Saltar navegación

Enfermidades contaxiosas

Enfermidades Infecciosas

As enfermidades infecciosas son aquelas causadas por organismos, como poden ser as bacterias, os virus, fungos e parásitos,

Moitos destes organismos viven fóra, pero tamén dentro do noso corpo, e moitos deles son inofensivos ou mesmo beneficiosos para nós.

Algunhas destas enfermidades infecciosas pódense transmitir de persoa a persoa, na maior parte dos casos ao través do paso directo de bacterias ou virus dunha persoa a outra, cando, por exemplo alguén esbirra preto doutro.