Benvid@s á evolución

Charles DarwinCúmplese este ano o 200 aniversario do nacemento e o 150  da publicación do libro "A Orixe das Especies" do naturalista inglés Charles Darwin. 

Con este libro séntanse as bases das modernas teorías sobre a aparición e a evolución da vida neste noso planeta. Con esta obra, ao igual que Galileo fixo coa astronomía, bótanse por terras as explicacións carregadas de oscurantismo relixioso que abafaban á investigación científica.

Debemos moito a Darwin, polo de pronto, sabérmonos unha especie máis dentro do noso variado mundo, iso si, unha especie moi particular, que é quen de reflexionar sobre si mesma e sobre a natureza e que pode, para mal en moitos casos, cambiar o planeta.

Imos tentar aprender, aproveitando este aniversario,  un pouco sobre a vida e a obra de Darwin, investigando para iso na rede e na biblioteca, sobre algún dos apartados nos que dividimos este traballo: Biografía, Influencias e Selección Natural. 

Disfrutade do traballo!

JClic