Equipo de Actividades Complementarias
Este equipo está formado por:
- D.ª Mª Olga Rodríguez Grande,
- D.ª Mª José Castro Mangana,
- D.ª Mª Jesús García Rodríguez e
- D.ª Josefa González Fernández.
Xefa deste equipo é D.ª Mª Olga Rodríguez Grande.
Este equipo modifícase para cada actividade programada, tal e como se presenta a continuación.
Para o estudio, planificación e desenvolvemento daquelas actividades nas que participa todo o colexio con motivo dalgunha celebración ou proxecto común de traballo para este curso e para aquelas que afecten a un ciclo ou nivel pero que non sexan estrictamente académicas, creándose unha Comisión de Traballo. O profesorado que forme parte delas ten capacidade de decisión sobre a forma de levalas.
O profesorado que participa nelas varía segundo a actividade de que se trate.
Cada comisión ten un momento do curso determinado.
Obxectivos xerais
- A integración da comunidade educativa nas celebracións populares da localidade, potenciando o respecto ás tradicións populares, como vínculo da unidade do pobo.
- Favorecer a interacción e intercambios entre os diferentes niveis dentro do centro e entre os centros educativos da zona.
- Potenciar actitudes competitivas dentro dun marco solidario e de traballo en equipo.
- Estimular a creatividade.
- Favorecer o desenvolvemento doutras materias diferentes ás presentes no currículo ordinario.
- Fomentar actitudes positivas e de respecto ó medio ambiente, a través do coñecemento e ordenación do mesmo.
- Potenciar o gusto pola lectura.
- Potenciar o gusto polas actividades plásticas.
- Potenciar o gusto pola música e as dramatizacións.
As actividades complementarias e extraescolares contempladas para o curso 2006/2007 son as seguintes:
- O Magosto: celebración con degustación e festa no patio do colexio.
- Festa de Nadal: festival, panxoliñas...
- Celebración de concursos de postais de Nadal.
- Participación da Rondalla do centro no Concurso de Panxoliñas, Canción Misioneira e outros.
- O Entroido: concursos, bailes de disfraces, talleres de carautas...
- Celebración da Semana dedicada ás Letras Galegas: festival, recital de poesía, conferencia.
- Excursións de fin de curso do alumnado dos distintos niveis.
- Participación no programa Voz Natura.
- Día da Árbore: celebración coa plantación de espazos autóctonos e traballos literarios.
- Do 5 ao 16 de decembro: conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia.
- Día 9 de decembro: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
- Trinta e un de xaneiro: Día da Paz, celebración con lectura do “Manifesto pola Paz”.
- Do 13 ao 17 de marzo: Semana da Prensa. Un día desta semana declárase con xornais.
- Entre o 3 e o 28 de abril: Día do Libro, leremos un libro e invitarase ao autor.
- Charlas e conferencias para o alumnado sobre temas de interese.
- Charlas para os pais/nais.
- Participación en concursos de pinturas, literarios, etc....
- Actividades de animación á lectura.
- Participación na Campaña do Deporte Escolar.
- Participación no xornal escolar.
- Actividades de conta-contos.
- Taller de fiado.
- Taller de reciclado.
- Participación no programa de Internet na Escola.
- Participación no teatro acudindo a representacións de:
- “Mooon” o 3º ciclo de Primaria.
- “Un avó especial” o 2º ciclo de Primaria.
- “El elefantito” para Educación Infantil.
- Participación en concertos para nenos de música popular galega.
- Gaiteiros da Xistra para 2º ciclo de Primaria.
- As formas na música para 3º ciclo de Primaria.
- Escenas musicais para Educación Infantil
- Visita ao centro interactivo de educación medioambiental, Naturnova de Vigo, para o 2º ciclo de Primaria.
|