|

Horario
Horario lectivo:
De 9 a 14 horas.
Comedor:
De 14 a 16 horas.
Calendario escolar
O
calendario
escolar para o presente curso 2013/14é o marcado pola
Consellería de Educación para tódolos centros
galegos sostidos con fondos públicos (Orde do 29 de maio/2013).
Período lectivo:
Do 11 de setembro ata o 20de xuño
de 2012.
Ed. Infantil 4 e 5 anos: inicio do curso
o 12 de setembro
Ed. Infantil 3 anos: inicio en función do calendario
de adaptación establecido polo centro.
|
Efemérides
As tres grandes festas que celebramos no noso colexio son: o magosto,
o entroido e a Semana das Letras Galegas.
O magosto
A principios do mes de novembro celebtramos o Magosto no patio
do colexio .Castañas e chourizos para todos e todas. Rematamos
a festa co son das pandereteiras de Chans. Tamén facemos
murais moi orixinais que adornan a escola.
O entroido
Na semana do entroido colocamos un Meco no vestíbulo do
colexio quen nos convida diariamente a unha trasnada que todos/as
cumprimos alegremente. O venres de entroido ten lugar o desfile
de comparsa
As Letras Galegas
É a nosa gran festa. Durante dúas semanas participamos
en moitas actividades que rematamos cun festival: facemos unha
pegatina (cunha frase relacionada co fomento do uso do galego),
eleximos un lema relacionado co contorno máis próximo
á escola (lavadoiros, fontes, canastros de Bembrive) arredor
do cal xirarán moitas e variadas actividades: excursións,
exposición de fotos, murais..., tamén sae a luz
unha nova edición da nosa revista escolar: A Xanela.
Hai outras xornadas que teñen un significado especial para
nós: día da paz, día internacional da muller,
día do libro, día da árbore, semana da prensa
e outros acontecementos locais, nacionais e internacionais que
requiren un tratamento especial tanto nas aulas (unidades didácticas)
coma fóra delas (actividades conxuntas no patio)
|