Respecto como punto de partida.
Fomentaremos un clima participativo, de pluralidade e de responsabilidade, partindo do respecto ás persoas, ós medios, ás instalacións, á sociedade e ó medio ambiente, facilitando así o desenrolo de actitudes positivas, de autocontrol e de mellora persoal.
Disciplina.
Asumida e comprendida como medio facilitador do desenvolvemento do progreso e madurez do alumnado.
Recoñecemento e asunción de responsabilidades.
Confiar nas persoas, dándolles oportunidades para que poidan asumir responsabilidades e recoñece-lo traballo ben feito.
Traballo en equipo.
Traballar con metodoloxía e disciplina en equipo, procurando a máxima participación, contribución, eficacia, satisfacción e rendemento no noso traballo.
Convivencia armonica e participativa.
Dentro de toda a comunidade educativa, considerando as opinións e as expectativas de tódolos sectores
Desenvolvemento emocional e intelectual.
Desenrolo integral dos alumnos/as para conseguir persoas equilibradas, sans, emprendedoras,e positivas coas súas vidas e coa sociedade na que están inmersas. |
Orientación axeitada.
Ás necesidades de toda e cada unha das persoas que forman a comunidade educativa, buscando a implicación de tódolos sectores que poidan apoiar e facilitar o desenrolo pleno de cada membro da comunidade educativa.
Seriedade, orde e limpeza.
Valora-la importancia da orde e da limpeza en tódolos traballos, nas instalacións do centro así como a seriedade e o compromiso na asunción de tarefas.
Comunicación e transparencia.
Escoitar de forma activa e mellora-la comunicación no noso centro de xeito que este sexa sentido como algo propio de todos/as e dá-la información necesaria de forma clara e se tomen as decisións de forma consensuada.
Educación e calidade.
Adoptar un sistema de calidade e de xestión por procesos e, tamén, unha cultura de proceso e maduración frente ó resultado efímero, e de relación de causalidade entre procesos e resultados.
Cultura de evidencia: datos e xestión visual.
Traballar con indicadores, baseándonos en evidencias e utilizar ferramentas que faciliten a xestión visual e a xestión baseada en datos.
Esforzo e traballo diario.
Dende o ámbito escolar e familiar como punto de partida do éxito escolar e persoal.. |