CORO E RONDALLA
MEMORIA DE ACTIVIDADES
CURSO ESCOLAR 2.005-2.006
Un ano máis facemos con agrado o resumen de actividades realizadas polo Coro e Rondalla "Belén en Directo" ao longo deste Curso Escolar que está a piques de rematar.
Comezamos como xa é tradicional realizando a nosa primeira actividade coa participación na Misa-Novena que en honor de San Cibrao ten lugar na parroquia pertencente ao concello de Celanova de Acebedo do Río. Alí despois de participar cos nosos cantos na Eucaristía, damos un sinxelo e breve concerto. O seu párroco, Dn. Emerio, non só nos paga o autobús que nos traslada a dita parroquia, se non que tamén nos agasalla ao terminar a función relixiosa cun apetitoso piscolabis no que nenos e adultos participamos con moita ledicia. Tivo lugar esta actuación o 22 de setembro as oito do serán.
A seguinte actuación foi xa polas festas de Nadal, participando no Concurso Provincial de Panxoliñas que organiza o Centro Cultural Coelerni-Solpor en colaboración co Concello de Celanova. Tivemos que preparar coma tódolos anos dúas panxoliñas: unha tradicional e outra orixinal. Como tradicional presentamos a estreada o Nadal pasado e que se titula "Arroládeo no coliño " cuxa letra fora composta polo poeta actual celanovense Lois Antón, e a música composta por Juan López López. A panxoliña orixinal foi composta no seu aspecto literal e musical polo mesmo autor anterior: Juan López López . O premio alcanzado na modalidade infantil foi o Primeiro, recibindo o premio en metálico de 200 euros. Isto foi para nós, tanto nenos e nenas do Coro e Rondalla coma para os adultos que os diriximos, un motivo de gran ledicia.
Coma terceira actuación deste Curso Escolar fixemos a do Día da Paz e da Non violencia. Preparamos con moita ilusión a coñecida e bonita canción de Diego Torres: "Color esperanza" que tamén na interpretou todo o Colexio reunido no patio de recreo.
Pero aínda fixemos outra actuación máis coma a da Canción misioneira que tivo lugar na Pazo de Deportes "Paco Paz" de Ourense, o día 30 de Abril. Interpretamos a canción "A misión do corazón" cuxa letra foi escrita pola alumna de Instituto e que sigue pertencendo ao Coro e Rondalla, chamada Silvia Pereira Rodríguez; e a música composta por Dn. Xosé Ramón Estévez, sacerdote. E anque non obtivemos ningún premio estamos contentos de participar neste tipo de Festivais nos que se loita por uns valores tan evanxélicos como é a axuda aos máis necesitados da nosa sociedade.
E así, case sen darnos conta, ímonos acercando ao final deste Curso Escolar no que un ano máis, fixemos posible que a música estivera presente na mente e no corazón dos nosos escolares.
Estamos agora a preparar o Día das Letras Galegas no que interpretaremos algunhas cancións. Logo prepararemos a Festa de fin de Curso na que participarán coa súa presenza os pais e nais dos nenos e nenas de noso Colexio.
Tamén temos in mente a organización dunha sinxela excursión a veciña localidade de Allariz como premio polos sacrificios e esforzos que han de realizar os nenos e nenas deste colectivo musical escolar para ensaiar e participar nas diferentes actuacións que teñen lugar ao longo de cada Curso Escolar.
E isto é máis ou menos o acontecido neste Curso Escolar que a punto está de rematar.
|