| Programa de formación do profesorado
Durante o curso 2004-2005 o noso centro foi seleccionado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para integrar a Rede de Centros Educativos Galegos para a calidade G-5.
Todo o profesorado participou o curso pasado e segue a colaborar neste proxecto. A consellería a través de reunións, seminarios e cursos orientará ós profesores/as sobre como mellorar a calidade no centro en diversos aspectos, ó mesmo tempo que revisará e avaliará todo o traballo realizado polos mesmos, coa finalidade de conseguir ó cabo de dous anos o certificado de calidade para o centro.
Todo o profesorado do colexio participa nun dos dous grupos de traballo convocados polo Cefore de Ourense cos títulos: “Implantación do sistema de calidade” e “Elaboración da páxina web do colexio”.
Tras enviar un proxecto sobre a Biblioteca, o centro foi seleccionado para formar parte do PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2005-2006 convocado pola Consellería de Educación. É por esto que o profesorado do centro asistiu a distintos cursos e encontros relacionados co tema:
- Encontro de responsables de biblioteca e representantes dos equipos directivos (27-09-2005) para orientar ós centros sobre o desenvolvemento do plan de mellora.
- Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 05/06
O profesorado responsable das bibliotecas escolares integradas na primeira convocatoria do Plan de Mellora, plan do que forma parte o CEIP Curros Enríquez) e que están a pleno funcionamento neste curso 2005/2006, reunímonos en Sanxenxo os días 23 e 24 de marzo nunhas intensas xornadas de formación para analizar, debater e profundizar nas funcións das bibliotecas escolares no conxunto do centro educativo, como recurso esencial para o ensino e a aprendizaxe. O día 1 de abril continuouse a actividade formativa cunha sesión intensiva sobre o programa de xestión para as bibliotecas escolares, MEIGA, que se celebrou en Santiago, no IES San Clemente.
- Curso de Biblioteca escolar, nivel II, ó que asistiu a responsable da biblioteca e a directora do centro.
Varios profesores/as do centro participaron noutros cursos convocados polo Cefore de Ourense:
- Actividades con música en Educación Física.
- Introducción á función docente.
|