Medidas de prevención dos contaxios
Os porques destas restriccións.
Por qué non damos a man nen bicos?
O coronavirus pode permanecer activo durante algunhas horas fóra do corpo, dependendo das características da superficie.
Na nosa vida cotián tocamos toda clase de superficies onde pode que estea o virus, que puido chegar a elas polo espirro dalgún enfermo.
Se temos o virus na man aínda non estamos infectados, porque a pel nos protexe. O virus aínda está fóra do noso corpo.
Pero coas mans adoitamos tocàrmonos o naris, a boca, os ollos... e por elas o coronavirus si que pode entrar no noso corpo... e ademáis se os temos na nosa pel podémosllo pasar a outras persoas ao darlles un bico ou a man.
(Fonte Principia Marsupia)
Por que lavar as mans?

Eiquí entra a maxia do xabrón.
As moléculas do xabróns están formadas por unha cabeza que atrae á auga, e unha cola raxa.
Así, a cola das moléculas do xabrón engánchanse á envoltura de graxa do virus e desfai a súa estrutura.
(Fonte Principia Marsupia)
Por que a distancia social de un metro e o confinamento na casa?
A distancia social é unha ferramenta que os encargados da saúde pública recomendar para diminuír a multiplicación dunha enfermidade que se transmite de persoa a persoa. Hai que se manter lonxe dabondo doutras persoas para que o coronavirus non se transmita.
A distancia social non evita o 100% dos contaxios, pero axuda enormemente a súa redución.
Se o facemos correctamente e a grande escala, a distancia social racha ou diminúe a cadea de transmisión. Pensade que as persoas poden transmitir o coronavirus dende, cando menos, cinco días antes de amosar síntomas.
A distancia social limita o número de persoas cos que un infectado ten contacto e aos que pode contaxiar, aínda antes de se decatar de que ten o virus.
(Fonte: Thomas Perls en Publico.esl)
Convírtete nun divulgador da prevención
Realiza un mural onde expoñas as medidas que temos que tomar para evitar a propagación do Coronavirus.
Faille unha foto e difúndeo polas redes sociais.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0