| Normas reguladoras da lectura e do préstamo na biblioteca
1.- PARA A POSTA EN MARCHA
- A primeira visita á biblioteca realizarase do seguinte xeito: a titora acompañará ó seu grupo de alumn@s na hora lectiva que lle corresponde e explicará a organización da mesma.
- É conveniente que a profesora os/as oriente na elección das súas lecturas polo que é necesario pase primeiro pola biblioteca para facer unha selección previa.
- O horario da biblioteca colocarase nun sitio visible da aula e respectarase o establecido para cada curso.
- Os préstamos e devolucións faranse tan só no recreo o día que corresponde.
- Cada alumn@ e profesora dispoñen dun carné cos seus datos persoais, número de lector/a e foto para levar libros en préstamo.
- Cada titora debe pasa-lo listado do alumnado que non ten carné xunto coa foto carné de cada un deles.
- Pídese ó profesorado que comunica as necesidades que detecte para facer inversións na biblioteca.
- Do mesmo xeito tamén pode comunica-los fallos que observen para poder enmendalos.

2.- PRÉSTAMOS
- A biblioteca é un lugar de estudio, traballo, lectura, ... polo que, para conseguir un ambiente axeitado e que estas actividades se poidan facer con normalidade, deberá manterse silencio e non se poderán levar bebidas nin comida.
- Non se prestarán as grandes obras de consulta, dicionarios, enciclopedias, atlas, nin tampouco as revistas. (Estes libros estarán sinalizados cun “gomet” vermello).
- Os préstamos faranse na hora do recreo das 11.55 ás 12.25 horas. Cada curso ten un día marcado no horario.
- Poderán retirar como máximo 3 libros de cada vez.
- A duración do préstamo será de 2 semanas, prorrogables por outro período de igual duración, sempre e cando o libro prestado non fose solicitado por outro lector, nesta e nalgunha outra circunstancia determinada, o período de préstamo poderase reducir.
- Os préstamos de aula terán unha duración máxima dun mes podendo ser renovables.
- A demora da devolución dos libros orixinará unha sanción que vai dende a amoestación verbal (se non excede de dous días) ata a retirada da tarxeta de préstamo por un período dun mes, tres meses ou un ano, segundo a demora sufrida.
- O deterioro dos libros ou o extravío destes, obrigará ó lector beneficiario do préstamo ó pago dos gastos que orixine a reparación ou compra dun libro novo.
- Cando un libro sexa moi solicitado e non se dispoña de exemplares suficientes para atender a tódalas peticións, poderase rebaixar a duración do préstamo a sete días, sen dereito a prórroga.
3.- UTILIZACIÓN DA SALA E DOS ORDENADORES DA BIBLIOTECA
- A sala da biblioteca pódese utilizar para impartir clase cando se vaian utilizar os materiais da mesma (libros, periódicos, revistas...) e para realizar actividades de animación á lectura.
- Para evitar coincidencias os profesor@s que desexen facer uso desta instalación deberán facelo na hora que teñen asignada semanalmente no horario da biblioteca.
- A biblioteca débese usar para ler ou facer traballos que requiran o uso dela. Non pode ser un lugar de castigo.
|