Biblioteca > Muller e Feminismo > A Muller na Matemática
No 2000 celebrouse en España o Ano Mundial das Matemáticas, feito que deu lugar a moitas reflexións acerca do estado deste ámbito da ciencia. Realizáronse numerosos estudos e informes relacionados coa evolución das Matemáticas no ámbito da investigación e da docencia. Para facer un estudo de todo isto a Real Sociedade Matemáticas Española constituíu a Comisión “Mulleres e Matemáticas”. As perspectivas desta comisión céntranse en poñer de manifesto as aportacións das mulleres matemáticas españolas no ámbito da investigación e a docencia e resaltar os problemas de integración que perduran no noso sistema que fan que as mulleres non acaden postos de responsabilidade profesional coa frecuencia dos homes. De forma máis precisa, as cuestións que comezaron a abordar son:
AS MULLERES E AS MATEMÁTICAS NA UNIVERSIDADE
Están elaborando unha base de datos das mulleres que forman parte das plantillas docentes dos Departamentos de Matemáticas das Universidades Españolas e recollendo datos de interese como temas de investigación, posición profesional na Universidade, se está ou estivo nun posto de responsabilidade, etc. Ademais pretenden analizar a distribución de alumnos-alumnas nas Facultades de Matemáticas en España asi como determinar as saídas profesionais que teñen as licenciadas en Matemáticas.
AS MULLERES E A INVESTIGACIÓN MATEMÁTICA
Pretenden facer un estudo daquelas mulleres que estean activas na Investigación Matemática e o seu nivel de responsabilidade en grupos de Investigación. Ademais queren determinar a porcentaxe de mulleres que abandonan a investigación e as súas causas.
AS MULLERES E AS MATEMÁTICAS EN SECUNDARIA
Propóñense realizar un estudo que reflexe o desenrolo da incorporación das licenciadas en Matemáticas na ensinanza secundaria.
No seguinte enlace, poderás atopar un traballo realizado por Alicia Colmeiro Corral de 2º BC sobre a presenza das matemáticas na vida diaria, baseada nun día calquera na vida da súa avoa. Desfrutádeo!!!: A MIÑA AVOA E E AS MATEMÁTICAS
