|
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA C.E.I.P. DO XURÉS (OURENSE) Paraño, 31 – 32870 LOBIOS – Teléfono - 988448007 - email: ceip.doxures@edu.xunta.es 19769 Visitas |
|
Imaxe do mes ![]() |
| Nós
Antiguo sitio web, programado por
Jorge Emilio Bóveda
|
________________ Semana do 22 ó 26 de Xuño LUNS 22: Entrega de notas (de 10:00 a 13:00). Os titores dos distintos cursos estarán dispoñibles para aclaracións ou reclamacións. Semana do 15 ó 19 de Xuño VENRES 19: FESTIVAL DE FIN DE CURSO. O festival estivo repleto de actuacións dos nenos e das nenas. Dúas obras de teatro, diversos números musicais nos que o alumnado tocaba, cantaba e bailaba. E como remate, a segunda edición do Concurso alumnos e alumnas contra profesores, nesta ocasión mediante a páxina web do Parque do Xurés. Gañaron os representantes do alumnado meritoriamente, tras seren capaces de distinguir con acerto un cervo e un corzo. XOVES 18: A comisión de selección de direccións acordou seleccionar a Milagros Paz como directora do centro para os vindeiros cursos. Semana do 8 ó 12 de Xuño XOVES 11: A excursión ao Porto foi todo un éxito. As nenas e os nenos pasárono pipa no Zoo co león marino, o hipopótamo e os demais animais. Á volta, aínda que collimos un atasco de nada, fomos á praia. Había algo de temporal, pero algúns bañáronse e todo. Semana do 1 ó 5 de Xuño VENRES 5: As nenas e os nenos do terceiro ciclo vanse de excursión todo o fin de semana. Van a Manzaneda, onde os esperan varios días de actividades sen descanso. Finaliza o prazo para entregar as autorizacións para a excursión ó Porto do xoves que vén. Semana do 25 ó 29 de Maio XOVES 28: Visita ó instituto de Bande do terceiro ciclo da primaria. Coñeceron as aulas nas que moitos van asistir a clase o ano que vén. MÉRCORES 27: O alumnado do colexio asistiu en Muíños á actividade organizada polo parque do Xurés, na que, entre outras cousas aprenderon a plantar árbores. Despois comeron a carón da praia do encoro das Conchas xunto cos nenos e as nenas de Entrimo e de Muíños. AVISO Ó ALUMNADO: Todos os que queiran participar na revista que vaian entregando traballos ós seus titores, xa que estamos en avanzado estado de edición. Semana do 18 ó 22 de Maio VENRES 22: O día de representar a obra no concurso de Bande. Os nenos e as nenas do segundo ciclo prepararon "A Odisea", e o terceiro ciclo "Ai, que demo de Farruco!". As representacións foron todo un éxito. Os actores estiveron moi ben e o auditorio de Bande ten unha acústica estupénda. Semana do 11 ó 15 de Maio VENRES 15: Como o domingo é o día das Letras Galegas, temos bastantes cousas para hoxe. Faremos un ensaio xeral das obras que levamos ó concurso de teatro de Bande. Tamén se entregan os premios do concurso sobre Ramón Piñeiro. Ademáis dos festexos das Letras Galegas, unha monitora da Xunta de Galicia vainos contar os beneficios de comer peixe. XOVES 14: Hoxe remata o prazo para entregar os traballos para o concurso das letras galegas. Moitos dos traballos xa foron presentados. Os gañadores levarán de regalo un lote de libros. Super-lote para o gañador, lote para o segundo e mini-lote para o terceiro. Tamén haberá agasallos para todos os participantes. Semana do 4 ó 8 de Maio MARTES 5: Tren Caixanova. Os nenos e nenas máis pequenos colleron o tren de Ourense a Monforte. Seguro que para moitos foi o seu primeiro viaxe en tren. Xa recibimos os traballos que fixeron os nosos compañeiros ingleses da "Oakham School". Escribiron sobre o seu colexio en español. Nós tamén lles mandamos os traballos que fixemos en inglés sobre o parque do Xurés. Na revista publicaremos algúns deles. Recibimos un email de Inglaterra dicíndonos que estaban moi asombrados da cantidade de cousas que sabemos dicir en inglés. AVISO: O día 1 de maio, día do traballo, o colexio permanecerá pechado por tratarse de festivo nacional. Semana do 27 ó 30 de Abril Próximamente anunciarase o concurso de carteis para o día das letras galegas, que este ano se adica a Ramón Piñeiro. Semana do 20 ó 24 de Abril VENRES 24: Canto aprenderon dos países do mundo coa obra de Marco Polo! O plan de quedarse un rato xogando no parque non se puido cumplir, a chuvia fixo que volveramos ó colexio enseguida. Semana do 13 de Abril ó 17 de Abril Xa están en pleno andamento os ensaios das obras de teatro coas que o colexio se presentará ó concurso de Teatro de Bande o día 22 de Maio. Recordamos que as vacacións de Semana Santa comezan o sábado 4 de abril e rematan o luns 13 de abril. As clases comezan de novo o MARTES 14 DE ABRIL. Semana do 30 de Marzo ó 3 de Abril XOVES 2: EXCURSIÓN ÁS ILLAS CÍES. Organizada polo PARQUE NATURAL BAIXA LIMIA SERRA DO XURÉS. Saída do colexio ás 9 da mañá (9:00), e regreso sobre as 9 da noite (21:00). Hai que levar o bocadillo. Semana do 23 ó 27 de Marzo Esta semana comezamos a preparar o traballo que lles vamos a enviar a uns amigos dun cole de Inglaterra. Están interesados en saber cousas sobre o parque. Eles vannos enviar información sobre o sitio no que viven. Semana do 16 ó 20 de Marzo Recordamos á comunidade escolar que o xoves 19 e o venres 20 non son lectivos na comunidade de Galicia, polo que o colexio permanecerá pechado. MARTES 17: Hoxe imos a Ramirás, onde se
celebrará a competición de Bádmiton do deporte escolar. Semana do 9 ó 13 de Marzo XOVES
12: Hoxe estiveron aquí de visita os nenos e as nenas de Entrimo, cos
seus profes para xogar ó fútbol. Semana do 2 ó 6 de Marzo XOVES 5: Non viñemos moi contentos do viaxe do
deporte escolar, porque nos meteron moitos goles no partido. Menos mal
que o pasamos moi ben. Semana do 23 ó 27 de Febreiro Despois
de todo o traballo de Entroido imos pasar unha semaniña de actividade
tranquila. Semana do 16 ó 20 de Febreiro Toda esta semana o alumnado está en plena tarefa para preparar o desfile de entroido deste ano VENRES 20: Desfile de entroido. Pola tarde, cedo, sairán todos os nenos e todas as nenas, así como algúns mestres, polas rúas de Lobios a exhibir o traballo dos últimos días. MÉRCORES 18: Fases clasificatoria do deporte escolar. Semana do 9 ó 13 de Febreiro XOVES 12: Recibimos a visita dunhas rapazas da Consellería de Medio Rural para darnos unha charla sobre a política agrícola comunitaria. Semana do 2 ó 6 de Febreiro XOVES 5: Os integrantes do equipo de fútbol sala acadaron un resultado moi meritorio de 4 a 2, e fixeron desfrutar ó público de moi boas xogadas. Semana do 26 ó 30 de Xaneiro VENRES 30: Para celebrar o día da paz, Os nenos e as nenas formaron unha pomba xigante no patio cuberto. Despois foron ó salón de actos para ler unhas frases de persoalidades célebres sobre a paz. Proximamente fotos e algún vídeo. MARTES 27: Pola tarde contamos coa visita da xente da asociación Xaquín Lourenzo, que nos ensinaron xogos populares de interior. Semana do 19 ó 23 de Xaneiro XOVES 22: Xa que a neve non permite facer as carreiras de campo a través, imos á Merca a xogar un partido. MÉRCORES 21: Despois de varias versións de proba, xa funciona correctamente o noso programa de enquisas. Polo momento pódese opinar sobre as competencias básicas, a inclusión educativa e a metodoloxía na aula. Para participar, buscar as enquisas na páxina de actividades. MARTES 20: Unha vez máis non foi posible a actividade lectiva no centro debido a que os autobuses non puideron traer ó alumnado. Na nosa sección de fotos pódense ver bonitas imaxes da zona. Semana do 12 ó 16 de Xaneiro MARTES 13: Pola tarde, os alumnos e as alumnas do terceiro ciclo tiveron unha interesante xornada sobre os xogos populares, levada a cabo pola asociación Xaquín Lourenzo. As clases comezaron por fin con normalidade. Semana do 8 ó 9 de Xaneiro O inicio do segunto trimestre foi algo accidentado. Debido á neve, o alumnado non puido asistir ó centro o venres día 9. Xa haberá tempo de coller o ritmo de estudo. Na sección de fotos pódese ver como estaba o centro. Semana do 15 ó 19 de Decembro XOVES 18: Festival de nadal. O alumnado representou unha obra sobre o nadal, con cancións incluídas. Recibimos a visita das familias, que se achegaron para ver ós actores en acción. Próximamente poderemos ver as fotos. Durante esta semana estiveron expostos os trompos, pintados polos nenos e polas nenas, que despois das vacacións aprenderán a bailar. Ver foto. Semana do 9 ó 12 de Decembro MARTES 10: O alumnado de segundo e terceiro ciclo desprazáronse a Bande para participar na proba multideportiva do DEPORTE ESCOLAR. Próximamente veremos algunha foto e máis información. Atopamos o colexio xa case preparado para o Nadal, a preparación da obra para o festival vai moi avanzada e o belén xa está colocado. Ver as fotos do belén Semana do 1 ó 5 de Decembro RECÓRDASE ÁS FAMILIAS QUE O DÍA 5 NON É LECTIVO NO COLEXIO. O DÍA 8 TAMPOUCO É LECTIVO, XA QUE SE TRATA DUN FESTIVO NACIONAL. LUNS 1: Pola tarde celebrouse o primeiro Consello Escolar cos membros recén elexidos. Esta semana vai comezar o obradoiro de trompos, no que o alumnado vai decorar os seus trompos para despois aprender a bailalos. O luns pola mañá, atopámonos co parque do Xurés totalmente nevado, debido as fortes nevadas caídas durante a fin de semana. Ver as fotos da Galería. Semana do 24 ó 28 de Novembro XOVES 27: Pola mañá as nenas e os nenos asistiron a unha charla sobre a violencia de xénero. Pola tarde celebrouse a votación para elexir os representantes dos profesores no Consello Escolar. Ver os resultados. LUNS 24: Eleccións a representantes de pais e nais no Consello Escolar. A mesa abrirá de 17:00 a 20:00. Para votar é necesario presentar o DNI ou documento equivalente. Ver os resultados.
MARTES 18: O alumnado de segundo e terceiro ciclo comezan as competicións do Deporte Escolar. Ver foto Ademáis de pasar unha entretida mañá deportiva, as alumnas e os alumnos acadaron excelentes resultados. Na categoría alevín femenino a representante do colexio quedou de primeira, mentras que na categoría dos nenos maiores, o noso representante quedou sexto. Próximamente estarán dispoñibles os resultados das carreiras e algunha foto. MÉRCORES 19: Ás 12:00 reuniuse a Xunta Electoral. Entre outras cousas, aprobáronse as candidaturas para membros do Consello Escolar e efectuouse o sorteo para os membros da mesa electoral. Acta da reunión. Semana do 10 ó 14 de Novembro. O martes, día 11, con motivo dos magostos, viñeron os nenos e as nenas de Entrimo e de Muíños para celebralo todos xuntos. Ver fotos Semana do 3 ó 7 de Novembro. Cambio de horarios para a reunión de pais e nais do 6 de novembro: A reunión de primaria segue sendo ás 16:30. A reunión sobre a educación infantil será ás 15:45. O luns día 3 celebrouse a primeira reunión da xunta electoral para as eleccións ó consello escolar. Na sección do Consello Escolar pódense consultar actas, modelos para presentarse, convocatorias, etc. Semana do 27 ó 30 de Outubro. Esta semana estamos a facer un obradoiro de cabazas de Halloween. Pincha aquí para ver as imaxes dos resultados. CONSELLO ESCOLAR: O xoves 30, ás 12, celebrouse o sorteo público para designar os membros da Xunta Electoral, que supervisará a elección dos novos membros do Consello Escolar. O Resultado do sorteo, así como información sobre ás eleccións ó Consello escolar pódense consultar neste link. Tal como acordou o Consello Escolar do centro, a Consellería de Educación anunciou que o 31 de outubro e o 5 de decembro serán días non lectivos no CEIP do Xurés. Recórdase ás nais e ós pais do alumnado do centro que o vindeiro xoves, día 6 de novembro ás 16:30 horas están convocados a unha reunión informativa nas dependencias do centro. Poderán ese día efectuar calquera dúbida que poida existir, así coma falar con calquera profesor. Semana do 13 ó 17 de Outubro de 2008. O Luns tivemos o partido de clausura da liga de brilé do colexio. A liga durou todo o mes, xogabamos no recreo. Os equipos estaban formados por nenos e nenas de distintos cursos. No partido final xogamos alumnos, alumnas, profesores e profesoras. O Venres tivemos un día moi movido. Pola mañá viñeron dar unha charla sobre prevención de riscos laborais, e pola tarde veu un contacontos. Semana do 6 ó 10 de Outubro de 2008. Esta semana veu Julio, o profesor de Iudo, e tódolos nenos e tódalas nenas fomos a practicar unhas chaves ó ximnasio. Aínda que non había "tatami" enseguida arreglamos poñendo unhas colchonetas no chan. 1 de Outubro de 2008. Despois dun par de semanas de clases, por fin está completo o cadro de profesores que van dar clase. Os cambios son: un novo profesor de relixión (Ramón), un novo titor para quinto (Óscar) e unha nova profesora de música (Charo). Tamén cambiaron as profesoras de pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe. Este ano van vir Ana e Taida. 22 de Setembro de 2008. Xogos coa A.S.G.P. Esta mañá estivemos coñecendo algúns xogos populares da man da xente da Asociación Psicopedagóxica Galaico-Portuguesa. Primeiro xogamos á ra, ós bolos e a meter uns aros por unha estaca clavada no chan. Despois estivemos xogando co paracaídas e a un xogo que nos ensinaron que era coma o brilé pero coas reglas algo cambiadas. 11 de Setembro de 2008. Comezan as clases. As clases comezaron con normalidade. A novidade máis importante é que este ano, o alumnado de quinto e o de sexto non compartirán grupo, senón que cada curso terá a súa aula e o seu titor.
___________________________________________________________________________ VACACIÓNS DE VERÁN ___________________________________________________________________________ |
Consellería de Educación da Xunta de Galicia
Ministerio de Educación, política social e deporte.
Proxecto Eurydice Aquí poderás encontrar todo tipo de datos e estatísticas sobre a educación en Europa.
Páxina sobre educación da Comisión Europea.
|