perexil
DESCRICIóN:
É unha planta de talo herbáceo, utilizada coma condimento culinario. Pode medir ata 60 cm de altura. Do talo saen unhas flores pequenas de cor amarela. É unha das plantas aromáticas máis populares da gastronomía mundial.
ORIXE
O pirixel é orixinario do Mediterráneo, aínda que na actualidade cultívase en case todo o mundo . Xa era unha planta moi apreciada polos romanos , que a daban aos gladiadores antes dos combates. O seu cultivo coñécese desde hai máis de 300 anos.
PROPIEDADES
As follas de pirixel son ricas en vitaminas A , B1 , B2 , C e D. Se o cocinamos perde parte destas vitaminas.
USOS MEDICINAIS
Ademáis de ser un condimento utilizado en numerosos países é unha planta que ten diversos usos medicinais. Tomado como infusión é un diurético eficaz, combate a falta de apetito, o cansanzo, alivia as dores da menstruación, favorece a dixestión, combate a halitosis e aumenta a producción de estróxenos.
O pirixel tamén é útil coma ungüento . Alivia a dor e a hinchazón producidas polas picaduras de insectos. Alivia as irritacións dos ollos e oídos e tamén e bo para os golpes e os moratóns.
CULTIVO
A súa reproducción realízase por sementes , nun lugar soleado. Serve calquera solo sempre que non sexa demasiado compacto. Tamén pode cultivarse en macetas e xardineiras. Consérvase en calquera lugar , sempre que lle dea o sol.