| Novas da biblioteca:
1.- Letras Galegas 2006: Manuel Lugrís Freire
O Día das Letras Galegas dedícase a este escritor, poeta, xornalista, dramaturgo e intelectual galeguista. Se queres coñece-lo un pouco aquí tés algúns enlaces moi interesantes:
- http://www.realacademiagalega.org/letters/ViewHonoredFigure.do
- http://www.17demaio.org/
- http://www.culturagalega.org/especiais/letrasgalegas2006/lugris.php
- http://gl.wikipedia.org/wiki/Manuel_Lugr%C3%ADs_Freire
2.- Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 05/06
O profesorado responsable das bibliotecas escolares integradas na primeira convocatoria do Plan de Mellora ( plan do que forma parte o CEIP Curros Enríquez) e que están a pleno funcionamento neste curso 2005/2006, reunímonos en Sanxenxo os días 23 e 24 de marzo nunhas intensas xornadas de formación para analizar, debater e profundizar nas funcións das bibliotecas escolares no conxunto do centro educativo, como recurso esencial para o ensino e a aprendizaxe. O día 1 de abril continuouse a actividade formativa cunha sesión intensiva sobre o programa de xestión para as bibliotecas escolares, MEIGA, que se celebrou en Santiago, no IES San Clemente.
3.- Curso de Biblioteca escolar II
A directora e maila responsable da biblioteca asistiron a este curso que perseguía alcanzar os seguintes obxectivos:
- Mellorar a formación do profesorado responsable da xestión, organización e dinamización de bibliotecas escolares.
- Promover a presenza de bibliotecas escolares activas, como recurso imprescindible nos procesos de ensino-aprendizaxe.
- Integrar as tecnoloxías da comunicación e da información nos procesos de busca documental.
- Dotar o profesorado responsable das bibliotecas escolares de recursos para impulsar desde as mesmas o pracer da lectura e o desenvolvemento de itinerarios lectores.
|