|
|
 |
 |
 |
 |
|
2006-2007 | 2004-2005
|
2005-2006
|
|
|
|
OS MELLORES BACHILLERES DE GALICIA
|
Os 50 mellores bachilleres de Galicia, entre elles AROA LAGO FERNÁNDEZ alumna deste centro, asistiron ao IV Curso Preuniversitario da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) celebrada en Vilagarcía do 5 ao 9 de setembro.
Jorge Wagensberg, creador do Museo das Ciencias de Barcelona, impartió a conferencia inaugural en torno á pregunta ¿Que coñeces?. O cirujano Cesáreo Conde, o arquitecto Alfonso Penela, a demógrafa Anna Cabré, a psicóloga Monserrat Pérez e o político Joseph Piquet, entre outros, compartiron tamén os seus saberes, coñecementos e experiencias cos mozos bachilleres.
Os alumnos alternaron as conferencias con visitas culturais e turísticas.
|
|
|
ACTO DE DESPEDIDA AO XEFE DE ESTUDOS
|
O noso querido compañeiro e amigo, José Luís López Cuétara, deixa as funcións propias da Xefatura de Estudos, que durante 17 anos desempeñou neste centro, ao chegar á idade de xubilación.
No último día de clase os compañeiros e alumnos participaron nun sinxelo acto no que agradeceron e recoñeceron o seu labor no Centro, deixando constancia da mesma nunha placa conmemorativa.
|
|
|
|
|
|
OS MELLORES CENTROS DE GALICIA
|
O IES Rosais 2 continúa entre os 20 mellores centros de Galicia con mellores resultados na proba de selectividade.
Dos 126 alumnos matriculados en 2º de Bacharelato, presentáronse á selectividade entre xuño e setembro 112 alumnos - o resto matriculáronse en módulos de FP - e aprobaron 109, o 97,32 %, sendo 6,17 a nota media acadada na proba e 6,75 a nota media do expediente dos alumnos. En xuño dos 84 alumnos presentados aprobaron 83, o 98,81 %, sendo a nota media acadad na proba de 6,45 e 7,26 a nota media do expediente.
|
PLANTACIÓN DA ÁRBORE
|
Os alumnos de 2º de Bacharelato, na compaña dos seus titores,plantaron unha árbore cameli na área verde posterior do Centro, como lembranza do seu paso polo Instituto Rosais 2 de Vigo. Continuose, deste xeito, cunha tradición iniciada fai varios anos pola que o derradeiro día de clases, antes dos exames finais, os alumnos que rematan os seus estudios, para pasar a Universidade o Formación Profesional, plantan unha árbore como recordo dos anos compartidos nas nosas aulas co desexo de bo futuro para todos.
|
|
|
|
|
|
OS MELLORES PREUNIVERSITARIOS DE ESPAÑA
|
AROA LAGO FERNÁNDEZ, ALUMNA DE 2º BACHARELATO-C, ENTRE OS 50 MELLORES PREUNIVERSITARIOS DE ESPAÑA
A Universidade Francisco de Vitoria seleccionou aos 50 mellores alumnos preuniversitarios de España, entre os que se atopa a alumna deste centro, Aroa Lago Fernández de 2º Bacharelato-C.
Estes alumnos realizarán durante tres semanas, do 11 de setembro ao 1 de outubro, unha viaxe académica, cultural e de lecer na que coñecerán a personalidades especialmente relevantes do ámbito político, cultural e económico europeo, entre os que se atopan os primeiros ministros do Reino Unido, Francia e Chequia; o presidente da República Italiana; Emilio Botín, presidente do Grupo Santander; Leopoldo Calvo Sotelo, expresidente do goberno español; o eurodiputado Marcelino Oreja; o sociólogo Amando de Miguel; o filósofo Robert Spaeman; ou o semiólogo Umberto Eco, entre outras personalidades.
Os estudantes sairán o 11 de setembro de Alcalá de Henares e, de alí viaxarán a Oxford, Paris, Praga, Heidelberg, Bolonia e Salamanca, onde erematará a súa aventura universitaria o 1 de Outubro. En cada un dos destinos asistirán a conferencias e participarán da vida universitaria a través de actividades culturais e de lecer.
A iniciativa é herdada do histórico “Crucero Universitario” polo Mediterráneo que se levou a cabo en 1933 e que encabezado por Manuel García Morente, destacada figura da vida Universitaria da primeira metade do século XX, contou entre o grupo de alumnos con Julián Marías, Gregorio Marañón, Valle Inclán e Vicens Vives, entre outras persoas recoñecidas posteriormente polo seu prestixio.
Neste I Edición de Becas Europa convocada pola Universidade Francisco de Vitoria, puideron participar todos os alumnos de 2º de Bacharelato de España. A primeira selección de candidatos depende directamente dos centros de estudo. Cada centro puido presentar un máximo de dous alumnos elixidos atendendo ao seu expediente académico e a outros criterios pedagóxicos estimados valorables polos profesores. Posteriormente un comité presidido polo reitor da Universidade Francisco de Vitoria, seleccionou 150 alumnos. Estes 150 candidatos participaron nunha fin de semana (1 e 2 de abril) de selección, na que a través de distintas probas de intelixencia, entrevistas e talleres culturais o Comité de Selección elixiu aos 50 mellores que disfrutarán desta aventura universitaria.
O obxectivo desta iniciativa é animar ós alumnos participantes a asumir un maior compromiso coa súa propia formación e a acadar unha idea profunda e participativa do que significa ser universitario. Con ela preténdese ademais potenciar o sentimento de identidade europea entre os participantes.
|
|
|
CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE
|
COMPARTE SAÚDE. DOA SANGUE
O luns, 20 de Marzo o alumnado de 2º de Bacharelato poderá doar sangue na unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia desplazada ao Centro. A doazón de sangue é un acto voluntario, universal e gratuito. Pode doar sangue calquera persoa maior de 18 anos cunha saúde normal, con máis de 50 kg de peso e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. É un proceso sinxelo, dura uns dez minutos e en todo momento está controlado por persoal sanitario especializado.
En Galicia soamente doan sangue 4 de cada 100 persoas e non é dabondo. Cada día nos hospitais galegos realízanse preto de 500 intervencións cirúrxicas e aténdese 2.700 urxencias. Moitas persoas necesitan sangue para poder recuperar a súde ou salvar a vida.
|
|
|
SEMANA DA CIENCIA
|
Do 7 ao 20 de novembro celébrase a Semana da Ciencia organizada para achegar a ciencia e a tecnoloxía á sociedade e concienciala da súa importancia no progreso económico e no benestar social. Nesta cuarta edición e con motivo do Ano Internacional da Física declarado pola UNESCO, en homenaxe á publicación en 1905 de catro artígos de Albert Einstein, a temática que centra a Semana da Ciencia é a Física. Durante estes días celebraranse en toda Galicia 46 mesas redondas e conferencias, 18 xornadas de portas abertas e visitas guiadas, 4 cursos, 8 itinerarios didácticos e excursións, 11 exposicións e 10 ciclos de cine. Ademáis haberá outras actividades centradas noutras áreas da ciencia, como agricultura e gandería, bioloxía molecular, celular e xenética, bioloxía animal e vexetal, ciencia e tecnoloxía dos materiais, ciencias da terra, etc.
Para máis información: www.dxid.org/semanadaciencia
|
|
|
A ECLIPSE ANULAR DE SOL
|
Alumnos e Profesores do Centro puideron observar o luns día 3 de Octobro durante o recreo, de 10,40 a 11,00 horas, a eclipse anular de Sol. Provistos moitos deles das correspondentes gafas especiais, que compartiron cos seus compañeiros, gozaron do fenómeno, viron como ás 10,51 horas a Lúa eclipsou totalmente o Sol e percibiron o anel, resultado do escurecemento do 91 % do círculo solar. O Departamento de Bioloxía e Xeoloxia informó ao alumnado das características da eclipse.
|
|
|
 |
 |
 |
 |
 |
|
|
|
Benvidos / O Centro/ Oferta Educativa / Organización / Secretaría/ Departamentos/ Alumnado / Actividades / Novas/ Enlaces / Acerca da Web / Buscar
|
A ULTIMA CLASE DA PROFESORA TERESA BELLO VAZQUEZ
|
O pasado 22 de xuño, a profesora TERESA BELLO VÁZQUEZ, impartiu a súa última clase, tras unha longa vida dedicada á docencia, no curso de 2º ESO-A, do cal era titora.
Acompañada dos seus alumnos, compañeiros de Ciclo e equipo directivo, foi emotivamente homenaxeada e despedida neste último día de clase.
¡FELIZ XUBILACIÓN!
|
|
|
|
|
|
|