PRINCIPAL

O NOSO COLEXIO
Quen somos
Onde estamos
Horario
Servizos
Instalacións
• Aulas

NOTICIAS

RECANTO CREATIVO
O Trasno
  | e os animais
  | viaxeiro
• Plis-plas
As Chans
Violeta
A Xanela
Pandereteiras

ANPA

VIAXA NA REDE

MAPA DA WEB

CRÉDITOS




Este proxecto xurde da necesidade de sensibilizar á comunidade escolar e fomentar actitudes positivas cara a lingua galega, creando un ambiente favorable para a utilización da mesma como lingua vehicular. Con este referente, no mes de setembro de 1998 lanzouse á procura dun móbil que interesase particularmenter ó alumnado de tal xeito que ó tempo que se presentaba unha experiencia nova e que rachaba coa rutina escolar , se potenciara o uso do galego como lingua vehicular.

O primeiro paso foi a creación de personaxes atractivos para o alumnado. E asi pouco a pouco xurde a figura do Trasno Contacontos quen, a través das súas cartas animan os rapaces/as a maquinar, escribir e ilustrar máxicas historias.

O proxecto entusiasmou á comunidade escolar e o resultado foi, ata o momento, a elaboración de catro libros, tres deles publicados pola Consellería de Educación, e un máis en fase de recopilación:


• A Lavandeira Curiosa e o seu amigo o Trasno Contacontos (I)

• A Lavandeira Curiosa e o seu amigo o Trasno Contacontos (II)

• Contacontos e Curi e as súas amizades

O Trasno das Chans e os seus amigos os animais

Contacontos: o Trasno viaxeiro



A historia do Trasno Contacontos

Dende a chegada do Trasno...

Un día de outono, ó principio do curso 1998-1999 as nenas e os nenos do colexio recibiron unha carta: un TRASNO que vivía no piñeiro máis alto de Bembrive quería ser amigo deles/as.

A lavandeira curiosa e o seu amigo o Trasno ContacontosO TRASNO contaba na súa carta que el e a súa amiga a lavandeira CURI viñan a miúdo polo patio e guichaban nas clases... Ademais contaba un conto.

A partir de entón houbo moitas cartas entre o TRASNO e o alumnado de Chans e pouco a pouco foron facéndose amigos. O TRASNO, coñecedor e amante da natureza axudábanos a respeta-lo noso entorno invitándonos a escribir contos utilizando a nosa lingua. Ó remate do curso tiñamos un libro noso: "A lavandeira cuirosa e o seu amigo o Trasno Contacontos", traballo que mereceu un premio de innovación educacita da Consellería de Educación.

Ó comezar o curso 1999-2000, CONTACONTOS pedíu ós nenos e nenas que inventaran e se divertiran con el e con CURI. O TRASNO ía aparecendo polo noso entorno e nas nosas festas ¡ e ata veu á escola ! e así xurdíu un segundo libro: "A lavandeira curiosa e o seu amigo o Trasno Contacontos II" que foi editado pola Xunta de Galicia.

No curso 2000-2001 continuou a nosa aventura con CONTACONTOS. Nesta ocasión, os amigos e amigas de CONTACONTOS - a foca ULISES, o trasno KAFÚ, o merlo CARBÓN,... - serviron de protagonistas a historias que os nenos e nenas dos diferentes grupos da escola ían redactando e ilustrando. Cando o curso rematou tivemos outro libro: "Contacontos, Curi e as súas amizades". Tamén esta vez o traballo recibíu por terceiro ano consecutivo premio de innovación educativa e por segunda vez foi editado; ¡ cada neno e cada neno tivo o seu libro !

No curso 2001-2002 os nenos e nenas recibiron unha nova carta na que CONTACONTOS pedíalles que coñeceran a fauna do entorno e que seguiran inventando historias. Esta vez cada curso traballou sobre un animal: o arroaz, a donicela, a raposa, a maruxiña, a pega... que protagonizaban contos. O resultado foi outro precioso libro editado pola Xunta: "O Trasno das Chans e os seus amigos os animais".

A lavandeira curiosa e o seu amigo o Trasno Contacontos II
Contacontos, Curi e as súas amizades
O Trasno das Chans e os seus amigos os animais

O Trasno sigue a visitarnos e invitándonos a imaxinar e crear, e tódolos nenos e nenas de Chans estamos ledos/as coa súa amizade. Este ano o Trasno está adicando o seu tempo principalmente ó alumnado de educación infantil e con el viven historias moi divertidas que se están a recopilar nun libro chamado: "Contacontos: O Trasno viaxeiro"

Contacontos: O Trasno viaxeiro


 


subir