Cando nos comentan que os virus están na linde entre o que consideramos materia viva e materia inerte, é, en boa maneira porque os virus non son quen de reproducirse por si sós.
Para replicarse (propiamente non se reproducen) necesitan tomar ao asalto a un ser vivo (unha célula ou unha bacteria), e obrigala a fabricar os elementos necesarios para fabricar novos virus.
Nas dúas imaxes desta entrada, podedes ver, nunha dun xeito un pouco máis xeral e noutra algo máis detallado, o proceso de replicación dos virus.
Nun primeiro momento o virus ataca a unha célula anclando a cápside á parede celular, e libera o material xenético que ten no seu core no interior da célula.
Tras este proceso de fabricación, e unha vez esgotada a célula, os virus saen dela, destruíndoa, para ir á conquista doutras células onde repetir o proceso.