Irene de la Fuente Párame e Mercedes Freire González, alumnas do Ies Rosais 2 no pasado curso 2005-2006 reciben de mans da Conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, o premio de excelencia académica aos mellores expedientes de Bacharelato tras superar as probas correspondentes para conseguilo. En total 20 mozas e un só rapaz foron merecedores da devandita distinción.