|
|
 |
 |
 |
 |
|
2007-2008 | 2005-2006
|
2006-2007
|
|
|
|
HOMENAXE / DESPEDIDA Ó PROFESOR D. JOSÉ LUIS LÓPEZ
|
O pasado 16 de marzo celebrouse o acto de despedida ao Profesor D.José Luis López Cuétara, Catedrático de Francés e Xefe de Estudos do Centro de 1989 a 2007. O acto contou coa presenza e participación de membros de toda a comunidade educativa ademais de antigos alumnos e contou con actuacións musicais de violonchelo, trompeta, frauta, guitarra e piano a cargo de alumnos do Centro. O acto concluíu coa última leccíón do Profesor D. José Luis que deixa o Centro ao concluír a súa actividade profesional.
|
|
|
|
MERCEDES FREIRE GONZÁLEZ, EXCELENCIA ACADÉMICA
|
A Mercedes Freire González, ex-alumna do IES Rosais 2, concedéuselle un dos premios de excelencia académica para o alumnado que inicia estudos universitarios no sistema universitario de Galicia, no curso académico 2006-2007.
O 29 de novembro tivo lugar o acto de entrega oficial de credenciais no Auditorio do Centro Galego de Arte Comtemporánea.
|
|
|
|
|
|
SARA ESTÉVEZ CORES ESTUDARÁ EN HONG KONG
|
SARA ESTÉVEZ CORES, ALUMNA DO CENTRO ESTUDARÁ O BACHARELATO INTERNACIONAL EN HONG KONG
Sara Estévez Cores, alumna de 4º ESO, comezará o próximo curso os estudos do Bacharelato Internacional en Hong Kong, como consecuencia de haber gando unha das 16 bolsas outorgadas polo Comité Español de Colexios do mundo Unidos. Para obter a bolsa, Sara houbo de realizar unha proba de cultura xeral, unha entrevista persoal, un test psicolóxico e un debate, tras haber sido preseleccionada e realizado un traballo de ámbito social. A fase final consistiu nunha dinámica de grupo e unha última entrevista persoal.
|
HOMENAXE ÁS MELLORAS NOTAS
|
O pasado 20 de xullo a Universidade de Santiago fixo entrega dos diplomas que premian aos estudantes de Bacharelato de toda Galicia que obtiveron as mellores cualificacións nas probas de selectividade. Ao acto acudiron 210 alumnos dos 327 que estaban convocados, todos eles cunha media de sobresaliente.
Alumnos do IES Rosais 2 que obtiveron sobresaliente:
Ballesteros Martínez, Angel: 9,30 Campos Araujo, Ana: 9,22 Carrero González, Alba: 9,21 Martínez Pérez, Gabriela: 9,31 Pérez Molina, Miranda: 9,13
O acto tivo lugar na Facultade de Medicina e estivo presidido polo Reitor da Universidade compostelá, Senén Barro. O discurso inaugural correu a cargo de Paula Suances Díez, alumna que logrou a mellor nota de Galicia, e que felicitou aos seus compañeiros polas cualificacións obtidas.
Rafael Táboas Pastor, Director do IES Sánchez Cantón de Pontevedra, tomou a palabra para felicitar aos alumnos homenaxeados, lembrando que España necesita homes formados, pero tamén xustos e xenerosos.
|
XUBILACIÓN DO PROFESOR AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
|
O pasado xuño, xubilouse o profesor AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ, e foi acompañado dos seus alumnos, compañeiros e equipo directivo.
¡FELIZ XUBILACIÓN!
|
|
|
|
XUBILACIÓN DA PROFESORA PURI VIAÑO
|
O pasado xuño, xubilouse a profesora PURIFICACIÓN VIAÑO LÓPEZ, e foi acompañada dos seus alumnos, compañeiros e equipo directivo.
¡FELIZ XUBILACIÓN!
|
|
|
|
|