2005-2006  

2004-2005

Os gañadores da Olimpíada recollen os froitos  Os xoves mais sobresaintes 
Olimpíada Química  Premio Edebé de Literatura 



OS GAÑADORES DA OLÍMPIADA RECOLLEN OS FROITOS

OS GAÑADORES DA OLIMPÍADA QUÍMICA RECOLLEN OS SEUS FROITOS

Antonio Freire González, ex-alumno deste Centro e gañador da Olimpíada Nacional de Química celebrada en Luarca (Asturias) na súa XVIII edición, xunto con Alberto Osuna e Rubén Fernández, clasificados en 2º e 3º lugares, asistiron en Barcelona, a mediados de novembro, á Expoquimia, feira da industria química, onde tres empresas punteiras na industria química – Repsol YPF, Bayer e Mc. Bride España - comprometéronse a ofrecer a estes tres estudantes a súa primeira oportunidade laboral.

Gracias á aportación destas tres empresas, estes mozos poderán empezar a demostrar todo o seu saber e seguir ampliando a súa formación no campo da química.

Antonio e os seus dous compañeiros asistiron á XXXVII Olimpíada Química Internacional que se celebróu en Taiwán e á X Olimpíada Química Iberoamericana que se celebróu en Lima onde Alberto e Rubén lograron medallas de prata e Antonio de bronce.





OS XOVES MAIS SOBRESAIENTES

197 alumnos galegos, cunha nota cuperior a nove na calificación definitiva das Probas de acceso a Universidade foron homenaxeados pola Universidade de Santiago de Compostela no auditorio da mesma no pasado 8 de xullo.
O acto foi presidido polo Rector da USC, Senén Barro, quen valorou o traballo dos alumnos homenaxeados.

Os Centros con máis número de alumnos sobresaientes foron o Colexio Peleteiro de Santiago, o Instituto Valle-Inclán de Pontevedra, o Colexio Apóstolo Santiago de Vigo, e o Instituto Rosais 2 de Vigo, entre outros.

Os alumnos do Rosais 2 que obtiveron as mellores notas foron:
ENZO GARABATOS FUNES, con 9,39
MIRIAM VÁZQUEZ FRAGA, con 9,38
TATIANA RODRÍGUEZ IGLESIAS, con 9,28
ESTEFANÍA LOSADA CONDE, con 9,23 y
ANTONIO FREIRE GONZÁLEZ, con 9,07


Acto de despedida

OLIMPIADA DE QUÍMICA

ANTONIO FREIRE GONZÁLEZ, alumno de 2º de Bacharelato-A deste Centro clasificouse no primeiro lugar e conseguiu medalla de ouro na celebración da XVIII Olimpíada Nacional de Química, organizada pola Asociación Nacional de Químicos de España e o Colexio Oficial de Químicos que se celebrou o pasado mes de abril en Luarca (Asturias) dentro dos actos conmemorativos do centenario do premio Nobel de Medicina Severo Ochoa. Á Olimpíada acudiron 135 alumnos procedentes de toda España.

Antonio, xunto co 2º, 3º e 4º clasificados, representará a España na XXXVII Olimpíada Internacional que se celebrará en Taiwán e na X Olimpíada Iberoamericana que se celebrará en Lima.

 



PREMIO EDEBÉ DE LITERATURA

O autor de “A escola dos piratas”, Agustín Fernández Paz, profesor deste Centro gañou o premio Edebé da Literatura na modalidade infantil.

Fernández Paz é un coñecido dos afeizoados á literatura para nenos e mozos que xa gañou, hai once anos, outro premio na modalidade xuvenil.

Según Fernández Paz esta historia parte do seu absoluto convencimento da tese de Gianni Rodari de que a imaxinación pode cambiar o mundo e da idea defendida por Álvaro Cunqueiro de que o home precisa, coma quen bebe auga, beber soños.  



Benvidos / O Centro/ Oferta Educativa / Organización / Secretaría/ Departamentos/ Alumnado / Actividades / Novas/ Enlaces / Acerca da Web / Buscar