PRINCIPAL

O NOSO COLEXIO
Quen somos
Onde estamos
Horario e calendario
Servizos
Instalacións
  | Comedor
  | Pavillón
  | Pistas polideportivas
  | Patios e xardíns
Aulas
  | Ed. Infantil
  | Ed. Primaria
  | Inglés
  | Informática
  | Audición e linguaxe
  | Ludoteca
  | Biblioteca
  | Música
  | Pedagoxía

NOTICIAS

RECANTO CREATIVO
O Trasno
Plis-plas
As Chans
Violeta
A Xanela
Pandereteiras

ANPA

VIAXA NA REDE

MAPA DA WEB

CRÉDITOS


Educación Infantil

Nestas aulas (catro en total, dúas delas no edificio anexo á escola) os rapaces/as máis cativos/as descubren o mundo da escola e viven as súas primeiras experiencias no seu camiño formativo.



Entre xogos, risas e algunha que outra rabieta comezan a compartir, a respectarse e a sentir o gusto por aprender.


Educación Primaria



Cada unha das doce aulas de primaria está adicada a unha personaxe importante da historia e cultura galega.



Cando ocupámo-la aula por primeira vez os/as mestres/as axúdannos a achegarnos a súa vida e obra.


Biblioteca

Contamos con máis de oito mil libros que nos axudan a protagonizar moitas aventuras na escola e na casa ó tempo que nos animan a viaxar polo tempo e polo espacio no noso tempo de lecer.



Temos tamén unha importante colección de materiais audiovisuais e revistas educativas. Se queres aventura, lánzate á lectura!


Ludoteca



Un espacio onde a aprendizaxe significativa cobra vida. Comprende tres recantos:
- recanto de lectura
- zona de xogos
- supermercado
 

Inglés



A partires de 3º de Primaria temos a clase de inglés nesta aula. Está moi ben equipada, con video, DVD, reprodutor de CD,videoproxector, conexión wiffi,biblioteca de aula e gran variedade de pósters e xogos en inglés que nos achegan a esta nova lingua dun xeito atractivo e lúdico.


Informática

Tódalas semanas imos á aula de informática e reforzamo-los contidos que traballamos na clase. Contamos con máis de vinte ordenadores e trece puntos de internet.



Tamén disfrutamos e aprendemos navegando pola rede, onde atopamos contos interactivos, xogos lúdico-educativos, cancións...


Música



Temos un aula de música grande, insonorizada e con moitos instrumentos. Nela aprendemos a sentir e a descubrir a música; cantamos, bailamos, tocamos instrumentos, facemos e interpretamos partituras. Tamen hai videoproxector e conecxión wiffii


Pedagoxía terapéutica




Funciona como centro de recursos didácticos, axeitado a todo o alumnado e máis concretamente ó que presenta necesidades educativas especiais. Conta con material de apoio á lecto-escritura, á lóxica matemática, á psicomotricidade , á orientación espacio-temporal...


Audición e linguaxe




Un lugar onde xogamos coas palabras e facemos exercicios de dicción, asociación, recoñecemento de letras


subir