Nacemento e desenvolvemento
Foi polo Nadal de 1986 cando, levado pola miña afección á música, propúxenlle ao alumnado de 6º B de EXB a posibilidade de participar no Festival de Panxoliñas que organizaba a Agrupación Cultural Coelerni-Solpor de Celanova.
Eles aceptaron e preparamos a panxoliña tradicional de “El tamborilero” que dun xeito moi sinxelo interpretamos no Salón de actos do Mosteiro de Celanova.
A experiencia resultou gratificante pois, ao ano seguinte, o grupo ampliouse aos alumnos e alumnas da 2ª etapa de EXB e contamos con máis instrumentos como guitarras, flautas e incluso un acordeón. Tamén foi este ano cando bautizamos a este Coro e Rondalla aínda incipiente co nome de Belén en directo, que lle puxeron os propios compoñentes. |

1987-1988 |
|

D.Albino Fernández Díez |
|
E como tiñamos que interpretar unha panxoliña orixinal e outra tradicional eu comenteille a D. Juan Cruz Martínez, home de moitos coñecementos musicais tanto teóricos como prácticos, a posibilidade de que el nos axudara nesta tarefa, cousa que fixo de inmediato, escribindo a letra da panxoliña orixinal titulada “En el portal de Belén”; a música púxolla D. Albino Fernández Díez, sacerdote salesiano, residente en Allariz. Ámbalas dúas persoas, D. Juan e D. Albino colaboraron ano tras ano, para poder presentar ditas panxoliñas orixinais aos Festivais de Nadal, acadando en varias ocasións o 1º premio na modalidade infantil. Como dato anecdótico quixera destacar o feito de que ámbolos dous persoaxes foran nados un 23 de decembro víspora de Noiteboa.
No curso 1988/89, suxerinlle a D. Manuel Vázquez Outeiriño, director do colexio, naquel entonces, a posibilidade de mercar algúns instrumentos musicais de corda, tales como bandurrias, mandolinas, laúdes, para que os alumnos e alumnas que o desexaran, poideran aprendelos. A dirección do colexio mercou ditos instrumentos e comezamos a ensinar a tocalos aos nenos e nenas que mostraban interese por aprendelos. E así foise consolidando esta nova actividade de carácter complementario e extraescolar.
|

D.Juan Cruz Martínez |
|
Cando ao noso colexio se lle concede a plaza de profesor especialista de Música, o Coro e Rondalla colabora con dito profesor. O nomeamento da profesora D.ª Rosa Marras González como especialista de Música do colexio, supuxo para o Coro e Rondalla un forte empuxe e crecemento. D.ª Rosa, dotada dun don especial para esta ensinanza, logra que os nenos e nenas do colexio acaden uns niveis moi elevados no dominio da flauta, na lectura musical e no canto, aspectos estes que influirán positivamente nos nenos e nenas que forman parte do Coro e Rondalla. Ademais consegue tamén que a hora que hai despois de comer de recreo se lle dedique todos os martes exclusivamente ao ensaio do Coro, para que esta actividade non se vexa entorpecida por calquera das outras actividades extraescolares que teñen lugar nesa mesma hora da xornada escolar.
O número de alumnos e alumnas que solicitan esta actividade é moi numeroso sendo na actualidade arredor duns 70 nenos e nenas. Esta actividade é totalmente gratuíta e voluntaria.
|

1989-1990
|
|
Con este Coro e Rondalla actuamos no colexio ao longo do curso escolar nas diferentes efemérides: Nadal, Día da Paz, Letras Galegas, fin de curso. Pero tamén realizamos actuacións fóra do colexio coma nos Concursos de Panxoliñas que organiza a Agrupación Cultural Coelerni-Solpor coa colaboración do Concello de Celanova; nos Festivais contra á droga que organizou o Concello de Celanova; nos Concursos de Panxoliñas que organiza o Concello de Ribadavia e Ourense; nalgunhas misas que en honor do seu patrón celebran as parroquias de Celanova: Acebedo, A Gandarela, Albos, Celanova; nos Festivais da Canción Misioneira: Cidade dos Muchachos-Bemposta (Ourense), Celanova, Xinzo, Maceda, A Gudiña, Pazo dos Deportes “Paco Paz” de Ourense. Nalgúns destes últimos Festivais participamos en colaboración co Coro da Parroquia de Celanova que dirixe Rubén Pérez Casal.
Pero, tal vez, o noso éxito máis chamativo fose o conseguir o primeiro premio no Concursto ENTRE NÓS, EN GALEGO que organizaba a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e que tivo dúas fases: provincial e autonómica. En ámbalas dúas acadamos o 1º premio na modalidade de Educación Primaria. Foi, por suposto, unha experiencia moi interesante e estimulante que nos animou a continuar neste noso empeño en educar musicalmente aos nosos alumnos e alumnas convencidos tamén que así reciben unha educación máis humana.
O premio foinos entregado no Auditorio de Santiago de Compostela de mans de D. Manuel Fraga Iribarne, presidente da Xunta de Galicia, e que recibiu D.ª Rosa Marras González. A continuación interpretamos a canción gañadora titulada Imos de excursión, composta polo celanovés Fernando Rodríguez Méndez.
Neste curso escolar D.ª Rosa Marras González pasou a ocupar unha titoría de 2º de Primaria e no seu lugar veu D.ª Sonia Rodríguez Paz, que tamén continua colaborando na formación e desenvolvemento do Coro e Rondalla do colexio dun xeito moi eficaz.
Contamos tamén para as actuacións cun pequeno grupo de Antigos Alumnos que nos brindan no aspecto instrumental a súa colaboración.
Os pais e nais dos alumnos e alumnas pertencentes a este colectivo musical préstannos tamén o seu apoio ao igual que os profesores e profesoras do colexio presididos pola nosa directora D.ª Mª José Castro Mangana.
Deste xeito faise posible que ano tras ano este grupo musical escolar siga vivo e operante.
Celanova, 5 de maio de 2006
Os responsables actuais do Coro e Rondalla
Sonia Rodríguez Paz Ricardo Modesto Camba Conde |