| |
ONDE ESTAMOS |

Fai clic no mapa para velo ampliado
|
O noso centro atópase en SOBRADA,
parroquia do concello de Tomiño , na bisbarra do Baixa do Miño, ó
sudoeste da provincia de Pontevedra. Tomiño, antiguo territorio de
Turonium, ten unha extensión aproximada de 103 km2 e unha poboación que
ronda os 12.000 habitantes. Tomiño linda ó norte con Gondomar e Baiona,
ó sur con Portugal e o Rosal, ó leste con Tui e o río Miño ( fronteira
natural co país veciño) e ó oeste con Oia e o Rosal. A tranquilidade, a
boa situación xeográfica e a organización rural do noso entorno fan
que, na última década, sexamos lugar escollido por moitas persoas das
cidades dos arredores para fixar a súa residencia. |
COMO CHEGAR |

Fai clic no mapa para velo ampliado
|
Desde Vigo vindo pola A-55, coller a saída
172 con dirección á Guarda. Tras percorrer aprox. 2 Km. pola C-550
tópase o desvío, a dereita, que en escasos 500 m chega ó C.E.I.P. de
Sobrada.
Vindo dende Vigo pola costa, pasaremos pola localidade de Baiona e
seguiremos ata A Guarda. Dende ahí, collendo a C- 550 dirección a Tui
chegaremos a Tomiño en 20 minutos aprox. Á altura da Ramallosa (Nigrán)
tamén se pode acceder a Tomiño por Gondomar collendo a PO-351 e
chegaremos en 20 minutos aprox. Dende Portugal, a través da ponte
internacional ubicada en Tui-Valença sobre o río Miño e que une Galicia
con Portugal, podemos chegar a Tomiño pola C-550. |
ALGO MÁIS |

Fai clic na parroquia para acceder á súa páxina
|
O concello de Tomiño ten unha extensión
aproximada de 103 km2. Divídese en 15 parroquias subdivididas, á súa
vez, en 134 barrios. Cunha poboación, actualmente e en constante aumento,
duns 11.000 habitantes. A súa densidade de poboación é de 109,28 hab/Km2.
As actividades económicas que se desenvolven no noso
entorno son: a producción de cereal, a plantación de kiwis, unha das máis importantes de Galicia,
a intensa producción madeireira e a pesca fluvial. Destacar,
ademáis que, na actualidade, o soporte económico do concello provén,
sobretodo, da construcción e das industria situadas nos concellos
colindantes.
- Relevo
- Hidrografía
- Vexetación
- Monumentos
- Recursos turísticos
- Festas e romerías
|
|