As 4 ideas básicas da teoría da Evolución
Darwin e Wallace non só se decataron de que as especies proviñan doutras anteriores das que foron evoluíndo, algo que tamén defendía o avó de Darwin ou Lamarck, senón que se decataron de cal era o motor de todo ese proceso.
As catro ideás básicas da súa teoría son:
| A ascendencia común de todas as especies: Todos os animais vivos hoxe en día proveñen dun antepasado común. |
|
![]() |
A variación é a base da especiación: A través de pequenas variacións de caracteres unha mesma especie divídese en varias especies adaptadas as súas circunstancias de alimentación, hábitat... |
| A supervivencia do máis apto: Aínda que esta frase non a enunciou Darwin senón Spencer, expresa o motor do proceso de selección natural. Algúns cambios favorecen a supervivencia e o éxito reproductivo dalgúns exemplares, que transmiten esa transformación á súa descendencia. |
![]() |
![]() |
Gradualismo: Darwin teorizou que o proceso evolutivo debeu transcurrir gradualmente e non por saltos, primeiro porque non se observan saltos nos tempos presentes, e unha variación moi esaxerada, con case toda a probabilidade, sería eliminada polo proceso de selección natural. |
Investiga, usando os enlaces do apartado de recursos, sobre estes catro aspectos da teoría evolutiva e fai un pequeno resume. Realiza unha presentación de diapositivas cos textos que elabores.


