Saltar navegación

Que son os virus?

Que son os virus?

Os virus son axentes infecciosos microscópicos, cunha composición máis simple que as células e as bacterias, e que necesitan para replicarse penetrar nunha célula.

Basicamente un virus é un material xenético (ADN ou ARN), o Core, envolto nunha estrutura feita de proteínas que se chama cápside. A maiores algúns virus dispoñen dunha envoltura feita con glicoproteínas que lle dá unha forma característica con espículas.

Os virus con ADN cando infectan a unha persoa, unha vez que a infección remite poden quedar latentes dentro do corpo do infectado, e poden volver a brotar.

Os virus con ARN, unha vez que se supera a infección desaparecen do corpo. Ademáis o corpo manterá os anticorpos axeitados para a defensa do mesmo fronte de novas infeccións do virus.

As formas que poden adoptar os virus son moi variadas, pero básicamente se poden clasificar en tres tipos:

  1. Icosaédricas (máis ou menos redondeadas)
  2. helicoidais (coma unha hélice)
  3. Formas máis complexas

Nesta imaxe podemos ver algunhas das múltiples formas que poden chegar a adoptar os virus.

Actividade despregable

Ler e completar o seguinte texto.

Os virus teñen tres partes, un núcleo chamado , que contén material , e que está rodeado por unha estrutura feita por proteínas chamada a .

Moitos virus poden ter unha feita con glicoproteínas.

Habilitar JavaScript

Diferenzas entre virus e bacterias

Resume

Despois de ver o vídeo anterior podes facer un cadro comparativo entre virus e bacterias, a respecto de tamaño, estrutura e reprodución.

Virus Bacterias
Tamaño
Estrutura
Reprodución
Tratamento