A vida de Charles Darwin

Darwin naceu na vila de Shrewsbury, preto de Gales. Alí fixo as súas primeiras letras ata que comezou a estudar, sen demasiado interés, a carreira de mediciña na Universidade de Edimburgo.

O HMS BeagleFracasado nos seus estudos o seu pai mandouno a Cambridge para estudar para Pastor no Christ's College, pero, afortunadamente para a ciencia, alí coñeceu a Henslow un botánico que o orientará cara ao estudo da natureza ademáis de conseguirlle un posto de persoa de compaña do comandante FitzRoy a bordo do HMS Beagle na súa viaxe ao redor do mundo.

Á volta Darwin casa e trasládase a vivir a Londres, entregándose con ardor ao traballo, tanto que enferma. Así a familia decide trasladarse ao campo, a Kent, onde na súa casa de Down residirá deica o seu pasamento.

Mira a liña do tempo de Darwin para ampliar estes detalles, e consulta as fontes que se marcan no apartado de recursos. 

Baixa de internet mapas de Inglaterra e un mapamundi, e usando a ferramenta de Google maps   localiza neses mapas os lugares de interés da vida de Darwin (Shrewsbury, Edimburgo, Cambridge, Londres, Downe, Cabo Verde, Bahía Blanca, Valparaíso, as illas Galápagos, Australia, as illas Cocos...). Elabora con eses mapas un cartel da XeoBiografía de Darwin.

Recursos

Biografía de Darwin (na Wikipedia)

Biografía de Darwin (En Biografía e Vida)

Biografía de Darwin  (Geocities)

Biografía de Darwin (Planeta Sedna)

Mapas para baixar (Recorda que Inglaterra é United Kingdom en inglés)