 |
 |
 |
|
Relixión
|
Actividades complementarias 2005/2006
|
OPERACIÓN KILO
|
Dende o Departamento de Relixión, coa colaboración doutros profesores de Alternativa á Relixión e Economía, convidamos aos alumnos e profesores do Centro a participar na campaña de recollida de alimentos. O destinatario é o Banco de Alimentos; esta ONG distribúe alimentos a distintas organizacións da ptovincia de Pontevedra que traballan cos máis necesitados.
Recollemos alimentos de primeira necesidade, non perecedeiros e produtos típicos do Nadal. Esta actividade é unha chamada á solidaridade, unha chamada á loita polos valores fundamentais da vida: amor, xustiza, paz, igualdade...
Datas de recollida dos alimentos: Do 1 - 13 de decembro. Lugar de recollida: Vestíbulo do Instituto durante os recreos.
|
|
|
RESULTADO DA OPERACIÓN KILO
|
Trala campaña de Nadal, a "Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo" agradece á Dirección, profesores e alumnos do IES Rosais 2 a colaboración prestada, na cal conseguironse 294 kilogramos de alimentos; e anímanos a seguir coa colaboración en vindeiros anos.
NOTA DO BANCO DE ALIMENTOS [113 KB]
Grazas a todos os que colaborarastes coa vosa ilusión e traballo. Pero esta nota non é un remate, senón un comenzo para o vindeiro ano, no que implantar os valores de paz, xustiza e amor non será unha utopía, senón unha necesidade nas nosas vidas.
|
EXPOSICIÓN "ADIOS A LAS ARMAS" DE INTERMÓN
|
O día 16 de marzo os alumnos de 3º e 4º da ESO foron, de maneira voluntaria e pola tarde, á exposición “Plantemos cara ás armas”. Ser cristiá é unha opción fundamental da vida. É importante concienciarnos do valor da paz, a xustiza e a liberdade. En unha sociedade chea de violencia temos que pensar no poder destructivo das armas lixeiras. Como creentes temos a obriga moral de denuncia-las violacións destes valores fundamentais.
|
|
|
|
|
|
VISITA Á CATEDRAL DE TUI
|
O día 22 de marzo os alumnos de relixión de 1º e 2º da ESO foron a Tui a coñece-la catedral. Esta é a sede da diócese Tui-Vigo. Os alumnos completaron in situ as ensinanzas culturais e relixiosas relacionadas con este edificio. Temos que suliñar o interese e o bó comportamento dos mesmos.
|
|
|
|
|
|
VISITA ÁS IGREXAS ROMÁNICAS DE VIGO
|
O día 5 de abril, dentro do programa "Vigo por Dentro", o alumnado de 3º ESO-B participou nunha saída ás igrexas románicas de Santiago maior de Bembrive e Santa María de Castrelos. Hai que suliñar o desconocemento que teñen os alumnos da súa cidade. A meirande parte non coñecía a existencia destas xoias do románico; cá visita os mozos e as mozas foron motivados para investigar outros monumentos relixiosos importantes da nosa cidade e as raíes cristiás da nosa cultura.
|
|
|
|