Dª Pilar Álvarez Sousa, representante do Persoal non docente no Consello Escolar xubilouse en febreiro do presente ano 2006. A modo de sorpresa, no seu derradeiro día de traballo, organizouse un acto cos alumnos das aulas a seu cargo e, con posterioridade unha sesión extraordinaria do Consello Escolar para mostrarlle o agradecemento do Centro pola súa eficaz labor e desexarlle felicidade futura.
CELÉBRASE O MAGOSTO
Como é costume no mes de novembro, celébrase no Centro o tradicional magosto no que a castaña asada é a protagonista. As castañas, xa asadas e sen ser regadas polo viño, son degustadas no recreo polos profesores e alumnos.