| |
|
| |
|
| |
|
| |
|
| |
|
| |
|
| |
|
| |
|
| |
|
| |
A Pascua é unha festividade cristiá moi importante. A xente celebra a resurrección de Xesucristo o terceiro día despois da súa morte. |
| |
A Pascua celébrase o primeiro domingo después da lúa chea de marzo. Isto sucede entre o 22 de marzo e o 25 de abril. A orixe da palabra inglesa "Easter" é incerto. Probablemente vén da deusa pagana da primavera, Eostre. Os paganos celebraban a chegada da primavera con festivais especiais. |
|
|
| |
|
A Pascua cristiá foi reemplazando lentamente ós festivais paganos, pero algúns símbolos do festival de primavera perduran como as flores, o ovos e os coellos. A tradición da cesta de Pascua é moi antiga. Os paganos ofrecían os seus ovos en cestas con herba á deusa Eostre. |
|
| |
|
| |
En Gran Bretaña e nos Estados Unidos é habitual enviar tarxetas de Pascua ós amigos e parentes. |
| |
|
| |
Antes do día de Pascua os nenos americanos e británicos pintan ovos de Pascua con cores vivas e debuxos alegres. Os ovos pintados eran intercambiados en antigos festivais primaverais. O ovo é un antigo símbolo de vida e de fertilidade. A decoración do ovo de Pascua comezou en Inglaterra durante a Idade Media. Os membros das familias nobres intercambiábanse ovos cubertos de ouro como regalos de Pascua. |
| |
|
| |
O día de Pascua nos Estados Unidos faise a tradicional busca do ovo en cada cidade e vila. Os pais cóntanlles ós seus fillos que o coello de Pascua agachou moitos ovos no parque. Os nenos e nenas deben atopar os ovos agachados. Os ovos están escondidos na herba, arbustos ou baixo unha árbore. Cando os nenos atopan os ovos póñenos en bonitas cestas de Pascua. O neno ou nena que consiga o maior número de ovos é o gañador/a.
|
|
|
| |
 |
A tradición do coelliño de Pascua e da cesta de ovos foron introducidos por emigrantes alemáns hai moito tempo. |
|
| |
|
| |
|
| |
|