Biblioteca > Forum Literario > Carlos Ruíz Zafón


FORUM LITERARIO
Febreiro 2006

Este mes propoñémosche ler algunha das novelas do afamado escritor:

CARLOS RUIZ ZAFÓN


Todas as súas obras telas na biblioteca do centro. Esperamos logo que nos deas as túas opinións, críticas… sobre as lecturas que fagas.

ANÍMATE A PARTICIPAR!

Mundos novos te están a esperar!



A remolque da explosión de La sombra del viento, Edebé reedita a obra anterior ao best-seller deste escritor nacido en Barcelona no ano 1964. En 1993, con El príncipe de la niebla, foi merecedor do premio Edebé de literatura xuvenil, ata hai pouco o mellor dotado de España. Esta obra permitiu, hai máis de 10 anos, descubrir ao escritor creador de ambientes que é Zafón. A continuación, un mollo de títulos novos foron sucedéndose: El Palacio de la Medianoche (1994), Las luces de septiembre (1995) e Marina (1999), todos eles publicados na colección Periscopio. No reeditado Marina, Zafón engádese á curta lista dos mellores creadores de atmosferas cargadas de misterio -denótano os seus títulos: sombra, vento, luces, medianoite, como son César Mallorquín (La mansión Max) e José María Latorre (La mirada de la noche).


Todos eles de tradición romántica, son grandes escritores de novelas góticas nas que a trama fíltrase entre as liñas do texto ata mergullar ao lector en mundos onde a maldade -representada por seres de natureza estraña- e a bondade -sempre acompañada por un xove protagonista e a súa etérea amada- compiten en mundos becquerianos, herdanza de Mary Shelley e o seu Frankenstein, ao que Zafón homenaxea na obra. En Marina , Zafón gradúase como escritor á espera do doutorado de La sombra del viento . Óscar Drai, o protagonista, ao igual que Max (El príncipe de la Niebla) e Ben (El Palacio de la Medianoche), é un personaxe inquedo, descubridor de mundos escuros nos que a trama xoga coa estratexia dunha partida de xadrez. Só cabe felicitar, pois, a Zafón polos seus éxitos e á editorial por lembrar a todos os lectores as orixes de tan bo escritor.

As súas obras foron editadas en seis idiomas e, ata a hoxe, venderon más de 250.000 exemplares.

Actualmente, reside en Los Angeles, onde está preparando varios guións cinematográficos e unha nova novela.



OBRAS

 


Enderezos | Mapa Web | Agradecementos | Contáctanos