Welcome
Celebrations
  Halloween
  Christmas
  Peace
  Carnival
  Easter
Links

 

 

 

 

 

 
   
 
 
 
   
 
   
 
O día 25 de decembro Gran Bretaña e os Estados Unidos (así como moitos outros países) celebran o Nadal. A palabra Christmas vén do inglés antigo ‘Cristes maesse', a misa de Cristo. Neste día os cristiáns celebran o nacemento de Cristo.
  Por que se celebra o día de Nadal o 25 de decembro?

O Nadal vén de dous festivais pagáns. A xente celebraba o solsticio de inverno o 21 ou 22 de decembro. Os emperadores romanos escolleron o día 25 de decembro como o nacemento do sol (natalis solis).
   
  Despois do solsticio de inverno, os días fanse máis longos e o sol está máis alto no ceo. Na antiga Roma esta era a estación de Saturnalia. Saturnalia era o tempo de festa. Durante esta estación os romanos intercambiaban regalos.
   
 

A tribus paganas do norte de Europa divertíanse nun festival de inverno que duraba 12 días chamado Yule (Nadal). Yule tiña as súas propias tradicións como: os doces de nadal, os abetos, acivro, muérdago e regalos. Os abetos seguen sendo un dos símbolos do Nadal. Hoxe en día unha pola de muérdago na casa ten outro significado: cando un home e unha muller se atopan baixo o muérdago normalmente bícanse. O costume de bicarse baixo o muérdago é un antigo ritual celta.

   
  O Nadal no medievo era un longo evento. Duraba doce días como o festival de Yule. As celebracións comezaban o 25 de decembro e remataban na noite do 6 de xaneiro.
 

O Nadal é a maior festa no calendario americano e británico. Sen embargo, en Escocia, o Aninovo é máis importante. En Gran Bretaña e nos Estados Unidos a xente prepara o Nadal varias semanas antes do 25 de decembro. As cidades e as vilas están belamente decoradas con símbolos navideños: árbores de nadal, Santa Claus, luces de cores e moitas máis cousas.

 
     
 
 

© CEIP CANICOUVA - R/ Canicouva nº 22, 36213 Vigo

Tf: 986 29 31 94 - 986 23 61 23 / Fax: 986 29 31 94