Comedor escolar
O profesor encargado de comedor é:
- D. Manuel Álvarez González
Profesorado colaborador no comedor:
O profesorado que colabora no comedor vixía, por quendas, o comedor de 13 h 45 min, hora na que se entra no comedor ata ás 14 h 35 min, hora en que o alumnado sae ao patio.
- D.ª Mª José Gómez Pumar (substituta de D.ª Mª Jesús García Rodríguez)
- D.ª Beatriz Martínez Buide
- D.ª Mª Concepción Pardo Cortiñas
- D.ª Sandra Quintas Vázquez
- D.ª Mª Olga Rodríguez Grande
- D.ª Lucía Valado Cruz
Nais colaboradoras da vixilancia do alumnado despois da comida:
Vixían ao alumnado nos patios do colexio das 14 h 35 min ata as 15 h 30 min.
- D.ª Ana Álvarez Rodríguez
- D.ª Gerardina Bologna Gasparrini
- D.ª Mª José Díaz Castiñeiras
- D.ª Isabel Fernández Álvarez
- D.ª Milagros González Silva
Facendo quendas semanais, o alumnado de 5º curso pon as mesas e o alumnado de 6º curso serve e recolle as mesas.
Este servizos de colaboración dos nenos/as fanse por quendas, sen distinción de sexo e por rigorosa orde alfabética, pretendendo que, ademais de prestar servizo sirva de formación para eles/as mesmos/as.
Todo o profesorado do centro que o desexa, pode utilizar o servizo de comedor.
Obxectivos xerais do comedor escolar
- Desenvolver e fomentar hábitos alimentarios saudables dende a escola, educar nutricionalmente, ensinar un comportamento social e ser centro de desenvolvemento de habilidades e de convivencia.
- Cubrir unha parte importante das necesidades nutricionais dos nenos/as, proporcionando menús escolares saudables. As outras comidas do día deben achegar o resto das cantidades axeitadas de enerxía e de macro e micronutrientes, que permitan un bo estado de saúde e un crecemento óptimo durante a idade preescolar, escolar e adolescente.
- Proporcionar unha alimentación variada para garantir a inxestión suficiente e adecuada de nutrientes e enriquecer a capacidade de adaptación do neno/a aos diferentes alimentos, sabores e texturas.
- Educar á familia a través dos hábitos dietéticos adecuados dos nenos/as e involucrala no programa do comedor escolar.
- Favorecer a integración do profesorado no proceso de educación nutricional na escola.
Normas hixiénicas no comedor
- Lavar as mans antes de comer.
- Manter unha postura correcta e unha actitude relaxada.
- Comer sen presas. Aconséllase que o tempo necesario para comer non sexa inferior a 20 minutos.
- Mastigar ben.
- Beber durante a comida.
- Saber utilizar os garfos.
- Utilizar o pano de mesa sempre que sexa necesario.
- Evitar falar coa boca chea, pero si conversar cos compañeiros/as.
- Manter limpa a mesa.
- Enxaugar a boca e cepillar os dentes inmediatamente despois de rematar de comer.
Normas profesorado do comedor
- Vixiar ao alumnado nos corredores, segundo as quendas establecidas, ata que se coloque no comedor.
- Coidar de que o comportamento do alumnado sexa correcto nas entradas, estancias e saídas do comedor.
- Vixiar que o alumnado teña todo o necesario no comedor e que coma o que se lle serve.
- Manter a orde, coidar de que falen con normalidade para non molestar aos/ás demais.
- Non servir o segundo prato ata que rematen o primeiro.
- Coidar de que a distribución dos alimentos sexa equitativa e correcta e que non se faga mal uso dos alimentos.
- Fomentar hábitos hixiénico-alimentarios e de convivencia entre o alumnado preocupándose da utilización correcta dos garfos, panos de mesa e vasos.
- Permanecer no lugar que lle corresponde de vixilancia, fóra do comedor, durante o período de recreo.
|