| |
|
| |
|
| |
|
| |
|
| |
|
| |
|
| |
|
| |
|
| |
|
| |
|
| |
|
O entroido é unha importante tradición en Galicia e outras partes de España.
É a época tradicional de diversión, festexos e festas que precede o comezo da Coresma. O día máis importante é, probablemente, o martes de entroido, pero durante todo este período fanse festas de disfraces e desfiles. En Galicia, o cambio de entroido a Coresma no mércores de Cinza está marcado polo enterro da sardiña. Este é un grotesco funeral no que a figura simbólica dunha sardiña desfila polas rúas e é, finalmente, queimada ou enterrada de forma cerimoniosa.
|
|
| |
|
| |
En Londres hai un importante festival de entroido que é o segundo desfile máis grande do mundo e o maior de Europa: "O entroido de Notting Hill". Celébrase sempre no último domingo e luns de agosto que é día festivo no Reino Unido. O domingo celébrase o "Entroido dos Nenos". Este carnaval ten lugar en Notting Hill, ó oeste de Londres. |
|
|
| |
|
| |
Nos anos 50 a xente viña emigrada do Caribe a Gran Bretaña. Trouxeron os seus propios costumes e tradicións con eles. Lembraban os grandes entroidos que se celebraban nas Antillas e no ano 1964 un festival na rúa tivo lugar en Notting Hill. |
| |
|
| |
|
As celebracións de entroido teñen lugar, normalmente, antes de Pascua, no mes de marzo. Sen embargo, en Gran Bretaña as celebracións fanse cando o tempo é cálido. |
|
| |
|
|
|