Welcome
Celebrations
  Halloween
  Christmas
  Peace
  Carnival
  Easter
Links

 

 

 

 

 

 
   
 
 
 
   
 
   
  Halloween celébrase o 31 de outubro. É un esperado acontecemento nos Estados Unidos e en Gran Bretaña.
   
  Halloween ten antigas orixes celtas. No calendario celta Samaín era o derradeiro día do verán e do ano, o 31 de outubro.
   
  Os cregos celtas, chamados druídas, practicaban rituais relixiosos e máxicos no Samaín. Tamén predicían o futuro.
   
 
Neste día os celtas facían grandes lumes e vestían con disfraces que daban medo. Querían asustar ós espíritus do mal. Disfrazábanse de pantasmas, esqueletes e bruxas. Crían que as pantasmas saían das súas tumbas na noite do 31 de outubro.
   
  Samaín tamén se converteu no festival da colleita despois da invasión romana de Gran Bretaña no ano 43 AC. As prácticas cristiás foron reemplazadas por prácticas paganas. Os cristiáns chamáronlle ó 1 de novembro ‘All Hallows'Day' , o Día de Tódolos Santos. A noite do 31 de outubro foi chamada ‘All Hallows'Eve' . Así comezou Halloween.
 
Tódolos nenos americanos nos colexios de Primaria levan os seus disfraces e máscaras á escola. Os disfraces típicos de Halloween son: bruxas, pantasmas, esqueletes, monstros, vampiros ou aliens.
   
  A xente xove divírtese facendo os seus propios disfraces, pero algúns prefiren mercalos. Pola tarde disfrázanse e van á festa de Halloween da súa escola. Os colexios están decorados con cabazas, pantasmas, bruxas e morcegos.
   
  É unha tradición popular facer cabazas labradas ( Jack-o-lanterns ). A xente ponas diante das ventás das súas casas. Este tipo de cabaza labrada tamén ten orixe celta.
   
  Hai divertidos xogos de Halloween como “bobbing for apples”, no que os nenos e nenas teñen que coller mazás dunha tina chega de auga usando soamente a boca. Os alimentos favoritos de Halloween son as mazás de caramelo, as noces, o regaliz, os flocos de millo e a torta de cabaza.
   
  Os adolescentes americanos fan unha festa de Halloween pola noitiña. A festa celébrase normalmente no ximnasio da escola e todos levan disfraz e máscara. O mellor disfraz gaña un premio.
   
  Fotos
 
     
 
 

© CEIP CANICOUVA - R/ Canicouva nº 22, 36213 Vigo

Tf: 986 29 31 94 - 986 23 61 23 / Fax: 986 29 31 94