|
| |
O que supoñen para os docentes
O que supoñen para os alumnos
Os principios metodolóxicos adoptados implican, na práctica, a adopción de
determinadas estratexias de traballo na aula relativas á organización dos
distintos contidos curriculares, ós agrupamentos e á distribución do espacio
e do tempo. A integración das decisións adoptadas en relación a todas estas
variables metodolóxicas foinos levando a traballar os contidos a través dos PROXECTOS
e OBRADOIROS,
posto que...
PARA OS DOCENTES:
-
Constitúen un exercicio de formación permanente
do profesorado: reflexión sobre a práctica e resolución de problemas
mediante actuacións planificadas.
-
Promoven actuacións solidarias e concordantes,
facilitando os procesos cooperativos e o traballo en equipo e evitando a
rutina e as actuacións contradictorias.
-
Contribúen a darlle unha mellor resposta ás
necesidades dos alumnos-as na medida en que demandan unha actuación docente
suficientemente flexible como para permitir a adaptación ás necesidades
dos alumnos-as en todo o proceso de ensinanza- aprendizaxe toda vez que
teñen momentos de actividade e momentos de observación, actividades
articuladas que favorecen diferentes formas de relacionarse (grupos fixos e
móbiles con distribución de reponsabilidades) e con distintos niveis
posibles de realización e utilización dos contidos de aprendizaxe.
-
Permiten poder contar coas aportacións e os
coñecementos dos alumnos-as, tanto ó inicio das actividades como durante a
súa realización.
-
Ofrécennos a posibilidade de facer as
regulacións moi próximas ó momento no que o alumno-a se atopou coa
dificultade evitando que esta se vaia convertindo en insuperable.
-
Favorecen o aproveitamento dos recursos tanto
humanos como materiais.
-
Facilitan a valoración dos alumnos-as segundo as
súas capacidades e o seu esforzo, tendo en conta o punto persoal de partida
e o proceso mediante o que adquiren coñecementos e incentivando a
autoavaliación das competencias como medio para favorecer as estratexias de
control e regulación da propia actividade. Para contribuír a este fin
presentámoslles actividades de avaliación para que entendan que é posible
avanzar se se realiza o traballo e o esforzo suficientes.
-
Serven de pauta de referencia para a avaliación
formativa interna.
PARA OS ALUMNOS E ALUMNAS:
-
Favorecen a toma de conciencia por parte do
alumnado de estar integrados nunha comunidade.
-
Axúdanlle a atoparlle senso o que fan que se
enmarca e inclúe nun proxecto global.
-
Supoñen o establecemento de retos ó seu alcance
(ZDP) que poidan ser superados co esforzo e a axuda necesarios posto que
teñen actividades de distintas dificultades e destrezas para ir axustando o
máis posible as respostas ás posibilidades de cada neno e nena.
-
Facilitan as interaccións entre nenos-as de
diferentes ritmos e estilos de aprendizaxe (evitando a división entre
alumnos-as "bos" e "con problemas") e fan posible que os
alumnos-as con maior facilidade para a aprendizaxe se orienten cara a
realización de actividades máis complexas. Intentamos así evitar que os
nenos-as perdan interaccións e actividades de aprendizaxe que se producen
na aula e que non se desmotiven polo feito de repetir actividades e procesos
de aprendizaxe que xa realizaron antes.
-
Promoven a actividade mental autoestructurante que
lles permite os alumnos-as elaborar unha representación persoal dos contidos
obxecto da aprendizaxe, asumilos, interiorizalos e integralos nos propios
esquemas de coñecemento. Esto é posible porque o traballo deste xeito non
se limita a acción comprensiva exclusivamente senón que lles permite os
nenos e nenas ver, tocar, experimentar, observar, manipular, exemplificar,
contrastar, aplicar, analizar e avlaiar o traballo tanto en situacións de
actividade individual como en situacións de actividade compartida.
-
Facilitan a formación das estructuras
metacognitivas.
-
Potencian progresivamente a autonomía dos
alumnos-as na realización das accións fomentando o traballo independente
así como a maneira de organizarse e actuar para aprender a través de
situacións nas que deban utilizar autonomamente os coñecementos
construídos.
-
Facilitan o establecemento dun ambiente e unhas
relacións de respecto e confianza que promoven a autoestima e o
autoconcepto.
-
Permiten o traballo dos contidos de carácter
conceptual relacionados co coñecemento dun tema transversal (actitudes)
ligado a realidade.
-
Promoven o traballo sistemático de contidos
procedementais e a utilización de determinadas estratexias cognitivas
asociadas a "aprender a aprender".
-
O coñecemento obtido é suficientemente
importante como para que as conclusións se comuniquen os outros dentro e
fóra da escola a través de murais, montaxes, xornal escolar, charlas,etc.
|