Bibliografía na rede

Aproveitando o ano de Darwin puxéronse a disposición dos usuarios de internet  diversos libros para a súa lectura en rede.  Dende eiquí poñemos os enlaces a estes recursos por se queredes consultar algun destes libros.

O primeiro dos libros é o Diario dun naturalista ao redor do mundo, no que recolle as súas impresións ao longo dos cinco anos de viaxe a bordo do HMS Beagle. 

Este libro de Darwin está en certo sentido inspirado no Cosmos  do eminente  xeógrafo alemán Humboldt, que tamén está dispoñible para lectura en rede.

Como mostra do interese polas etnias americanas o escrito do encontro co xeral Rosas na Patagonia arxentina.

Por último o seu libro máis importante é a orixe das especies, no que expón a súa teoría evolutiva.

Desfrutade coa lectura!!!!