PRINCIPAL

O NOSO COLEXIO
Quen somos
Onde estamos
Horario e calendario
Servizos
Instalacións
  | Comedor
  | Pavillón
  | Pistas polideportivas
  | Patios e xardíns
Aulas
  | Ed. Infantil
  | Ed. Primaria
  | Inglés
  | Informática
  | Audición e linguaxe
  | Ludoteca
  | Biblioteca
  | Música
  | Pedagoxía

NOTICIAS

RECANTO CREATIVO
O Trasno
Plis-plas
As Chans
Violeta
A Xanela
Pandereteiras

ANPA

VIAXA NA REDE

MAPA DA WEB

CRÉDITOS


O C.E.I.P. de Chans Bembrive é unha escola pública que imparte as seguintes etapas educativas:

Educación Infantil - 2º Ciclo (3-5 anos)
Educación Primaria (6-11 anos)

A efectos da Educación Secundaria o centro está adscrito o IES Carlos Casares (O Meixoeiro).

Aquí traballamos para que esta escola sexa:

• Integradora
• Participativa e aberta
• Formativa en valores universais
• Acolledora e solidaria
• Concienciadora da nosa identidade
• Por riba de todo preocúpanos que o alumnado perciba unha actitude de apoio e orientación diante das súas preocupacións e necesidades.


Profesorado

O catálogo actual do centro é de 27 mestres/as incluíndo o de relixión:

• 16 mestres/as con titoría (4 delas especialistas en E.Infantil)
. 1 apoio a infantil
. 1 mestra itinerante con perfil d eoinglés
• 1 especialista en Ed. musical
• 2 especialistas en Ed. Física (unha delas con titoría)
• 2 especialistas en lingua inglesa (que se imparte dende os 4 anos).
• 1 especialista en P.T.
• 1 especialista en A.L.
• 1 orientadora
• 1 profesor de relixión
• 1 director con función docente.

Apostamos pola normalización lingüística do galego sendo esta a lingua vehicular do centro.


Alumnado

O alumnado matriculado no centro sobrepasa os trescentos. A maioría veñen á escola no transporte escolar e moitos/as son comensais do comedor.

Primaria:

Contamos con 12 aulas de primaria, dúas por nivel onde se escolariza o alumnado por orden alfabético preferentemente.



Infantil:

Está repartido encatro aulas: dúas de 3 anos, unha de 4 anos,e dúas de 5 anos.

Para facilitar a adaptación dos mais cativos/as á escola puxemos en marcha un plan de acollida que comeza a finais de xuño, cunha reunión cos pais/nais do futuro alumnado, seguindo ós primeiros días de setembro co achegamento ó colexio deste alumando acompañados dos pais/nais de forma progresiva no día e hora que eles/as elixen.
 

 


subir