|
| |
O espacio escolar é:
- Un lugar de relación social para os nenos e as nenas.
- O ámbito no que se desenvolven unhas actividades organizadas
- Contedor e parte da aprendizaxe.
Os espacios escolares son tamén ferramentas didácticas que determinan as
relacións e o desenvolvemento do currículo, na medida en que condicionan
ampliamente as actividades e propostas que desenvolve o centro. As dimensións
do espacio, a súa distribución, decoración e mobiliario é fonte de recollida
de información e de transformación en aprendizaxe. As instalacións do centro
son, polo tanto, un elemento comunicativo que fala da orientación, das
relacións e da calidade da actividade que acollen.
No presente curso podemos dispoñer, gracias á ampliación e as reformas
levadas a cabo, de novas instalacións que organizamos basándonos nas seguintes
funcións que deben desempeñar:
-
Como instrumento didáctico: Intentamos
flexibilizar o espacio para adaptar o lugar físico ás esixencias que a
comunicación didáctica e a metodoloxía activa que empregamos precisen en
cada momento. Así ademais das aulas ordinarias, que acollen a un
determinado grupo de nenos/as, contamos coas aulas de música, plástica,
informática e inglés. Por outra banda cando é necesario as aulas
ordinarias convértense en talleres para levar a cabo as actividades propias
dos mesmos.
-
Como elemento sustancial no que se instala o
currículo: Todos os espacios teñen o seu significado e contribúen ó
desenvolvemento dos valores educativos. Así contamos con despacho de
dirección e xefatura de estudios, sala de profesorado, titoría ou sala de
pequenas reunións de profesorado que a vez tamén é lugar de reunión para
os membros da ANPA, despacho para recibir ós pais/nais, servicios de
profesores/as e de alumnos/as, sala de usos múltiples...
-
Como lugar de convivencia e de relacións:
Algúns espacios están configurados unicamente para o traballo; sen embargo
tendo en conta que hai un contido curricular que é ensinar a convivir e
unha das capacidades básicas é a relación interpersoal, buscamos que o
noso centro constitúa un espacio de convivencia no que as normas e as
regras sexan compartidas e exista un alto grao de corresponsabilidade para
favorecer a convivencia. Así destinamos espacios para uso común tales como
a aula de audiovisuais, biblioteca, patios,corredores... As aulas están,
tamén abertas, para o desenvolvemento de actividades extraescolares
organizadas pola A.N.P.A. Por outra banda, o Centro tamén disfruta de
espacios externos como é o campo de fútbol e o pavillón polideportivo
inmediato a este Centro, utilizado para impartir clases de E. F. en primaria
e psicomotricidade en Ed. Infantil.
-
Como terreo do significado: o espacio
escolar como territorio está cargado de significado. Así, temos espacios
de autoridade (dirección, sala de profesorado...), de traballo (aulas
ordinarias e específicas), de encontro (audiovisuais...), de ocio (patio,
biblioteca, audiovisuais..), de movilidade (patio, pavillón,corredores...),
da diversidade (aulas adicadas a talleres, aula de apoio...)... Polo tanto
seguindo estes criterios reestructuramos e organizamos o espacio educativo
de xeito flexible e aberto intentando o seu máximo aproveitamento ó
servicio da didáctica e do desenvolvemento dos valores educativos :
EDIFICIO DAS ANTIGAS UNITARIAS
Está destinado na súa planta baixa a aloxar ós nenos e nenas de Educación
Infantil en dúas aulas.
EDIFICIO PRINCIPAL
| TITORÍA
|
Lugar de organización de
material
-Espacio para reunións
pouco numerosas
-Local de reunións para a
ANPA
|
| AULA
Nº 1 |
-Aula de apoio
-Proxecto lectura eficaz
-Visionado de vídeos en
pequenos grupos
|
| AULA
Nº 2 |
-BIBLIOTECA
-Espacio para actividades
alternativas á relixión
-Permanece aberta polas tardes, agás os martes e xoves, en horario de
16:30h.,á disposición de alumnos-as e do resto da comunidade
educativa
|
| SECRETARIA
|
-Lugar de xestión
administrativa do Centro
-Arquivo.
|
|
GABINETE
MÉDICO
|
-Sala de curas
-Botiquín
|
| DESPACHO
|
-Espacio para recibir ós
pais/nais e outras persoas que acudan ó Centro.
|
| DIRECCIÓN
|
-Lugar de traballo da
directora e da Xefa de Estudios
|
|
SALA
DE PROFESORADO
|
-Lugar de traballo do
profesorado
-Espacio para reunións de
Claustro e Consello Escolar
|
| AULA
Nº 3
|
-Aula ordinaria de 2º de
Primaria
-Taller de animación á
lectura (1º ciclo)
-Espacio para actividades
extraescolares de piano e informática
|
|
AULA
Nº4
|
-Aula ordinaria de 1º de
Primaria
-Taller de plástica e
reciclado (1º ciclo)
-Espacio para actividades
extraescolares de teatro e mecanografía.
|
| AULA Nº 5 |
-Aula
ordinaria de 4º A
-Taller
de cociña (2º ciclo) |
| AULA Nº 6 |
-Aula
de inglés para o alumnado de 1º a 6º de primaria |
| AULA Nº7 |
-Aula
ordinaria de 3º de Primaria |
| AULA Nº 8
|
-Aula
ordinaria de 4º B
-Taller
de xogos matemáticos (2º ciclo)
-Actividades
extraescolares de baile galego
|
| AULA Nº 9 |
-Aula
de música para o alumnado de E.Infantil e Primaria |
| AULA Nº 10 |
-Espacio
adicado as actividades audiovisuais
-Lugar
para conferencias, exposicións,sesións de animación á lectura,
actividades comúns de varios cursos ou ciclos
|
| AULA Nº 11 |
-Aula
ordinaria de 5º A |
| AULA Nº 12 |
-Aula
ordinaria de 5º B |
| AULA Nº 13 |
-Aula
ordinaria de 6º A |
| AULA Nº 14 |
-Aula
ordinaria de 6ºB |
| AULA Nº 15 |
-Aula
de plástica para o alunmado do 2º e 3º ciclos
-Taller
de pintura (2º ciclo)
-Actividades
extaescolares relacionadas coa mesma:manualidades, debuxo e pintura; cerámica
e pintura en tela para adultos
|
| AULA Nº 16 |
-Aula
de informática para o alumnado de primaria
-Taller
de prensa (1º e 2º ciclos)
|
PATIO
Espacio utilizado preferentemente para os recreos,
actividades ó aire libre e para as actividades extraescolares de Kung-fú e
patinaxe. Consta: 1.-Zona pavimentada con dimensións de campo de fulbito 2.-Dúas
zonas de terra, unha na parte dianteira e outra na traseira. 3.- Dous porches;
un de reducidas dimensións e outro máis amplo sito debaixo da zona ampliada.
4.-Galpón no que se almacena material de E.F.
PATIO DAS ANTIGAS
UNITARIAS
Actualmente de E. Infantil 3, 4 e 5 anos. É un
recinto pequeno que conta cun areeiro e tamén cun circuito permanente
construido con neumáticos.
|