Biblioteca > Forum Literario > Carlos Ruíz Zafón > La Sombra del Viento


LA SOMBRA DEL VIENTO
PLANETA (2002)

 


"Aínda lembro aquel amencer en que meu pai me levou por primeira vez a visitar o Cemiterio dos Libros Esquecidos. Desgranaban os primeiros días do verán do 1945 e camiñabamos polas rúas dunha Barcelona atrapada baixo os ceos de cinza e un sol de vapor que se derramaba sobre a Rambla de Santa Mónica nunha guirnalda de cobre líquido"

Así comeza o libro La Sombra del Viento, un misterio literario ambientado na Barcelona do 1945. O libro La Sombra del Viento, obra firmada por un tal Julián Carax, está nun andel do Cemiterio dos Libros Esquecidos, Daniel Sempere colle o volume e libera as súas páxinas. Nace así unha investigación na búsqueda dun escritor descoñecido que acaba nun tráxico verán de 1936. Na Barcelona dos anos corenta Daniel Sempere visita co seu pai un estraño Cemiterio de Libros Esquecidos nun almacén do barrio chinés. Neste almacén dormen millóns de libros que nunca verán a luz se ninguén decide adoptalos e darlles vida como lector. Carlos Ruiz Zafón recupera neste libro a Barcelona gótica, na súa aventura Daniel Sempere estará rodeado dun elenco de secundarios que teñen pasados e relacións perigosas.
La Sombra del Viento mestura técnicas de relato de intriga, de novela histórica e de comedia de costumes pero é, sobre todo, unha traxedia histórica de amor cuxo eco proxéctase a través do tempo. Con gran forza narrativa, o autor entrelaza tramas e enigmas a modo de monecas rusas nun inesquecible relato sobre os segredos do corazón e o embruxo dos libros, mantendo a intriga ata a última páxina.

 

Enderezos | Mapa Web | Agradecementos | Contáctanos