxinación, o amor aos animais e á arte. Non remata os seus estudos de Literatura porque coñece ao seu futuro marido, o poeta Octavio Paz, con que vive unha historia de amor e desamor da que ela non soubo desvincularse nunca. Casan en 1937 e trasládanse a España para apoiar a causa republicana, de cuxo viaxe xorde o libro Memorias de España: 1937 . Ao ano seguinte regresa a México despois de coñecer a escritores tan importantes como César Vallejo ou Alejo Carpentier. Empeza a traballar como xornalista. En 1945 volta a París, onde coñecerá a Bioy Casares, con quen vivirá un apaixonado romance.
En 1948 regresa a México e nace a súa filla Helena, la Chata Paza, converténdose as dúas mulleres en inseparables.
En 1963 escribe a súa obra máis importante, Los recuerdos del porvenir , novela excepcional que algúns consideran que debe situarse ao fronte de toda a literatura feminina. En 1964 publica un libro de contos, La semana de colores , con quizais, os mellores contos mexicanos.
En 1967 divórciase de Octavio Paz, a quen converte nun personaxe sombrío, malencarado e autoritario. En 1968 autoexíliase coa súa filla pola súa polémica actitude na revolta estudiantil dese mesmo ano. Vía inimigos en todas partes e conspiracións na súa contra. Despois de 20 anos regresa a México, onde morre.*GLORIA FUERTES (Madrid, 1918 – 1998) . De familia humilde, comeza a traballar aos 14 anos. En 1939 ofrece os seus contos ao semanario infantil Maravillas , onde consegue un traballo de redactora. En 1950 publica o seu primeiro poemario, Isla ignorada . Frecuenta por esa época a taberna de Antonio Sánchez e crea un faladoiro só para mulleres. Colabora en diversas publicacións e dous anos despois funda a revista El arquero con Antonio Gala, Rafael Mir e Julio Mariscal. Estuda biblioteconomía e inglés e en 1955 obtén un posto de bibliotecaria no Instituto Internacional da Madrid. En 1961 consegue ser profesora universitaria. En 1965 gaña o Premio Guipúzcoa con Ni tiro, ni veneno, ni navaja . Nos anos setenta colabora intensamente con TVE, converténdose nunha habitual dos espazos para nenos. Ao longo da súa carreira literaria escribiu cerca de oitenta títulos para nenos.
*CARMEN LAFORET (Barcelona, 1921 – Madrid, 2004) . Lonxe de deixarse acovardar polo cru ambiente moral que se coñeceu nos primeiros anos da posguerra, Carmen sorprende pola súa curiosidade intelectual, a súa independencia de criterio e a súa bohemia compartida con outros universitarios inquedos e ávidos coma ela dunha vida estimulante. En 1942 trasládase a Madrid, onde se matricula en Dereito, carreira que non conclúe. Inicia a redacción da novela Nada , que escribirá basicamente ao longo de 1944 no Ateneo, lugar onde coñecerá ao seu futuro esposo, o xornalista Manuel Cerezas, quen a convence para presentar a novela ao novo premio convocado pola editorial Destino, o Premio Nadal, premio que gañará con gran éxito de crítica e de público. En 1952 aparece a súa esperada segunda novela, La isla y los demonios. A escritora procura compaxinar a súa vida familiar coa súa vocación literaria, pero a popularidade obtida pola súa primeira novela resúltalle difícil de levar; convértese nun referente cultural sen estar o suficientemente madura para soportar a presión emocional que iso significa. En 1970 sepárase do seu marido. En 1955 publica La mujer nueva , novela que recolle a súa crise relixiosa e que recibe o Premio Nacional de Literatura. En 1963 publica La insolación . A escritora desaparece progresivamente da escena literaria, cada vez máis refuxiada na rexión invisible do espírito.
*BEATRIZ GUIDO (Arxentina, 1924 – Madrid, 1988) . Beatriz medrou cun gusto polo dramatismo máis descarnado. Estudou Literatura na Universidade de Roma e na Sorbona de París. Iniciouse cun libro de relatos, Regreso a los cielos , pero foi a súa novela La casa del ángel a que lle deu a fama. Con ela gañou en 1954 o Premio Emecé, e foi levada ao cine polo que despois sería o seu marido, o director arxentino, Leopoldo Torre Nilsson. O coñecemento da linguaxe cinematográfica, que lle veu a través deste, supuxo para ela o comezo dunha fecunda colaboración como guionista en 26 películas dirixidas por el. Outros libros famosos dela foron: La caída , La mano en la trampa e La invitación . Adquiriu unha enorme popularidade: o máis nimio dos seus actos era comentado e obxecto de polémicas.
*ROSARIO CASTELLANOS (México, 1925 – Tel Aviv, 1974) . Medra en Chiapas, onde toma contacto cos descendentes dos antigos maias, influencia que marcará a seu futuro xeito de concibir a cultura interrelacionando clase social, etnia e xénero. A preocupación feminista será un tema moi importante na súa obra: moitas das personaxes femininas serán tolleitas, ou sufrirán outros impedimentos físicos ou mentais; deste xeito metafórico expresará a opresión e a servidume da muller mexicana. En 1950, licenciada en Filosofía e Letras, consegue unha beca do Instituto da Cultura Hispánica, pero enferma de tuberculose debe ingresar nun sanatorio. A experiencia servirá de arranque aos seus dous primeiros libros, o poemario El rescate del mundo e a novela Balún-Canán . Tempo despois regresa a Chiapas e dirixe diferentes iniciativas en colaboración co Instituto Nacional Indixenista de San Cristóbal de las Casas; alí comeza a súa segunda novela e recolle contos populares con valor etnográfico, onde dá conta entre a ironía e a tristura da falta de entendemento entre antropólogos e indíxenas: “os indios viven nunha pobreza atroz. Cómpre describir como esa miseria ten atrofiado as súas mellores calidades”. Toda a súa vida está marcada pola amor que sinte por un home, amor non correspondido, que fará que se suma en grandes depresións, ata que en Wiscosin aprende a manexar as súas depresións. Faleceu electrocutada na sé da embaixada de México en Tel Aviv, ao tocar unha lámpada ao saír do baño, en 1974. Na súa obra poética adoptou a linguaxe da feminidade cotiá pero utilizando un ton ferozmente irónico, acompañado de amargura e traxedia. Abondan as parodias, especialmente de si mesma, e os monólogos dramáticos con propósitos desmitificadores.
*CARMEN DE ICAZA DE LEÓN ( Madrid, 1899 – 1979) . Viviu os seus anos xuvenís en Berlín e recibiu unha ampla formación en inglés, francés e alemán. A partires de 1920 instálase coa súa familia en Madrid. En 1925 colabora co xornal El Sol , baixo o pseudónimo de “Cil”. En 1927 casa con Pedro Montojo Sureda e Carmen abandona o seu posto en El Sol.
Mentres coida a súa filla enferma escribe Cristina Guzmán, profesora de idiomas , causando furor pola súa habilidade en combinar romanticismo e modernidade. A novela publícase por entregas en Blanco y Negro en 1935 e o seu éxito é tan grande que obriga ao semanario a aumentar a súa tirada durante o tempo en que aparece o folletín. Daquela, a escritora decide tomar en serio a súa vocación. Escribe unha continuación, Cristina, profesora moderna .
Durante a guerra, Carmen céntrase na fundación de Auxilio Social que dirixiu por espazo de 18 anos. A partires de 1940 alternará o seu labor xornalístico coa creación literaria: as súas novelas convértense rapidamente en grandes éxitos tanto en España como en Hispanoamérica. En 1945 é proclamada como “a novelista máis lida do ano”. La casa de enfrente é a súa derradeira novela, e a partires de 1960, a escritora e baronesa de Claret, case cega, entrégase á vida familiar.
Todos os seus libros foron traducidos ao francés, alemán e italiano. Foi sen dúbida a máis interesante de todas as cultivadoras da novela sentimental. A pesares de que as súas heroínas seguiron axustándose aos modelos de feminidade imperantes e que o obxectivo da súa felicidade estaba nos límites estreitos do matrimonio, introduciu algún trazo novo e ata certo punto transgresor: ser mulleres non tan novas, que viaxaban soas, desempeñaban un traballo e aventurábanse a correr certos perigos, así como levar ás costas un pasado misterioso, mesmo turbulento.*CARMEN CONDE (Cartagena, 1907 – 1996) . De familia modesta, empeza a publicar os seus primeiros poemas con só quince anos, case sempre a través de Juan Ramón Jiménez, quen ten grande confianza no seu oído poético. En 1929 publica Brocal , o seu primeiro libro de poemas. En 1930 casa co peota Antonio Oliver Belmás e obtén o título de mestra. O cru realismo da violencia da guerra civil cambiará para sempre a súa concepción da escritura. A fractura dramática e a angustia da guerra empezan a amosar un cambio na linguaxe poética en libros como El arcángel ou Mientras los hombres mueren. En 1945 reaparece como autora con Ansia de la gracia e emprende unha frenética actividade: conferencias, libros de poesía, lecturas da súa obra, novelas, libros para nenos... En 1953 gaña o premio Elisenda Moncada coa novela Las oscuras raíces . En 1967 obtén o Premio Nacional de Literatura pola súa obra poética. En 1978 é elixida académica da Real Academia Española, converténdose na primeira muller que entra de pleno dereito nesta institución. Non cría en literaturas masculinas ou femininas, senón que cría nunha ferramenta de linguaxe común aos humanos coa que dar conta das diferentes experiencias.
*JULIA DE BURGOS ( Puerto Rico, 1914 – 1953) . De orixe humilde, mantivo un estreito contacto coa natureza, e en 1933, grazas a unha beca, logra ser admitida como mestra, afastándose por primeira vez do ambiente campesiño. Os problemas sociais e a pobreza que ela mesma sufriu contribuíron a fortalecer o seu compromiso moral. A partires de 1937 involúcrase en actividades culturais e intelectuais: traballa nun programa de radio, escribe cancións para nenos e dramas breves, estuda, aparecen os seus primeiros poemas... En 1938 publica Poema en veinte surcos e en 1939 Canción de la verdad sencilla , premiado polo Instituo de Literatura Portorriqueña. Viaxa a Estados Unidos e a Cuba, mentres escribe os poemas dun libro que se publicará despois da súa morte: El mar y tú . A nostalxia pola súa terra vaise acrecentando de xeito obsesivo ata se converter nun angustioso estado anímico, agravado pola súa mala saúde. En maio de 1953 sae do hospital, en xullo sae da casa e nunca máis regresa. Non é ata un mes máis tarde, grazas a unha fotografía do seu cadáver, que resulta posíbel reconstruír os feitos: atopárona inconsciente nunha rúa da cidade, e trasladárona ao Hospital de Harlem, onde morreu case inmediatamente. Despois de fracasar todas as xestións oficiais por identificar o seu cadáver, foi levada ao depósito funerario da cidade. O certificado de defunción sinala que morreu de pulmonía lobular. Tiña 39 anos. Na súa poesía, rica en metáforas emotivas, palpitan con forza a soidade e o amor, deténdose, repetidas veces, en visión do río, mar, flora, fauna e no que ela considerou as súas graduais mortes do espírito.
*ELENA SORIANO (Madrid, 1917 – 1996) . En 1951 publicou a súa primeira novela, Caza menor , con excelente acollida da crítica. En 1955 escribe a triloxía Mujer y hombre , de clara intención feminista. Esta converterase no epicentro da súa biografía literaria polos problemas que lle ocasiona coa censura franquista, quen logra silenciala durante moitos anos como novelista, creándolle o que ela mesma definiu como un terríbel sentimento de “exilio interior”. En 1969 funda a revista El Urogallo , unha das iniciativas culturais máis importantes da década dos setenta, cabeza de ponte entre o exilio interior e o exterior e onde colaboraron escritores de talla internacional. En 1984 consegue publicar a triloxía antes mencionada. Cultivou xéneros como o ensaio, o artigo xornalístico ou o relato breve, nos que amosou tanto unha sobrada preparación técnica e intelectual como unha actitude crítica inconformista.
*ELENA QUIROGA (Santander, 1919 – A Coruña, 1995). A pesares de nacer en Santander, medrou na casa familiar do Barco de Valdeorras e sempre se sentiu literalmente vinculada a Galicia de cuxa lingua incorporou numerosos modismos á súa narrativa. A súa segunda novela, Viento del Norte , gañaría o Premio Nadal abríndolle as portas do éxito e o prestixio crítico. Quiroga dedicouse principalmente á narrativa con consistencia e continuidade; ao tanto das correntes narrativas contemporáneas, desenvolveu unha narrativa equilibrada e persoal na que introducía moderadamente as novidades formais do seu tempo. Dende as súas primeiras obras amosa un principal interese en analizar as relacións humanas e sociais entre os seus personaxes. Para este obxectivo, internarase na exploración de formas psicoloxistas e perspectivas comúns nos experimentos narrativos da súa época. Tras La sangre en 1952, que podería lerse como un precedente do posterior realismo máxico, Quiroga reduciu os elementos fantásticos da súa literatura para se centrar dende 1954 en argumentos cada vez máis realistas e contemporáneos. En 1960 obtivo o premio da crítica con Tristura . En 1984 ingresa na Real Academia Española, segunda muller tras Carmen Conde.
*ELENA IDEA VILARIÑO ROMANI (Uruguay, 1920 - ). Seus pais inculcáronlle a paixón pola arte. Aos dez anos xa gañara un concurso de poesía. En 1945 publica o primeiro dos seus libros, La suplicante . En 1949 funda xunto con Benedetti e Manuel Claps a influente revista Número , que marcou a vida cultural montevideana. Viviu con Juan Carlos Onetti unha intensa relación que só en datas recentes se fixo pública. A crítica soe distinguir dúas etapas na poesía de Vilariño: a segunda iníciase en 1955 coa publicación de Nocturnos , libro onde se percibe a preocupación da escritora por alcanzar a máxima concentración verbal. Segue Poemas de amor , a súa obra máis coñecida; ambos son títulos chave na súa traxectoria poética e ambos están vinculados á súa turbulenta relación con Onetti. O amor é o gran tema desta poetisa, pero entendido como unha paixón fría e resentida á que se despoxou da súa beleza e exaltación, aínda que non da súa intensidade tráxica. En 1966 publica o seu libro máis comprometido, Pobre mundo , homenaxe á revolución cubana e defensa da causa tercermundista. A súa estrita militancia política levouna a rexeitar durante moito tempo a posibilidade de promocionar o seu nome, aínda que iso só servise para incrementar a curiosidade en torno á súa figura. Viviu sempre en Montevideo.
*LYIDA CABRERA (Cuba, 1899 – 1991) . Seu pai era un recoñecido avogado e escritor que participou no movemento de independencia de Cuba. Na súa casa reuníanse eminentes figuras políticas e culturais da Habana. Os relatos das súas tatas negras fórona acercando dende moi nena ás historias máxicas do mundo africano, fonte primeira da súa creación literaria. En 1927 marcha a París a Escola de Belas Artes, onde establece amizade con Teresa de la Parra, escritora venezolana. Tamén coñece a Picasso e Stravinsky. Alí retoma o contacto “co negro”; tanto se chegou a apaixonar pola cultura afrocubana que dedicou a súa vida a investigar e coñecer, a sentir, a alma oculta e nostálxica do negro cubano. En 1938 regresa a Cuba e recolecta e rexistra historias, crenzas e costumes da súa cultura. A súa aproximación será ás veces a dunha xornalista, unha testemuña privilexiada ou unha entusiasta afeccionada, o que lle permitirá escribir de xeito libre e non académico. O material reunido utilizarao para escribir un bo número de libros estrutura plural, entre os que sobresae El monte . A súa prosa ten moito de poético. Cun vocabulario híbrido e unha linguaxe sinxela feita de onomatopeas, metáforas, ritmos e xogos de palabras, a autora amosa, cunha mirada máxica e humorística, o mundo dos deuses yorubas, a espiritualidade, sensibilidade e experiencias dos negros de Cuba. E ao mesmo tempo os seus libros son unha fonte de información e unha obra de consulta para todos aqueles que desexen acercarse ao afrocubano. A presenza de fenómenos sobrenaturais a carón de situacións humanas reais fai que se interprete a súa obra como precursora do realismo máxico.
En 1960 vese obrigada a saír de Cuba por non compartir as ideas socialistas de Fidel Castro; a maior parte do seu traballo investigador quedou en Cuba e perdeuse. Durante máis de dez anos non publicou nada, pero nos anos setenta retoma o seu labor etnográfico. En 1974 instálase en Madrid onde edita Yemayá y Ochún . Volve para Miami e en 1987 a Universidade de Miami outórgalle o doutaremento “honoris causa” en recoñecemento ao seu labor. Nunca volveu a Cuba, pero a nostalxia da súa terra e a dor do exilio acompañárona sempre.*SILVINA OCAMPO (Arxentina, 1903 - 1993) . Irmá menor do clan das Ocampo, medrou un pouco á marxe do entorno familiar, alimentando a súa imaxinación dende a soidade. Dedicouse á pintura e ao debuxo, antes cá escritura. En 1933 coñece a Adolfo Bioy Casares, once anos menor, pero ela sedúceo ao instante. Casan en 1940, compartindo sobre todo sentido do humor e gustos parecidos. En 1937 publicou o seu primeiro libro de contos, Viaje olvidado ; máis adiante publicará poesía.
A reputación de Silvina Ocampo como escritora repousa en dúas coleccións de contos: La furia , de 1959, e Las invitadas , de 1961, que conteñen as súas narración máis violentas e estrañas; nelas percíbese o xogo de contradicións tan característico de toda a súa obra: refírese á crueldade, ao engano, á violencia; os seus protagonistas soen ser sórdidos, esperpénticos, caricaturescos.
*MARÍA ZAMBRANO (Málaga, 1904 – 1991). O seu ambiente doméstico foi de ideas avanzadas para a media da época: María recibiu apoio familiar para realizar estudos superiores pero houbo de renunciar ao amor polo seu curmán pola oposición paterna. A través deste, Miguel Pizarro, tivo novas de García Lorca, Rosa Chacel e outros. En 1924 matricúlase como alumna libre de Filosofía na Universidade Central de Madrid. Asiste ás clases de Ortega y Gasset, Julián Besteiro e Xavier Zubiri. A súa incorporación á vida intelectual do momento coincide cunha etapa axitada de cambios políticos no país. María implícase na causa republicana. En 1930 publica Horizontes del liberalismo . En 1934 publica en Revista de Occidente o artigo “Hacia un saber sobre el alma” onde se desvía da razón histórica de Ortega enfocándose cara a un tema que a obsesionará toda a vida: a vitalidade humana. En 1939 exíliase a Francia, e non parará de viaxar, sempre coa súa irmá. En 1953 seguía reivindicando, sempre leal, a figura de Ortega, morto nesas datas. De 1964 a 1978 reside en Francia, onde entabla relación con Valente e outros poetas novos que recuperarán a memoria da súa obra e a importancia da súa figura. En 1981 é recoñecida co Premio Príncipe de Asturias de Humanidades. Volve a España en 1984, recibindo o Premio Cervantes catro anos despois.
*OLGA OROZCO (Arxentina, 1920 – 1999) . En 1936 vai a Buenos Aires a finalizar os seus estudos de mestra, alí coñece un grupo de xoves que máis tarde formarían parte da Xeración do 40, adscritos ao surrealismo. Fundan a revista Canto . Asiste ás tertulias de Norah Lange e Oliverio Girondo, onde coñecerá a Alejandra Pizarnik. Entre 1947 e 1954 convértese en actriz radiofónica, dedicándose tamén ao xornalismo; fascináballe todo o relacionado coa astroloxía e os horóscopos, chegando a afirmar que tiña poderes divinatorios. A súa primeira obra literaria foi o poemario de 1946, Desde lejos , ao que seguiron outros de poesía e de prosa. Olga posuía unha personalidade cativadora: os seus poemas atraían non só pola súa escritura senón tamén, cando xurdía a posibilidade de que ela os recitara, porque os lía admirablemente transformando os recitais en verdadeiras actuacións. Pero era unha muller amante da vida retirada, das pequenas cousas, afastada do mundo literario das vendas para se concentrar no pequeno milagre que é tender fíos cara ao descoñecido.
Chegamos a unha época en que as escritoras por fin están afastadas dos códigos de silencio que as forzaba en épocas anteriores a adoptar unha postura de resistencia e aberta reivindicación. Agora poden ter como profesión a de ser escritoras, pois a liberdade de creación ten chegado.
Ata agora, as escritoras loitaron contra todo tipo de dificultades, non só coas derivadas da súa relación coa linguaxe, senón que deberon crear as condicións da súa “aparición”, isto é, da súa visibilidade literaria, sorteando toda clase de cualificativos e menosprezos; tiveron que insistir na súa vocación e na firmeza das súas formulacións para levar adiante a singularidade da súa obra; cumpriulles acumular un mínimo de recursos e de independencia moral para que a comezos do século XXI poida afirmarse sen ningún xénero de dúbida que a situación é moi diferente e as escritoras de ámbito hispánico e hispanoamericano gozan dunha visibilidade internacional, aínda que a sociedade acolle de distinto xeito o discurso intelectual segundo proveña dun sexo ou doutro.
A liberdade creadora das mulleres non foi concedida senón que foi conquistada pouco a pouco, palabra a palabra; o exercicio desa liberdade colocounas frecuentemente en situacións insostibles, mesmo tráxicas, porque obtivérona indo en contra da inercia das estruturas sociais, dunha tradición literaria que non as tiña en conta. Esta precariedade de existir non é máis que un resto persistente do pasado que quedou definitivamente atrás.
*MERCÉ REDOREDA (Barcelona, 1908 – Girona, 1983) . Nace no seo dunha familia de clase media cara á decrepitude material; recibiu escolarización só tres anos; a súa nenez está presidida por unha presenza excesiva e unha ausencia fundamental: pesa moito a figura dun avó extravagante e a distancia de Joan Gurguí, un tío ausente que financia a precaria economía familiar. Cando este volve de América, decide cobrarse os cartos enviados casando coa súa xove sobriña. Un embarazo non desexado catapultouna a unha vida opresiva: todo concluíra sen ter comezado. Un mecanismo de supervivencia acompañaraa dende entón para o resto dos seus días: contra a vida, a literatura: Mercé escondíase durante horas para escribir. Neste contexto persoal, non sen dificultades, foi introducíndose no mundo cultural catalán da época. Polos anos trinta publica as súas primeiras novelas, as cales pasarían desapercibidas.
Co estoupido da guerra civil aposta pola defensa da República, e escribe Aloma , coa que gaña o Premio Creixells en 1937. Quince días antes da ocupación franquista de Barcelona foxe a París, onde inicia un romance con Armand Obiols. Con el, instálase en Francia, pero ao pouco tempo as tropas nazis invaden París. A escritora comeza un periplo de fuxida e de precariedade.
En 1946 instálase de novo en París, onde comeza a escribir poesía, traballa a fondo o xénero do conto e tamén xoga coa creación pictórica: vai perfilando os sinais de identidade do seu mundo creativo.
En 1954 marcha con Obiols a Xenebra. Alí, durante vinte anos Mercé escribirá o bloque máis importante da súa traxectoria literaria. Cando escribía verquía un mundo interior complexo, denso e torturado, fraguado durante a súa infancia e adolescencia, un mundo que expresaba nitidamente grazas a unha intensa prosa lírica fraguada a baquetazos de intensidade. A partires da década dos sesenta o seu protagonismo no mundo da literatura catalá comezará a ser capital. En 1962 aparece La plaça del Diamant , a súa novela máis popular, traducida a máis de trece linguas e considerada a máis importante da literatura catalá da posguerra. En 1975 presenta Espejo roto , a súa novela máis ambiciosa.
*CARMEN MARTÍN GAITE (Salamanca, 1925 – Madrid, 2000) . Medrou nun ambiente cheo de contradicións, cun clima familiar de liberdade e respecto. En 1943 matricúlase en Filosofía e Letras na Universidade de Salamanca. En 1950 trasládase a Madrid para dedicar todos os seus esforzos a escribir. Participa en revistas como La hora, La estafeta literaria, Clavileño ou Alcalá . En 1955 publica o seu primeiro libro, El balneario , co que gaña o Prmio Gijón. Tres anos máis tarde gaña o Premio Nadal coa novela Entre visillos , con gran recoñecemento da crítica e do público. A escritora pasa a formar parte da xeración do 55, xunto a Aldecoa, o seu grande amigo, Alfonso Sastre, Juan Benet, Jesús Fernández Santos ou Rafael Sánchez Ferlosio. Con eles reúnese para falar de literatura, de teatro... Faise moza de Rafael Sánchez Ferlosio, co que casa en 1953. En 1970 sepáranse. Dous anos máis tarde le a súa tese de doutoramento, Usos amorosos del dieciocho en España , e prosegue co seu labor literario. Explora os máis diversos xéneros e experimenta con novos modos narrativos en obras tan importantes como Retahílas ou El cuarto de atrás . En 1985 morre a súa filla; a dor é tan grande que non é quen de escribir durante sete anos, ata que en 1992 volve á narrativa con Nubosidad variable. Foi unha das escritoras máis premiadas de todos os tempos: recibiu entre outros o Premio Príncipe de Asturias (compartido con José Ángel Valente) en 1988, e o Premio Nacional das Letras Españolas en 1994 polo conxunto da súa obra.
*ANA MARÍA MATUTE (Barcelona, 1926 - ). De familia acomododa, gustaba das fantásticas narracións de seu pai. Non lle permiten cursar estudos universitarios. Empeza entón a conseguir libros prohibidos, converténdose nunha voraz lectora que entabla relación cos escritores do ambiente literario local. En 1942 comeza a redactar a súa primeira novela, que non será publicada ata oito anos despois, conseguindo o Premio Planeta: Pequeño teatro . En 1947 publica unha segunda novela, Los Abel , finalista do Premio Nadal, cousa que ocorre ao ano seguinte con Luciérnagas , vetada pola censura. En 1952 recibe o Premio Gijón pola novela Fiesta al Noroeste e casa co escritor Ramón Eugenio de Goicoechea. A década dos sesenta dedícaa á triloxía Los mercaderes . A principios da década dos setenta, a Universidade de Boston reivindícaa como unha das mellores escritoras españolas da posguerra, pero cae nunha depresión que resolverá cun silencio literario de dúas décadas. En 1976 foi nomeada para o Premio Nobel e ano seguinte viaxa a Bulgaria formando parte da iniciativa “Escritores por la paz”. Ata despois de 1990 non proseguirá coa súa tarefa de escritora, cunha nova orientación estilística. En 1996 ingresa na Real Academia da Lingua Española.
*ELENA PONIATOWSKA (París, 1933 - ) . Pai de orixe polaca e nai mexicana. En 1942 establécense en México. Aos vinte e un anos comeza a traballar como xornalista para o xornal “ Excelsior” e en 1955 pasa a ser parte do xornal “Novedades” , para o que escribe aínda hoxe.
En 1962 coñece a Josefina Bórquez, muller testemuña dos acontecementos da Revolución Mexicana e a Guerra Cristera. Josefina converterase en Jesusa en Hasta no verte, Jesús mío , novela testemuñal. Outro dos seus traballos testemuñais é La noche de Tlatelolco , que rescata a historia oral en torno á masacre de estudantes na praza de Tlatelolco, gañando o Premio Xavier Villaurrutia. Tamén escribe textos biográficos: Tinísima e Las siete cabritas , retratos de sete mulleres emblemáticas da cultura mexicana. Nos últimos anos escribe tamén novelas e relatos curtos, con marcado acento feminista e conciencia social.*ESTHER TUSQUETS (Barcelona, 1936 - ). Empezou a escribir un ano despois da morte de Franco. Especialista en Historia, traballou como profesora de Historia e de Literatura dende moi nova. A súa vida cambiou radicalmente cando o seu pai comprou unha antiga editorial relixiosa de Burgos chamada “Lumen”. Conservando o nome e en colaboración coa familia, asumiu a dirección das publicacións e someteu á editorial a un xiro completo. A súa primeira novela, pasados os corenta anos, coñece un inesperado éxito de público e crítica. A segunda, El amor es un juego solitario , obtén o Premio Ciudad de Barcelona. Foi mudando dende unha voz narrativa xa de por si cos pés firmemente asentados no chan ata unha prosa de extrema naturalidade e poder de convicción.
*ROSARIO FERRÉ (Puerto Rico, 1942 - ). Medra nun fogar conservador onde as influencias políticas teñen un lugar predominante, rebélase contra iso e decídese pola literatura. En 1972 funda a revista literaria Zona de carga y descarga , que existirá ata 1975. Os seus primeiros traballos publicaranse nesta revista, reuníndose no seu primeiro libro, Papeles de Pandora. Experimenta con diversos xéneros: narrativa, poesía, ensaio, crítica literaria e literatura infantil. Entre os seus ensaios de literatura feminista destaca Sitio a Eros (1989) onde asegura que o segredo da escritura, como o da boa cociña, non ten absolutamente nada que ver co sexo, senón coa sabedoría coa que se combinan os ingredientes. Escribe tamén tres novelas en inglés, traducidas ao castelán. Agora imparte clases na universidade de Puerto Rico.
*ANA MARÍA MOIX (Barcelona, 1947 - ). Nace no seo dunha familia conservadora da burguesía catalá. O seu irmán maior, coñecido como “Terenci” amósalle os lugares do mundo literario barcelonés da súa época. Ingresa na Facultade de Filosofía e Letras. En 1967 escribe a Rosa Chacel, intelectual exiliada e antiga discípula de Ortega y Gasset, buscando un interlocutor válido. Daquela publica os seus primeiros libros de poesía e en 1970 José María Castellet inclúea na antoloxía Nueve novísimos poetas españoles e gaña co seu terceiro poemario o Premio Vizcaya de Poesía. Publica entón a súa primeira novela, Julia . Desenvolve un activismo feminista comprometido politicamente durante o período da transición española. En 1985 consegue o Premio Ciudad de Barcelona coa súa colección de contos Las virtudes peligrosas e dez anos despois repite premio coa novela Vals negro .
*ÁNGELES MASTRETTA (México, 1949 - ). Seu pai traballaba escribindo para unha ducia de xornais locais, ademais de escribir documentos literarios persoais, polo que Ángeles dende pequena obsesiónase coa escritura.
Aos vinte anos instálase na cidade de México para realizar estudos de ciencias da comunicación na Universidade Nacional Autónoma de México. En 1974 gaña unha beca do Centro Mexicano de Escritores e ao ano seguinte publica un poemario titulado La pájara pinta . En 1985 publica a novela Arráncame la vida , tras un ano de traballar nela; nela denuncia a situación da muller nos anos trinta e corenta. A novela foi un éxito: gañou o Premio Mazatlán de Literatura ao mellor libro do ano e traduciuse a dez idiomas. Cinco anos despois publica Mujeres de ojos grandes e logo Mal de amores , grazas á cal converteuse na primeira muller en recibir o Premio Internacional de Literatura Rómulo Gallegos.*CLARIBEL ALEGRÍA (Nicaragua, 1924 - ). A súa familia vese forzada a exiliarse a El Salvador, onde viviu gran parte da súa infancia e adolescencia. Estuda Filosofía e Letras na Universidade George Washington, onde coñece a Juan Ramón Jiménez, quen a estimula a publicar o seu primeiro libro de poemas, Anillo de silencio. Escribe varios libros en colaboración co seu home, o diplomático estadounidense Darwin Flakoll, sobre aspectos históricos de Centroamérica. Pasan varios anos vivindo na illa de Mallorca e en 1983 instálanse definitivamente en Nicaragua.
Claribel cultiva varios xéneros: poesía, novelas e contos, e mesmo novela testemuñal e contos infantís, así como tamén é tradutora literaria. En 1978 recibiu o Premio Casa das Américas polo seu poemario Sobrevivo , e no ano 2000 o Premio de Poesía de Autores Independentes.* BLANCA VARELA ( Perú , 1926 - ) . En 1946 ingresa na Universidade de San Marcos a estudar Letras e Educación. Por estes anos rodéase de amigos poetas, coñece a Pedro Salinas e a Dámaso Alonso. En 1949 establécese en París, onde será influída polo existencialismo e o surrealismo, nesta cidade manterá amizade con Octavio Paz, que a estimulará a escribir de xeito sistemático. Dez anos despois publica Ese puerto existe . A partires de aquí, Blanca publicará outros libros, sempre de xeito marxinal e descontinuo. Actualmente reside no seu país e é a poeta contemporánea máis importante do Perú. A súa obra foi traducida a varios idiomas.
*CLARA JANÉS (Barcelona, 1940 - ). Seu pai foi o coñecido fundador da editorial Janés. Clara comeza a escribir os seus primeiros versos na adolescencia. A súa escrita xorde como unha necesidade existencial e temperá de conciliación cunha natureza inestábel e difícil de concretar en algo sólido e preciso, un anhelo que nace como unha reacción espontánea. Realiza estudos de literatura comparada na Universidade da Sorbona. En 1964 publica a súa primeira obra en verso, Las estrellas vencidas , e en 1975 obtén o Premio Ciudad de Barcelona de Ensaio con La vida callada de Federico Mompou . En 1983 gaña este mesmo premio, agora con poesía: Vivir . En 1997 recibe o Premio Nacional de Traducción. No ano 2002 gaña o XII Premio de Poesía Gil de Biedma co seu libro Los secretos del bosque .
* LOURDES ORTIZ (Madrid, 1943 - ) . Licénciase en Historia pola Universidade Complutense de Madrid. Amosa xa inquietudes políticas de signo esquerdista e interese polo teatro. En 1969 comeza a escribir, pero a censura veta a publicación da súa primeira novela. Insiste en diferentes xéneros como o teatro ou o ensaio e en 1979 publica a novela Picadura mortal , onde adapta a simboloxía da novela negra americana á progresiva emancipación feminina do momento. Convive co filósofo Fernando Savater por estas datas. A súa evolución ideolóxica lévaa a posicións afíns a Esquerda Unida, partido no que desenvolve unha gran actividade reivindicativa. Na década dos oitenta atopa na novela histórica o xeito máis flexible de expresar as súas ideas. Escribe así Urraca , relevante pola presenza do metaficcional. Actualmente é catedrática da Real Escola Superior de Arte Dramática.
*CARME RIERA (Palma de Mallorca, 1948 - ). En 1965 Carmen trasládase a Barcelona para estudar Hispánicas na Facultade de Filosofia e Letras da Universidade Autónoma. Nos seus primeiros escritos destila, dun lento e coidado traballo estilístico, un efecto de gran naturalidade seleccionando recursos da fala coloquial mallorquina. En 1975 a publicación do seu primeiro libro de contos, Te deix, amor, la mar com a penyora , coñece un éxito inesperado, case xeracional. Durante a década dos oitenta dá clases de literatura catalá na Universidade Central de Barcelona e publica un pormenorizado libro sobre a escola poética barcelonesa dos cincuenta. Despois recibe o Premio Josep Pla, o Joan Creixells, o Lletra D ´ Or, o Nacional de narrativa e a Cruz de Sant Jordi. Escribe en catalán e en castelán, profundando amplamente en todas as posibilidades da forma epistolar.
* LAURA ANTILLANO (Venezuela, 1950 - ) . Sendo aínda estudante da Escola de Letras da Universidade de Zulia, publica o seu primeiro libro, La bella época (1968), e é nomeada Directora do Teatro de Títeres desta universidade. En 1977 convértese na primeira muller en recibir o Premio do Conto do xornal “ El Nacional” , obténdoo polo relato “La luna no es de pan-de-horno”, texto que se constrúe a xeito de carta que unha muller escribe á súa nai morta. Ao longo da súa carreira profesional alterna a escritura con moitas outras actividades, incluíndo a redacción de guións cinematográficos.
* ANA MARIA SHUA (Arxentina, 1951 - ). Dende moi cedo amosou unha grande afección pola lectura. Con só dezaseis anos publica o seu primeiro libro, El sol y yo , poemario polo que recibiu dous premios. Na Universidade obtén a Mestría en Artes e Literatura. As súas dúas primeiras novelas, Soy paciente , e Los amores de Laurita , son levadas ao cine, o que marca o inicio do seu traballo como guionista. Gran parte da súa obra de creación vai dirixida a un público infantil e xuvenil, faceta na que se converte nun importante referente no seu país. La sueñera é unha obra moi interesante tamén para lectores adultos; libro difícil de clasificar, pódese definir como unha colección de pequenos relatos, historias brevísimas que reciben o nome de “microficcións”.
*MARÍA MERCÉ MARÇAL (Lleida, 1952 – Barcelona, 1998) . Nace no seo dunha familia campesiña. A loita por sobrepoñerse ao seu destino lévaa a estudar Filoloxía Clásica na Universidade de Barcelona e a enrolarse na loita política dos últimos anos do franquismo vinculada á esquerda. A súa irrupción na poesía catalá causou sensación. Co seu primeiro libro, Cau de Ilunes , gañou o Premio Carles Riba en 1976. O seu segundo libro, Bruixa de dol (1979) converteuse nun inesperado éxito de vendas e situouna como a poeta máis lida en Cataluña. Estes dous primeiros libros deixaban claro o intento da súa autora de construír un lugar para mulleres na poética da rebeldía. Seguíronlle outros libros de poesía, e unha incursión na novela en 1994, La passió segons Renée Vivien ; traduciu ademais ao catalán textos rusos. Tivo unha filla como nai solteira nunha afirmación radical de feminidade independente, como o foi tamén o seu lesbianismo.
Un dos temas recorrentes na súa poesía é a necesidade de retornar ao valores femininos como a inocencia do corpo e a súa tenrura e sensualidade inherentes. Na súa poética o corpo e o erotismo desempeñan un papel principal. Paralelamente, outorga grande importancia ao máxico, usando fadas e bruxas como caracteres simbólicos da capacidade feminina para transmutar o real. É así como retrata a maternidade.
A experiencia do cancro que acabou coa súa vida deixouna no libro póstumo Raó del cos (2000), consternador testamento dunha das grandes poetas do século XX.*MERCEDES SALISACHS (Barcelona, 1916 - ) . Nace no seo dunha familia acomododa. Gradúase en peritaxe mercantil, sendo das poucas mulleres da súa época que cursan carreira universitaria. A partires de 1935 comeza a colaborar en diarios e revistas, presentando a novela Primera mañana, última mañana en 1955 ao Premio Planeta baixo o pseudónimo de María Ecín, xa que se sentía censurada por moitos sectores da intelectualidade que só vían no seu afán por escribir o capricho dunha nena rica.
A novela que consolidou a súa traxectoria literaria foi Una mujer llega al pueblo (1956), coa que obtén o Premio Ciutat de Barcelona. Foi finalista do Premio Planeta en dúas ocasións: en 1956 por Carretera intermedia e en 1973 por Adagio confidencial ; dous anos despois gaña este premio con La gangrena . Reaparece no panorama literario en 1996 con Bacteria mutante . Autora prolífica, ten outras tres novelas dende este ano.
Defende de tal xeito a lingua española que para ter un castelán puro xamais aprendeu o catalán e non contaminar así a súa prosa de catalanismos.
*ROSA REGÁS (Barcelona, 1933 - ) . Filla de pais republicanos, pasou anos da súa infancia exiliada en Francia. Despois regresaron a Barcelona a vivir co seu avó paterno, home conservador e ultracatólico que lle proporcionou unha severísima educación. Estas experiencias reflectiunas en Luna lunera (1999), a novela que -segundo ela mesma- é a máis importante da súa carreira literaria.
Aos vinte e dous anos matricúlase en Filosofía e Letras. En 1964, licenciada e con cinco fillos, comeza a traballar na editorial Seix Barral, onde coñece ao seu amigo Carlos Barral. En 1970 funda a súa propia editorial, “La Gaya Ciencia”. En 1974 funda a revista Arquitectura Bis e dous anos despois Cuadernos de la Goya Ciencia .
A pesares de tantas ocupacións, na súa vida hai un oco, que decide encher en 1987: escribe o seu primeiro libro, Ginebra , un divertido ensaio sobre esta cidade. Catro anos máis tarde aparece a súa primeira novela, Memoria de Almator , e xa en 1994 gaña o Premio Nadal por Azul . No 2001 gaña o Premio Planeta por La canción de Dorotea.*CRISTINA PERI ROSSI (Uruguay, 1941 - ) . Sempre ten lamentado que da súa formación infantil estiveran exentas as cousas que a ela lle parecían máis interesantes: rubir as árbores, xogar ao fútbol... O seu heroe infantil foi Huckleberry Finn. Graduouse en Literatura comparada e deuse a coñecer con El libro de mis primos en 1969. A raíz do golpe de Estado militar no seu país en 1973 marcho do seu país para Barcelona, lugar onde reside dende entón.
O seu primeiro libro escrito en España Solitario de amor foi un éxito de crítica e público, onde postula os temas que vertebran a súa poética: a soidade, o exilio, a alienación e a expresión literaria do erotismo envolvente, moitas veces obsesivo, que transita na súa poesía e na súa prosa. Tanto en Evohé como en Babel Bárbara hai unha amatoria furiosa, lúdica e libre.
Julio Cortázar topou nela a unha compañeira lúcida e divertida, ambos mantiveron unha amizade fecunda que foi o motivo principal da súa evocación biográfica. Despois de moitos anos de fumadora empedernida, o abandono do tabaco orixinou un libro orixinal: Cuando fumar era un placer
*ISABEL ALLENDE (Perú, 1942 - ) . En 1958 Isabel regresará a Chile, onde coñecerá a Miguel Frías, co que casa en 1962. En 1967 comeza a traballar na revista Paula escribindo a columna de humor “Los impertinentes”. En 1973 os militares toman o país e Salvador Allende, presidente socialista e tío de Isabel, é asasinado. En 1975 abandona Chile xunto coa súa familia porque a ditadura de Pinochet decláraos sospeitosos.
En 1981 comeza a escribir La casa de los espíritus . En 1990 instáurase de novo a democracia en Chile e Isabel regresa para recoller o Premio Gabriel Mistral. Un ano despois a súa filla Paula ten un ataque de porfiria mentres acompaña á súa nai na presentación do libro El plan infinito ; a causa das malas xestións do hospital, Paula entra en coma e falece na súa casa de California en decembro de 1992. Froito desta terríbel experiencia Isabel escribe Paula . ( O propósito da escritura é vencer ao olvido; mentres eu viva, Paula vivirá comigo )
Tras este suceso a autora creu ter rematado a súa carreira literaria, pero lembrou que como xornalista debía ser quen de escribir sobre calquera tema que lle interesase, e así naceu a súa novela Afrodita . A elaboración deste canto á vida axudou á autora a superar a tristura que lle ocasionou a perda da súa filla.*MARINA MAYORAL (Mondoñedo-Lugo, 1942 - ) . Licénciase en Filoloxía Románica en Madrid e obtén o doutaremento cunha tese sobre Rosalía de Castro. En 1978 comeza a súa carreira como profesora titular de Literatura Española na Universidade Complutense de Madrid. Entre as súas obras de investigación e crítica atópanse estudos sobre Bécquer, Emilia Pardo Bazán, Galdós, Clarín, Valera, Valle-Inclán, Antonio Machado, Miguel Hernández e Rafael Alberti. En 1979 publica a súa primeira novela, Cándida otra vez , na que se anuncian xa os temas e técnicas narrativas máis características da súa novelística posterior: unha rica galería de retratos de mulleres cunha análise penetrante, matizada, da psicoloxía feminina.
Algúns dos seus libros son Unha árbore, un adeus , Tristes armas , Querida amiga ... todos eles en galego, a carón doutros escritos inicialmente en castelán: La sombra del ángel ...*LAURA ESQUIVEL (México, 1950 - ) Traballou de profesora durante oito anos, simultaneando o seu labor docente coa creación de talleres infantís literarios. Tras este período céntrase en escribir guións cinematográficos. En 1985 grazas ao guión “Chido Guán, el Tacos de Oro”, é nomeada pola Academia de Ciencias e Artes cinematográfica de México ao Premio Ariel ao mellor guión. En 1989 escribe a súa primeira e máis famosa novela Como agua para chocolate , traducida a máis de trinta idiomas. Alfonso Arau, entón o seu home, levouna ao cine conseguindo tamén un enorme éxito. En 1994 recibiu en Estados Unidos, grazas a esta novela, o Premio ABBY, converténdose no primeiro autor estranxeiro en conseguir este premio. A súa segunda novela aparece en 1995 co título La ley del amor , novela multimediática porque acompaña a edición un CD que completa a lectura da novela. En 1998 aparece Íntimas suculencias , recompilación de contos acompañados de receitas de cociña.
*OLVIDO GARCÍA VALDÉS (Asturias, 1950 - ). Cursa estudos superiores nas Universidades de Oviedo e Valladolid, obtendo dúas licenciaturas, Filoloxía Románica e Filosofía. En 1987 pasa a ocupar o cargo de codirectora da revista Los Infolios ; o ano anterior escribira o seu primeiro libro poético , El tercer jardín , pero non é ata 1990, coa publicación de Exposición , cando comeza a espertar a atención da crítica. Nesta obra inicia a súa arriscada e orixinal proposta poética: unha escritura que expón unha percepción da realidade complexa, baseada nun criterio de autenticidade que non se sustenta nunha mera falta de pudor senón nun intento de expresión intensa e sincera da realidade que se amosa, a través dun “eu” que a sostén. Este proceso de búsqueda de autenticidade, onde a subxectividade autoesixente adquire un papel importantísimo, culmina en Caza nocturna , o poemario máis interesante da autora. Recibiu dous galardóns polo seu labor poético: o Premio Ícaro de Literatura, en 1990, polo seu libro Exposición e o Premio Leonor de Poesía, en 1994, por Ella, los pájaros .
Ademais de poeta, Olvido escribiu varios ensaios e artigos de crítica literaria, é membro do consello editor das revistas El signo del gorrión e Falar de Poesía , e coordina, xunto con Miguel Casado, o Ciclo de lecturas poéticas “Poetas para pensar el siglo” que dende abril de 2001 vense desenvolvendo no Círculo de Belas Artes de Madrid. Todo iso combínao co seu labor de profesora de Lingua e Literatura nun instituto de Toledo, cidade onde reside na actualidade.*TERESA PÁMIES (Lleida, 1919 - ). Aos 12 anos comeza a traballar. Militante comunista, aprende a mecanografar os artigos revolucionarios de seu pai para a revista local. Da súa infancia e adolescencia fala no seu libro Crónica de la vetlla . En 1938 viaxa a Nova York como delegada ao Congreso Mundial da xuventude pola Paz, patrocinado por Eleonor Roosevolt. Ao ano seguinte viuse obrigada ao exilio pola súa militancia comunista. Emigrou a México, de alí a Praga onde se instala ata 1964. Estes anos son recollidos en Testament a Praga , gañando o Premio Josep Pla de 1970. Regresa do exilio en 1971 aproveitando a acollida popular da obra escrita a dúas mans co seu pai. Foi o comezo dunha carreira literaria ampla e fecunda escrita en castelán e catalán.
*LIDIA FALCÓN (Madrid, 1935 - ). Medrou nun ambiente revolucionario; aos tres anos foron a vivir a Barcelona. Con catorce anos escribe os seus primeiros artigos en defensa da muller e en 1957 comeza a estudar Dereito e Periodismo, licenciándose en ambas carreiras. Para poder custearse os estudos realiza todo tipo de traballos: é tradutora, modelo, camareira, vendedora de libros, telefonista e empeza a escribir, baixo pseudónimo, novelas sensacionalistas e bandas deseñadas de guerra. En 1959 afíliase ao PSUC e coñece a Eliseo Bayo, o seu gran amor.
A partires da década dos sesenta Lidia conságrase á causa feminina. Tanto o seu activismo político como as súas obras publicadas son mostra dun compromiso apaixoado coa situación da muller que lle supuxeron a persecución por parte do réxime franquista. En 1972 foi arrestada por publicar e distribuír literatura antifascista. En 1974, acusada de ser activista pro-ETA, pasou nove meses no cárcere, onde foi agredida fisicamente, tal como ela denunciou no seu libro En el infierno. Ser mujer en las cárceles de España .
En 1976 funda a revista Vindicación feminista , o que lle significou a implicación en tres procesos xudiciais por defender o aborto e atacar a Igrexa. Falcón seguiu aínda así na mesma liña crítica, agresiva e revolucionaria no ton e contido dos seus artigos. A revista deixou de publicarse en 1979 por razóns económicas. Ese mesmo ano nace a publicación Poder y libertad , funda os clubs feministas “Vindicación feminista” en Barcelona e Madrid, onde as mulleres podían acudir a buscar axuda legal ou psicolóxica, e instaura o primeiro Partido Feminista en España, que non foi legalizado ata 1981. Dende entón, a actividade política e profesional é frenética; en 1996 presentou a súa candidatura para as eleccións de 1999 ao Parlamento Europeo como representante da Confederación de Organizacións Feministas do Estado Español, proxecto electoral fundado por ela mesma. Recentemente publicou o libro de poesías Mirar ardiente y desgarrado , e a obra teatral ¡Vamos a por todas!*LUISA VALENZUELA (Arxentina, 1938 - ). A súa nai foi tamén unha escritora recoñecida en Arxentina. Luisa comezou a publicar en xornais bonaerenses á temperá idade de dezasete anos e aos dezaoito anos escribiu o seu primeiro conto, “Ciudad Ajena”, que non apareceu ata anos máis tarde na revista Ficción . En 1959 trasládase a París, onde escribe a súa primeira novela, Hay que sonreír . En 1979 trasládase aos Estados Unidos, onde comeza a súa verdadeira carreira como escritora, alternándoa con moitas outras actividades e consolidándose a súa fama de intelectual comprometida cos conflitos políticos do seu país. En 1989 volverá ao seu país, ata hoxe.
É doutora Honoris Causa da Universidade de Knox, Illinois, e en 1997 recibiu a Medalla Machado de Assis da Academia Brasileira de Letras.
É unha autora que concibe a escritura como un xeito de se interrogar a si mesma e ao mundo que nos rodea, complexo, cheo de máscaras, e terríbel en ocasións.*MONTSERRAT ROIG (Barcelona, 1946 - 1991) . Licenciouse en Hispánicas pola Universidade de Barcelona, onde traballou como profesora de Lingua catalá. En 1972 publicou a súa primeira novela, á que seguiría a primeira entrega dunha triloxía rematada oito anos despois. Alternou o ensino co xornalismo traballando en El País , La Calle .... e de 1978 a 1979 dirixindo programas de entrevistas para a televisión catalá.
Na súa curta vida acumulou premios como Víctor Catalá, Sant Jordi, o Premio da crítica Serra d'Or e o Premio da Generalitat de Catalunya.
*ROSA MONTERO (Madrid, 1951 - ). Estudou Filosofía e Letras, Xornalismo, Psicoloxía e cultivou a súa afección polo teatro en grupos independentes da época. Non rematou os estudos, empurrada pola necesidade de traballar para sobrevivir. Conseguiu o primeiro traballo xornalístico aos dezanove anos no diario Informaciones de Alacante. Recala en varios xornais ata o definitivo El País a partires de 1976. En 1979 sorprende coa novela Crónica del desamor , onde a través de feitos imaxinarios daba conta de escenarios e condutas dos anos recentes. Dende entón, segue practicando incursións na ficción compatibilizadas co seu labor de columnista. Recibiu diversos premios, como o Premio Nacional de Xornalismo, o Premio Mundo de entrevistas, o Premio Primavera de Novela con La hija del caníbal e o García Márquez de xornalismo.
*IDA VITALE (Uruguay, 1923 - ). En 1949 publica o seu primeiro libro, La luz de esta memoria , onde xa está presente o rigor culto e o estilo contido que marcarán a súa poesía futura. Ida participa na intensa actividade da súa xeración, marcada pola lucidez crítica e por unha avidez cultural aberta a todo tipo de influencias e contactos. De 1964 a 1984 vive en México, colaborando asiduamente en suplementos e revistas. Nestes anos a súa obra aventúrase na prosa poética e formas breves, entre o aforismo e o apólogo, a parábola e o “propos”: así nacerán libros posteriores como Léxico de afinidades , e Donde vuela el camaleón .
No espazo da linguaxe, feito de intimidade creativa, pero tamén de atenta apertura ao exterior de onde recolle múltiples referentes, Ida aférrase á terra das palabras e séntese cidadá dunha “patria literaria”, esa morada interior coa que se identifica sobre toda nacionalidade. Pese á súa recoñecida produción poética, Reducción del infinito (2000), foi a súa primeira obra publicada en España.
*ALEJANDRA PIZARNIK (Arxentina, 1936 – 1972) . Filla de inmigrantes xudeus procedentes do este de Europa. Estuda filosofía e literatura na Universidade de Buenos Aires e pintura, o que influirá no seu estilo poético pois este conterá un forte compoñente visual. En 1960 trasládase a París onde permanecerá catro anos e onde coñecerá a Cortázar, quen se converte no seu protector. Cando volve a Buenos Aires publica os seus tres poemarios máis coñecidos: Los trabajos y las noches , Extracción de la piedra de locura e El infierno musical ; tamén publica a calafriante narración La condesa sangrienta , narración que constitúe un dos textos máis enigmáticos e estraños da literatura arxentina, cun enfoque da morte e o sexo inquietante que deixou perplexos aos críticos. En 1966 recibe o Primeiro Premio de Poesía de Buenos Aires. Ademais de poesía escribe relatos, reseñas, teatro, artigos... Alejandra durme de día e traballa de noite: a noite é un símbolo recorrente na súa poesía. Sofre de constantes depresións e é adicta ás anfetaminas, das que abusa para combater os seus estados depresivos como se para manter esperta durante noites enteiras e soster a súa inspiración literaria. En setembro de 1972, internada nunha clínica psiquiátrica, logra convencer aos doutores e permítenlle marchar: estaba a se preparar para a morte; Alejandra insire unha sobredose se seconal sódico e morre rodeada das súas monecas que el maquillara nun especie de rito de morte. Deixou escrito: No quiero ir más que hasta el fondo .
*CRISTINA FERNÁDEZ CUBAS (Barcelona, 1945 - ). Pasa a súa infancia abraiada polas lecturas prohibidas da biblioteca da súa casa e polos relatos da súa aia. Despois de se licenciar en Dereito viaxa a Sudámerica, onde permanecerá dous anos; Despois viaxa a El Cairo, onde estuda árabe.
En 1980 dáse a coñecer como escritora co seu libro de relatos Mi hermana Elba , con gran éxito de crítica e público. Tres anos despois aparece Los altillos de Brumal , colección de contos que contribúe a consolidala como unha das novas voces máis orixinais da narrativa española, nun xénero tan pouco habitual como é o misterio e o terror: ambas obras explotan os espazos pechados e anguriosos así como o tema da busca dos aspectos máxicos e inexplicables da realidade, escondidos tras o cotiá aparentemente normal. En 1987 publica a súa primeira novela, El año de Gracia , e en 1955 a súa obra máis inquedante, El columpio . O seu último libro publicado, Cosas que ya no existen , un conxunto de episodios autobiográficos, supón un cambio de dirección na súa traxectoria literaria que permite descubrir a súa capacidade para recuperar o pasado dun xeito singular, non coma un exercicio de melancolía senón como unha evocación imprecisa que se converte nunha fermosa homenaxe dos intres e influencias máis sobresalientes da súa vida.*SOLEDAD PUÉRTOLAS (Zaragoza, 1947 - ). En 1961 trasládase a Madrid. Estuda Xornalismo e logo vese obrigada a abandonar a carreira de Ciencias Políticas a causa dun expediente. Traballa como redactora na revista España económica de 1968 a 1970. Inicia a súa carreira literaria en 1980 con El bandido doblemente armado , gañando o Premio Planeta en 1989 con Queda la noche . Ademais do seu labor como escritora foi Asesora do Ministerio de Cultura, directora da editorial Destino e colaboradora da revista Que leer .
*ANA ROSSETTI (Cádiz, 1950 - ). Escritora versátil, cultiva todos os xéneros artísticos: poesía, novela, ópera e teatro. O seu primeiro libro poético foi Los devaneos de Erato , co que gañou o Premio Gules en 1980. Seguíronlle Indicios vehementes ou Devocionario , co que obtivo o III Premio Internacional de Poesía Rey Juan Carlos I en 1985, consagrándoa como unha das voces máis intensas e expresivas da poesía española actual; nestes libros xa se anunciaba ese misticismo profano e irreverente que caracterizará toda a súa produción posterior.
En 1991 concédeselle o Premio La sonrisa Vertical de novela erótica ao seu libro Alevosías e en 1995 é distinguida coa Medalla de Plata da Junta de Andalucía polo conxunto da súa obra. No 2001 publica o poemario Entretiempos , síntese dunha actividade artística sorprendente e prolífica.*GUADALUPE SANTA CRUZ (Chile, 1952 - ). É unha das artistas máis versátiles do panorama cultural chileno actual e unha das poucas que aposta por unha visión narrativa diferente e orixinal que apela aos lectores menos compracentes.
Publicou catro novelas: a primeira foi Salir en 1989 e a última Los conversos no 2001; nesta última a autora mestura o código dramatúrxico e o cinematográfico para reflexionar sobre temas relacionados co exilio, a identidade, a xenofobia e a escritura. Trátase dun texto protagonizado por mulleres fundamentalmente, cunha vida marcada pola tristura, a dor e o amor que logra sostelas. Ademais, desempeña un amplo labor crítico en torno a temas relacionados coa arte, a literatura, a sociedade e o estado da problemática feminista actual.*BELÉN GOPEGUI (Madrid, 1963 - ). Comezou reseñando todo tipo de obras e facendo entrevistas para diversas publicacións como o suplemento de libros de El Sol . En 1992 envía a súa primeira novela á editorial Anagrama, que a publica e que recibirá ao ano seguinte o Premio Tigre Juan e o Premio Iberoamericano de primeiras novelas Santiago del Nuevo Extremo: La escala de los mapas . En 1995 publica Tocarnos la cara e en 1998 La conquista del aire . Gopegui distínguese por un labor pousado, pola súa independencia de criterio e por unha tarefa de reflexión axustada, documentada e de gran peso sobre o feito da escritura e a realidade que nos rodea. No 2001 publica Lo real .
*LUCÍA ETXEBARRÍA (Valencia, 1966 - ). Licenciouse en Xornalismo. En 1996 aparece publicada a súa primeira obra, unha biografía sobre o líder de Nirvana, Kurt Cobain e a súa compañeira Courtney Love. Neste mesmo ano publica a novela Amor, curiosidad, Prozac y dudas . Dous anos despois consegue con Beatriz y los cuerpos celestes o Premio Nadal, premio que virá acompañado polo recoñecemento do público. No 2000 alcanza o Premio Primavera de Novela con De todo lo visible e invisible . A súa obra é traducida a cinco idiomas.


















