Raios catódicos | Raios canles
Experimento | Modelo | Fallos do modelo
Modelo | Enerxía do electrón | Espectros
Dualidad onda-materia | Principio Incertidumbre| Números cuánticos
subglobal6 link | subglobal6 link | subglobal6 link | subglobal6 link | subglobal6 link | subglobal6 link | subglobal6 link
subglobal7 link | subglobal7 link | subglobal7 link | subglobal7 link | subglobal7 link | subglobal7 link | subglobal7 link

Modelos atómicos

Experimento

Como o modelo de Thomson non explicaba moitas das experiencias realizadas, Rutherford propúxose reformalo. Para iso, xunto cos seus axudantes Geiger e Marsden, ideo o seguinte experimento. 

Unha vez recollidos os datos, analizáronse e observaron que había 3 zonas características

1ª zona: Detrás da lámina de ouro e enfronte da abertura do colimador. Nesta zona atópase un gran número de impactos de partícula alfa.

2ª zona: Formada por impactos de partículas alfa que eran desviadas.

3ª zona: Diante da lámina de ouro, preto da abertura. Ten un número moi pequeno de impactos.

A explicación que se deu á análise dos resultados foi:

1ª zona: As partículas alfa non sofren desviación, a súa traxectoria é recta, polo que teñen que atravesar espazos baleiros. Como o número de partículas que pasan é moi grande, o espazo baleiro ten que ser grande.

3ª zona: As partículas alfa saen rebotadas, polo tanto, teñen que interaccionar con algo que teña moita masa, sexa macizo e carga eléctrica positiva (positivo - positivo repélense). Como o número de partículas que rebotan é moi pequeno, o tamaño ten que ser moi pequeno.