O patio de infantil é espacioso e combina perfectamente os lugares de sol e sombra o cal o fai acolledor tanto na época de inverno coma na de calor.
Este patio está dotado con diversos elementos de xogo que amenizan o tempo de recreo dos máis pequenos.
Os nenos e nenas disfrutan deste espacio durante os dous recreos que se reparten ó longo da xornada escolar.
PATIOS DE PRIMARIA
Unha das pistas polideportivas acolle ó alumnado do último ciclo que disfruta dela tanto nas clases de Ed. Física coma nos recreos.
Outra ampla pista polideportiva serve de lugar de encontro e xogo a gran parte do alumnado.
O porche do colexio serve de patio cuberto para os días de chuvia e como lugar de ocio alternativo para aqueles nenos e nenas que buscan outras formas de xogo.