A Politica de calidade do CEIP Curros Enriquez é:
O CEIP “Curros Enríquez” ten definida a calidade como parte fundamental da súa política e estratexia e ten adoptado un sistema de xestión da organización baseado nos principios da calidade. En concreto, o referente fundamental son os requisitos expresados na Norma UNE-EN ISO 9001:2000.
Asumindo o espírito desa norma, o noso centro ten adoptada a calidade como unha filosofía de actuación que se identifica coas seguintes directrices:
- Atención ás demandas (explícitas e implícitas) dos nosos alumnos/as,pais, do persoal do centro e dos grupos de interese, escoitando a súa voz e procurando satisface-las súas expectativas.
- Aliñamento dos nosos procesos e dos nosos proxectos coa Finalidade e Obxectivo institucionais, procurando actuar conforme ás conductas que se recollen na formulación dos valores.
- Un afán de mellora continua en tódalas actividades a través das que prestamos servicio ós nosos clientes, mediante un enfoque baseado en procesos nos que se contempla a súa planificación, desenvolvemento, revisión e mellora.
- A adopción de metodoloxías de traballo baseadas na cultura da evidencia, a xestión a partir de datos e a disciplina do traballo en equipo.
- A mellora dos resultados definiendo os indicadores e obxectivos e avaliando o nivel de logro dos mesmos.
Estas directrices despléganse a través dos seguintes procesos e proxectos:
- Implantación e desenvolvemento dun sistema da calidade según UNE-EN ISO 9001:2000.
- Medición e análise periódico da satisfacción de clientes.
- Revisión do sistema da calidade e actualización periódica de procesos.
- Auditorías internas e externas do sistema da calidade.
Despléngase, asimesmo, nos plans anuais a través da formulación e o cumplimento dos obxectivos. Os obxectivos do centro serán cuantificables e medibles a través de indicadores e todos eles constitúen os obxectivos da calidade; o seu grao de cumprimento será avaliado periódicamente. |