PRINCIPAL
O NOSO COLEXIO
Quen somos
Onde estamos
Horario
Servizos
Instalacións
Aulas
NOTICIAS
RECANTO CREATIVO
O Trasno
| e
os animais
| viaxeiro
Plis-plas
As Chans
Violeta
A Xanela
Pandereteiras
ANPA
VIAXA NA REDE
MAPA DA WEB
CRÉDITOS |

O Trasno das Chans e os seus amigos
os animais
Limiar
Este outono seco e temperado de 2001, está a resultar moi
divertido. O bo tempo déixame facer moitas cousas que me
encantan: ir na procura de cogumelos, apañar castañas
para asar, escribir contos e historias de trasnos e trasnas, pasear
polo sendeiro Eifonso e polos montes do Pouso e Galleiro, xogar
cos meus amigos os animais, en particular, coa lavandeira Curi...
Agora
quixera contarvos un bonito soño que me impresionou. Aconteceu
onte pola tardiña cando parei a descansar no muíño
do Paio de Abaixo e quedei durmido. Era así:
<< Eu camiñaba pisando as follas multicores do
outono; amarelas, verdosas, tintas, acastañadas...Os meus
ollos erguéronse e ficaron prendidos da escasa follaxe
que aínda posuían aqueles castiñeiros e carballos.¡De
súpeto, un forte remuíño de vento arrincou
o meu pucho vermello, aquelas follas comezaron a voar convertidas
en paxaros de cores!. Un fermoso paxaro azul, avanzaba diante
da bandada. Achegouse ó meu oído e susurroume:
-Trasniño de Bembrive, traio unha mensaxe para ti.
En todos estes lugares habitan moitos animais, descoñecidos,
ás veces, polos nenos e nenas da escola: a fauna que nos
rodea, que se agacha no río, no bosque, no mar...¿Por
qué non invitas ós teus amigos e amigas do colexio
Chans a investigar e coñecer algúns destes animais?...
O paxaro azul, colleu altura e continuou o seu vó en dirección
á Ría. Os outros paxaros acompañárono
>>
Espertei abraiado e pensei en escribirvos de contado. Gustaríame
ver cumprido o desexo do paxaro azul que xa é o meu desexo.
¿Qué vos parecería un novo libro feito entre
todas e todos que vos axudara a coñecer e querer máis
ós nosos animais?. ¡Conto convosco!.
Unha agarimosa aperta
Contacontos
A donicela
Tamén é coñecida como : denociña,
denosiña, delosiña, dolosiña, dona das paredes,
doniña, garridiña, etc...
Grupo: vertebrados. Clase: mamíferos. Orde: carnívoros.
Familia: mustélidos.
Hábitat: vive nos campos cultivados, nos bosques,
nos valados de pedra, etc. Habita en toda Europa excepto Irlanda
e Islandia.
Alimentación: é moi voraz, aliméntase
de: ratos, leiróns, coellos, paxaros, toupas e reptiles.
Reproducción: está en celo entre Xaneiro
e Outubro; pode ter ata tres partos anuais e en cada parto pare
de catro a oito crías.
Curiosidades: entre os gregos debeu te-lo mesmo papel que
o gato para nós, cazar ratos que lle gustan moito.
O susto do Trasno
Un
día o trasno Contacontos camiñaba polo Pouso (Bembrive),
cando viu que no burato dun castiñeiro mirábano
uns olliños pequenos e brillantes, e el, curioso, quixo
saber de quen eran aqueles ollos, con coidado, meteu a man, rápido
coma un lóstrego, un animal mordeulle un dedo; o trasno
sacou a man pero o animal non o soltaba e segundo sacaba a cabeza,
viu que se trataba dunha donicela.
Contacontos, preocupado, recordou o perigosas que eran as mordeduras
deste animal segundo di a literatura popular:
Se te roe a donicela,
coce pan e busca vela,
que mañán che darán terra.
Se te roe o alacrán,
busca a cera e mailo pan;
se te roe a denociña,
busca ó cura e ven axiña.
O trasno anguriado foi correndo a súa casa para buscar
no libro de Medicina como se podía curar a mordedura, que
segundo o libro, non era moi perigosa a non ser que a donicela
tivera a rabia. A donicela asustada tremía, os nenos acariñárona
para que se tranquilizara. Nisto achegouse ó grupo un veciño
de Chans que ó ver ós nenos coa donicela, puxo mala
cara e dixo:
-¿Que facedes coa miña donicela?
-Ímola levar ó veterinario para facerlle as probas
da rabia.
-¡Diso nada! ¡É a miña mascota!.
-A donicela mordeu ó trasno, e pode ser perigoso se ela
ten a rabia.

O arroaz
Tamén
é coñecido como: roaz, golfiño, golfín,
delfín, toniña e touliña.
É un mamífero acuático, da orde dos
Cetáceos é de familia dos Delfínidos.
Vive: No mar. Agrúpanse en manadas dentro das rías,
chegando as veces as proximidades da costa. Nadan sobre a superficie
dando saltos e poden seguir ós barcos.
O compoñente fundamental da súa dieta é
o peixe, aínda que tamén come: calamares, gambas
e crustáceos.
Son vivíparos, e son amamantados entre 10 e 18 meses.
Curiosidades : Ten un sistema de comunicación impresionante
e moi complexo mediante chasquidos e silbidos, (ata 400 sinais
diferentes). ¡Case unha linguaxe!.
Unha nova amizade
Un día de decembro, soleado, pero frío, os nenos
e nenas de 5º fixemos unha saída para coñece-la
ría de Vigo e visitar Cangas. Collemo-lo barco ás
10 da mañá e fixemos unha travesía estupenda.
Xa en Cangas visitamo-lo mercado ,a igrexa ,a parte vella e o
parque.
Na viaxe de volta, viñamos observando a beleza da nosa
ría: As Cies, Toralla, as bateas, Rande... Cando, de súpeto:
¡Un arroaz! ¡Un arroaz!
Primeiramente pensamos que era unha broma de Gabriel, pero axiña
vimos que alí viña, detrás nosa ,un arroaz.
Todos nos fomos á popa para chama-la súa atención,
ata lle tiramos un cacho de bocata que el colleu casi ó
voo. Logo preguntounos:
- ¿De onde sodes?
- Somos do colexio de Chans.
- E ti ¿como te chamas?-dixo Miguel.
- Eu son Lois, son amigo da foca Ulises, que vós xa coñecedes.
Somos veciños nas illas Cies, e xa me contou que estades
a traballar nun novo conto. ¡Quen ía pensar que nos
iamos atopar no medio da ria!
- ¿Qué sabedes de Kafú? Preguntounos .
- Hai uns días recibimos unha carta del dende Mozambique.
- Dinos que lles leu os nosos libros ós nenos e nenas do
seu poboado.
Gustáronlles tanto que se animaron a facer eles outro
coas súas lendas e di que nolo mandarán cando o
teñan rematado. Entrando no porto agardábanos Curi
, que se puxo moi leda ó vernos de parola con Lois, un
vello amigo que hai anos coñecera na praia de Barra.
- ¿E ti por aquí? dixo Curi dirixindose a
Lois.
- Oin moita algarabia neste barco e vin botar unha ollada .
- Lois ... ¡Ti tan curioso coma min!
- ¡¡Xa chegamos!!. Temos que despedirnos.
- ¡Adeus amigos e amigas.
- ¡Adeus Lois! Quedas invitado á festa do Entroido
que celebraremos no colexio.
- ¡Non esquezas vir disfrazado

O ourizo cacho
Tamén coñecido como: ourizo cacheiro e porco
espiño.
É un mamífero da orde dos Insectívoros
e da familia dos Erinaceidos.
É un poboador habitual de xardíns e parques
de toda Europa.
Vive en tódolos bosques galegos; en áreas
de cultivo e labradío e tamén preto dos ríos
e regatos.
Come preferentemente: caracois, miñocas e todo tipo
de insectos.Tamén come champiñóns e gústanlle
as lagartixas.
A súa xestación dura 33 días.Teñen
entre 2 e 7 crías e 1 ou 2 camadas ó ano. Os partos
teñen lugar de maio a outubro.
Curiosidades : O ourizo era moi apreciado polos labregos,xa
que é un gran inimigo das víboras , destruindo cantidade
delas. Hai cantidade de contos populares que falan de el.
O encontro con Pinchos
Un
sábado pola mañá o Trasno Contacontos e a
lavandeira Curi sairon pasear polo bosque e atoparon un ourizo
cacho.
- ¿Cómo te chamas? Preguntou Curi.
- Non teño nome- respondeu o ourizo.
- ¿Queres ser o noso amigo? Poñerémosche
un nome, propúxolle Contacontos.
- Encantaríame ser o voso amigo... pero teño curiosidade
por saber como vos chamades.
- Eu chámome Contacontos, e esta é a miña
amiga a lavandeira Curi.
- A ti chamarémosche Pinchos ¿Góstache?
- Si, moito. Pero agora teño que ir xunto os meus irmáns.
- Bueno, ata pronto -despediuse Curi.
- Ata logo, dixo o ourizo.
Os novos amigos pasaron moitos días paseando polos montes
de Bembrive. Fixeron tamén unha visita ó colexio
e presentaron a Pinchos, ós nenos e nenas de Chans.
Unha tarde, o Trasno e Curi foron de visita á casa de Pinchos,
pero non o atoparon. Cando xa ían marchar escoitaron uns
choros. Eran os irmáns de Pinchos.
- ¿Qué vos pasa? ¿Onde está o voso
irmán?
- Chegaron uns homes e capturárono -contáronlles
os irmáns.
- ¿Sabedes onde o levaron? preguntou Curi.
- Marcharon cara ó Norte.
- Entón intentaremos rescatalo, dixo o Trasno.
Curi e Contacontos foron correndo á casa de Relámpago
a pedir axuda .
- Coñezo unha casa de cazadores de ourizos detrás
desa montaña. Levareivos ata alí -díxolles
Relámpago.
Non tardaron moito en chegar e axiña descubriron o lugar
onde escondían a Pinchos. Relámpago derrubou a porta,
dándolle uns golpes coas patas dianteiras. Curi e Contacontos
entraron sen problemas e rescataron a Pinchos que estaba dentro
dunha gaiola, moi asustado, morto de frío e de medo.
Ó volver á casa, Pinchos organizou unha gran festa
para tódolos animais do bosque. Pasárono moi ben.
Ó rematar volveron para as súas casas esgotados,
pero moi contentos.
O teixugo
Tamén é coñecido por Porco teixo, teixo ,
teixón.
É un mamífero da familia dos mustélidos.
Vive en covas e gusta daquelas zonas con moita vexetación,
carballeiras e piñeirais.
Come case de todo, dende pequenos animais, miñocas,
caracois, ratos... ata vexetais, millo, froitos e raiceiras. Das
froitas encántanlle as uvas.
A súa xestación dura uns dous meses; teñen
de 2 a 5 crías de cada camada no ano. Cando nacen están
cegas e sen pelaxe.
Curiosidades Cachazudo e bonachón, adoita cazar
pola noite, empregando sempre os mesmos sendeiros.
Dende sempre prestou gran axuda ós labregos por destruírlles
gran cantidade de ratos, toupas e insectos perxudiciais para o
campo.
Un paseo de teixugos
Érase unha vez un teixugo chamado Xan, moi tranquilo, con
patas moi fortes e un cheiro algo especial. A Xan gustáballe
pasear polas fragas de Bembrive, sobre todo nas noites escuras.
Unha noite estrelada de Outono, ía dando coma sempre o
seu paseo cando escoitou unha voz coñecida que o chamaba.
- Espera ¡ho!.
- ¿Quen vai aí? Dixo Xan.
Era Pepote un veciño do monte Do Maruxente. Facía
moito tempo que non se vían e decidiron camiñar
xuntos esa noite. Falaron de moitas novas, Pepote, tamen lle contou
que o monte se volvera perigoso, pois había uns cazadores
buscando teixugos para facer coa pel brochas de afeitar.
Mentres falaban achegáronse a unhas viñas, e como
as uvas son as froitas preferidas dos teixugos, sentáronse
a papalas nunha pedra, e non se decataron que preto de alí
un labrego vixiaba, farto de que lle comerán as mellores
uvas.
-¡Lambóns!, ¡Lambóns! , ¡Con
que vou face-lo viño eu agora! Berrou para espantalos.
Xan e Pepote, asustáronse e saíron correndo a fume
de carozo sen fixarxe no camiño. Cando xa parecía
que estaban a salvo, Xan oíu un forte xemido.
-¡Oh, non!, !Un cepo! ¡Non sei como axudarche
-¡Pide axuda! ¡Axiña! antes de que cheguen
os cazadores dixo Pepote
Xan botou a correr preocupado, pois non sabia ben onde ir. Levaba
un tempo e a noite ía esmorecendo. De súpeto viu
un grupo de rapaces, eran da clase de 6ª que aquela mañanciña
foran ó monte a coller cogumelos. Xan dubidou, ¿seran
amigos dos cazadores?, entón recordou ¡Os nenos non
teñen barba ¡ así que ... ¿para que
ían querer eles brochas de afeitar? Ademáis se andaban
de paseo polo monte seguro que lles gustaba a natureza , e tamén
os teixugos, ¡claro!
Sen cavilar máis, foi e contoulles ós rapaces que
Xan estaba atrapado. Os nenos foron a axudalo, e como ademáis
coñecían unha pranta chamada Embrigo de Venus ,
puxéronlle nas feridas para que así curase antes.
Todos estaban moi contentos e fixéronse moi amigos , asi
que acordaron voltar para verse cada outono.
Despois , os nenos e nenas denunciaron os cazadores á policía
porque as peles dos animais onde mellor están e...(xa o
sabedes, ¿non?) cos seus donos , os animais ¡Claro!
A raposa
Tamén se lle chama golpe e o seu nome científico
é vulpes vulpes .
É un cánido salvaxe que se parece moito ós
félidos.
A raposa dos nosos bosques é así:
Pesa aproximadamente 7 quilos.
Ten a pelaxe castaño-roxa.
A cabeza é ancha e o fuciño puntiagudo .
Ten a cola moi grande e as patas curtas.
Pode vivir case en calquera sitio,(bosques, rocas, dunas...).
É nocturna .É moi solitaria excepto na época
de celo .
Come case de todo pero máis , toupas e ratos .
Cando ten crías, vive en madrigueiras ; alí
ademais de entrada principal fai túneles de fuxida para
casos de emerxencia.( ¡ Que astuta ! ¿ non si?).

A pega
Outros nomes son: pega rabilonga, urraca, pica pica..
O seu corpo é branco e negro, cunha longa cola que
lle serve como punto de equilibrio e para o cortexo.
A súa plumaxe é de cor verde na cola e azuis
as ás.
O peteiro e as patas son negras.
Ave que pertence á orde dos passeriforme e á
familia dos corvidae.
Vive en hábitats arbustivos preto dos ríos.
En Vigo sóense ver no monte do Castro.
É un animal omnívoro, come de todo, dende
grans ata carroña pasando por insectos, paxaros pequenos,
ovos, crustáceos ata froitos.
A súa reproducción é ovípara,
só unha vez ó ano.
Chócaos arredor de 18 días e os poliños
abandonan o niño cara ás 3 semanas de nacer.
Hábitos curiosos:roubar cousas brillantes que deposita
no seu niño,e facer moito barullo.
Culpable
ou inocente
Os nenos e nenas das Chans tiñan unha nova amiga: Lucinda,
a pega rabilonga que vivia en Bembrive. Sempre andaba a xogar
con Curi no monte e facianlle moitas trasnadas a Contacontos.
Durante o curso, á hora do recreo, as dúas acostumaban
a visitar ós nenos e nenas de 4ºB e estes compartían
a merenda con elas. Namentras, Contacontos os ollaba dende o piñeiro
máis alto.
Todo transcurría con normalidade ata que un día
pasou algo sorprendente que fixo que os nenos e nenas sospeitaran
da súa amiga Lucinda .
Os nenos e nenas de 4ºB e 4ºA foron visitar ó
porto pesqueiro de Vigo e como facia moita calor, deixaron as
ventás abertas para que estivera ventilada cando voltaran.
A mestra deixara a chave do armario sobre a mesa e o voltar desaparecera.
Todos estaban moi enfadados xa que dentro do armario estaban as
súas merendas e viñan famentos .
-¿Onde estará a chave? Preguntaron os cativos
e cativas.
De súpeto viron a Lucinda preto da ventá.
Un dos raparigos comentou:
-Seguro que foi a pega. As da súa especie rouban as
cousas que brillan.
-¡Foi ela! ¡Foi ela! berraron tódolos rapaces
.
Lucinda, apenada marchou en busca de Contacontos. Achouno no rio
Eifonso.
-Estou moi triste Contacontos Dixolle a pega .
-¿Que che pasou?
-Acúsanme dun roubo no aula de 4ºB. Desapareceulle
unha chave e bótanme a min a culpa.
-Non te preocupes .Ás veces as apariecias enganan e seguro
que os nenos están trabucados .
Namentras no colexio o misterio resolvérase. Ó deixar
as ventás abertas o vento tirou a chave ó chan e
a mestra atopouna xusto cando Lucinda marchaba chorando. De súpeto,
os nenos e as nenas déronse conta de que Lucinda non tivera
a culpa.
Estaban tristes e arrepentidos por desconfiar da súa amiga.
Despois de moito falar, foron na búsqueda de Lucinda e
atopárona xunto a Contacontos moi apenada.
-Querémosche pedir perdón por desconfiar de ti,
todo foi un malentemdido.Perdoanos por favor.
-Tranquilos. Todos nos trabu-camos. De tódolos xeitos,
antes de acusar a alguén hai que té-las probas para
facelo e non só crer nas apariencias. Éstas ás
veces engánannos.
Os nenos e as nenas aprenderon unha grande lección e foron
na búsqueda das súas merendas convidando a súa
amiga.

O esquío
Tamén é coñecido por: esquiu, esquivo
e adra.
É un mamífero da familia dos esciúridos
e da orde dos roedores.
Vive en bosques de todo tipo, tamén en xardíns
e parques. Hoxe en día está presente en todo-los
bosques galegos e tamén preto dos ríos e regatos,
aínda que non é un mamífero ribereño
gústanlle os ríos.
Aliméntanse preferentemente de semillas das árbores,
conchos, baias, tallos e tamén algúns insectos.
Gústanlle moito os piñóns, tamén as
castañas, cogumelos, codias, xemas ou gromos, caracois,
ovos e polos de aves.
Aparéase entre decembro e maio, ten de un a dous
partos o ano e trae de dúas a cinco crías en cada
un.
O niño faino nas copas das árbores sobre todo dos
piñeiros, ten sobre 30 centímetros de diámetro
e está formado por ponlas, herbas e mofos, é bastante
consistente.
Curiosidades : é unha excelente trepador, pode descender
coa cabeza para abaixo, vela é increible. Utiliza o rabo,
moi peludo e poblado de timón e de paracaídas, cando
salta de árbol a árbol.
O
animal misterioso
Un
día soleado do mes de xuño, na fraga de Bembrive,
os nenos e nenas de 3ºA do colexio Chans foron de excursión
ó monte. Ían tranquilamente paseando, cando de súpeto,
viron no chan unha piña roída. Entón decidiron
investigar quen era o que se podía entreter roendo as piñas
do monte, pero como non se lles ocorría nada pensaron que
o mellor sería consultalo co seu amigo o Trasno Contacontos.
Todos fixeron un corro, uniron as súas mans e chamáronno
moi forte. Cando abriron os ollos viron que ó seu carón
atopábase o Trasno.
O Trasno explicoulles que:
-Trátase dun mamífero cun rabo moi peludo...
Miriam precipitouse e dixo:
-¿Será un coello?
- Non replicou o Trasno- o animal que nos ocupa sempre está
subido polas árbores e gatuña sen parar, é
moi observador e gústalle dominar o bosque coa mirada.
Ningún deles precisou máis pistas e dixeron todos
á mesma vez:
-¡É o esquío!
Sen embargo, algúns dos rapaces e rapazas parecían
extrañados porque nunca viran ningún esquío
polos montes de Bembrive.
De repente, viron chegar voando un paxaro, que cando se acercou
resultou ser a súa amiga Curi a lavandeira.
-¡Ola Curi!- dixeron todos xuntos.
Máis tarde preguntáronlle se coñecía
algún esquío que vivise nos montes de Bembrive.
Curi guiou os nenos e nenas ata un piñeiro e preguntou:
-¿Estás ahí bo amigo?
Ningún dos alí presentes sacaba ollo do piñeiro,
pouco despois asomou un fermoso e tímido esquio das súas
ramas.
Curi pedíulle o esquío que lle contase se había
máis animais da súa especie pola zona.
-Mirade, dixo o esquío, hoxe hai moitos esquios coma
min espallados por toda Galicia e por suposto nos montes de Vigo
tamén, sen embargo, non sempre foi así.
Nos tempos dos meus avós soamente había esquíos
nos Ancares. Eu mesmo nacín alí, nunha terra moi
fermosa donde tiña moitos amigos coma o corzo, o cervo
e a pita do monte.
Un día decidín marchar, porque teño alma
de aventureiro, e cheguei aquí, a este antigo piñeiro
ó carón do voso colexio.
- ¿Estás contento en Bembrive?-dixo un dos nenos.
-¡Claro que sí! Aquí vai menos frío,
chove pouco e non neva.
Os alumnos e alumnas de 3ºA invitaron o esquio a visitar
a súa escola e ficaron moi contentos porque xa podía
decir que contaban cun novo amigo.
Despedíronse dos seus amigos e seguiron o seu camiño
dispostos a vivir unha nova aventura.

O merlo
Tamén é coñecido como: melro, cochosa,
cochorla e cochorra.
É un ave, da orde Paseriforme e da familia dos Túrdidos.
Vive nos campos con arbustos, xardíns e lugares
arbolados.É moi vivo, camiña a saltos e se se asusta
fuxe en vo baixo, lanzando fortes chillidos.
É ovíparo. Pode sacar ata tres niadas ó
ano.Pon de tres a cinco ovos de cor verde azulado e manchas roxizas,
que incuba a femia durante 15 días.
Aliméntase de froitas maduras:cereixas, peras, mazás
e vermes, insectos e arañas.
É sedentario en Galicia e non se alonxa do seu lugar
de nacemento.
CURIOSIDADES.- Foi e é fonte de inspiración
de moitos poemas.
Crese que os froitos que pica o merlo son os máis saborosos.
Picaflor
Unha
mañá oimos peitear nas ventás da nosa clase.
Era un paxaro negro, co pico vermello.
-¡Ola! -dixémoslle
- ¿quen eres?.
- Son o merlo PICAFLOR, amigo de Curi e do Trasno. Onte vímosvos
na tele, estabades moi atentos contemplando os murais das Letras
Galegas. Tanto me gustou a reportaxe que hoxe decidín,
sen demora, vir coñece-lo colexio.
-Entón, ¿ti onde vives?.
-O meu niño, está nunha árbore a carón
dun canastro que está cheo de millo, preto dunha casa de
labranza, que ten moitos animais ¿queredes vir coñecela?.
Alá fomos nós e mailos nenos e nenas de Infantil
da profe Amelia.
Abríunos a porta un avó e foinos ensinando : a vaca,
a ovella cos años, as galiñas, o canastro... e tamén
a desgranadora do millo e o muiño.
De volta para o cole, Picaflor dende unha cerdeira, tirounos unhas
cereixas, que xa estaban coloradiñas e díxonos:
-Comede, que este ano hai moitas, pero aínda non están
doces porque está tardando en vir a calor. De tódolos
xeitos eu xa levo collido unhas boas enchentas.
Chegamos á clase e entre todos e todas fixemos esta cantiga,
para tí:
Cereixas, cereixas
que boas que están
ó darlle lo sol
como brila a súa cor.
Cereixas en xuño
que non caben nun puño
se os comes sen reparo
pódenche facer dano.

A xoaniña
Tamén é coñecida por: maruxiña,
rei-rei, barrosiña e voaniña.
É un insecto da familia dos coleópteros.
Vive no campo, bosques, xardíns, nas casas, preto
das plantas con flores e baixo os tellados, onde inverna.
Aliméntase dos pulgóns e cochinillas, polo
que son beneficiosas para o campo, utilizándoas na loita
biolóxica contra as plagas.
Reprodúcese na primavera, as femias poñen
uns 400 ovos enriba do dorso das follas que están cheas
de pulgóns. Ó cabo dunha semana saen as larvas e
comen os pulgóns e logo saen as xoaniñas.
Curiosidades .-Cando sente perigo ponse boca arriba, e
quédase quieta.
Fai fuxir ó seu inimigo botándolle pola patas un
líquido do cor amarela que ole moi mal.
A
xoaniña Cleo
Unha
mañanciña do mes de abril voaba o merlo Carbón
sobre o colexio de Chans, cando de súpeto atopou unha xoaniña
e preguntoulle:
-¿Cómo te chamas?
A xoaniña respondeulle:
-Chámome Cleopatra.
Entón o merlo Carbón levou a Cleopatra xunto ó
trasno, Curi e Gris. En grupo, dirixíronse ó río
Eifonso. Alí estaban o cangrexo Ermitán e a cangrexa
Dori.
Cleo Observaron sobre as plantas uns puntiños que se movían.
Pouco a pouco ían comendoas. ¡Eran pulgóns!.
díxolles ós pulgóns:
-¡Ídesvos enterar!.
Papounos, e as plantas quedaron a salvo.
-¡Vivaaa! berraron Curi, Contacontos, Carbón,
Gris Ermitán e Dori.
Nese momento chega o cabalo Relámpago acompañado
dunha fermosa egua branca.
-¿A quen lle dicides viva? preguntou Relámpago.
-Á nosa nova amiga a xoaniña, chámase Cleopatra-
aclarou Curi.
-Pois eu preséntovos á miña noiva Esmeralda-
respondeu Relámpago.
-¡Ola! dixo Esmeralda.
O grupo de amigos e amigas foise presentando...
-¡Oh! Xa me esquecía de que teño que poñer
os meus ovos- comentou Cleopatra.
-¿Unha xoaniña pon ovos? preguntou asombrada
Curi.
-¡Si! -dixo Cleopatra- unha xoaniña pon os seus ovos
sobre unha folla chea de pulgóns.
Ó cabo de sete días, nacen as larvas e comen pulgóns.
As larvas engordan moi depresa e logo cólganse dunhas follas.
Oito días despois transfórmanse en ..... ¡xoaniñas!
-¡Claro! berrou Esmeralda- iso é igual que
cando nace un poldro.
-¡Non! respondeu Cleopatra-.
-¿É igual que cando nace un paxaro? preguntou
Curi.
-¡Tampouco! volveu responder Cleopatra con
tanta charla, non vou poder chegar a poñe-los ovos.
-¡Adeus amiga xoaniña!.
-¡Encantada de coñecervos! dixo Esmeralda.
E marchou cada un para a súa casa.
Durante o inverno a xoaniña Cleopatra xunto cos seus fillos
e fillas escondéronse baixo a cortiza dunha árbore.
Durmiron apretuxadas unhas contra outras.
O vindeiro curso os nenos e nenas de Chans esperan poder ver a
Cleopatra e ós eus fillos e fillas.
¡Esperámovos, xoaniñas!. ¡Adeus!

A andoriña
É unha ave migratoria da familia dos hirundínideos.
Vive en África do Sur e cando chega o inverno voa
ó norte de Europa onde chega no verán. Cando comeza
o outono en Europa e a comida escasea volven a África do
Sur.
Aliméntanse de insectos voadores e sementes.
Anidan no Hemisferio Norte baixo os aleiros e balconadas.Constrúen
o seu niño con lama.
CARACTERÍSTICAS:Paxaro de cor moura azulada por
riba, e branca por baixo, coas ás puntiagudas e rabo bifurcado.Vo
rápido e constante con cambios de rumbo repentino e progresivo.
Canto agradable.
CURIOSIDADES : Reúnense nos cables aéreos para emigrar
xuntas e fano en bandadas para protexerse dos seus inimigos,seguindo
as chamadas rutas migratorias.
A
andoriña Estrela
A
andoriña Estrela chegou coa súa familia a pasa-lo
verán ó niño que teñen debaixo do
tellado da escola das Chans .
Ali vive con seus pais, ata que chegue o outono e se vaian para
o niño de inverno de África do Sur.
Estrela é unha andoriña de cor moura e peito branco
que está moi feliz . Voa moito polo patio do colexio e
pasao xenial. Observa como estudian os nenos e xoga con eles.
Coñece ó Trasno , ó merlo Carbón e
a Curi.
¡Que ben o pasan xuntos!
Un día Estrela e mais Curi foron ó porto e alí
viron os mástiles dun barco moi grande.
-¿Como se chama ese barco tan longo?-preguntou Curi.
-Non cho sei amiguiña. Se queres podemos achegarnos a el-dixo
Estrela.
-Dacordo.-Contestou Curi.
Acercáronse e viron o seu nome.
Juán Sebastián Elcano
Decidiron ir visitalo.¡E xusto cando estaban a bordo..!.
¡Un cabo soltouse!
E logo outro, e outro...
E o barco saiu sen control e chegou ás illas Cíes.
Cando baixaron viron un cormorán..
-¿Como te chamas?
-Eu Xan , ¿e ti ?
-Eu...eu chámome Estrela .
-Podiamos facer unha excursión , -dixo o cormorán..
-Dacordo.-Responderon elas.
Viron que a area das praias era moi branca , a auga cristalina
e limpa e pola parte de atrás ,as illas eran moi escarpadas
e alí aniñába tóda a familia de Xan
, que lles explicou que as tres illaseran un Parque Natural e
por iso as visitas das persoas estaban limitadas.
Pasaron un día marabilloso, tomaron o sol, bañáronse,
foron de aqui para alá ata que se oiu Tilín , tilín,
tódolos pasaxeiros que viñeron no Juan Sebastián
Elcano que veñan ó peirao.
Xan, Curi e Estrela cando chegaron viron que ali estaba un submarino
para traelos de volta.
Estrela e máis Curi subiron a bordo, mentres o seu amigo
Xan quedaba triste na praia despedíndoas.
Estrela e Curi regresaron As Chans.
Nós tamén
(polo alumnado de Educación Infantil)
Nós tamén queremos aparecer no libro do noso amigo
Contacontos. Vivimos moitas aventuras ó seu carón,
pero agora non volas imos contar. Hoxe só queremos deixarvos
unhas mensaxes moi importantes que debedes recordar sempre...
Arbores e flores deixarás
medrar,
de todas elas has de cuidar
a túa vida han de alegrar
e así mellor has de respirar
Nós temos que decir
que de seguir así
non podemos vivir.
Lume, Lixo, Contaminación
estades a tempo
ainda hai solución... |
Encender lume, noutra ocasión
botar o lixo, no contenedor
e así todos vivimos mellor.
As sardiñas
queremos pedir
que na RÍA DE VIGO
nos deixen vivir.
Praias e Montes
debedes coidar...
Plásticos ó mar
non poden chegar |
|