Welcome
Celebrations
  Halloween
  Christmas
  Peace
  Carnival
  Easter
Links

 

 

 

 

 
   
 
 
 
   
 
   
  O Día Internacional da Paz estableceuse baixo a resolución de 1981 das Nacións Unidas ó coincidir coa apertura da Asemblea Xeral, que foi inaugurada o terceiro martes de setembro de 1982. Co inicio do 20 aniversario no 2002, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas escolleu o día 21 de setembro como data permanente para o Día Internacional da Paz.
   
 

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas decidiu que sería apropiado establecer o Día Internacional da Paz:

"para establecer unha época concreta na que se concentren os esforzos das Nacións Unidas e os seus estados membros, así como toda a humanidade, para promover os ideais de paz e dar probas evidentes do seu acordo de paz de tódalas formas posibles... (O Día Internacional da Paz) debería dedicarse a conmemorar e fortalecer os ideais de paz coa axuda de tódalas nacións e tódalas xentes e entre todas elas".

   
 

A resolución da Asemblea declarou que o Día Internacional da Paz:

"serviría como unha lembranza para tódolos pobos de que a nosa Organización, con tódalas súas limitacións, é un instrumento vivo ó servizo da Paz e debería servirnos a todos aquí dentro da Organización como un constante "toque de campá" relembrándonos que o noso permanente compromiso, sobre todo no que respecta ás intereses ou diferencias de calquera tipo, é a paz. Que este Día da Paz sexa en realidade un día de paz”.

 

 
   
     
 
 

© CEIP CANICOUVA - R/ Canicouva nº 22, 36213 Vigo

Tf: 986 29 31 94 - 986 23 61 23 / Fax: 986 29 31 94