ABAIXO  

Decreto de Comedores Escolares

Orde de Comedores Escolares

Decreto do 25 de xaneiro de 2007 polo que se regula o funcionamento dos comedores escolares.(abrir arquivo)

DOG sobre funcionamento dos comedores escolares

Último DOG publicado sobre o funcionamento dos Comedores Escolares (DOG 05-03-2007).

    Os alumnos poden facer uso do servicio de comedor escolar, incluídos os de tres ano, que funciona dende os meses de outubro a maio.

   Protocolo organizativo e funcional do Comedor Escolar C.e.i.P. “O Castiñeiro”para o curso 2007-2008

Protocolo organizativo do servizo do comedor escolar.


O servizo de comedor do CEIP “ O Castiñeiro” e un servizo que se presta na modalidade de xestión directa. O centro ten un comedor e unha cociña propia con capacidade para dar de comer a 200 persoas e que conta cos informes e autorizacións perceptivos paro  a súa apertura e funcionamento. Na actualidade o numero de comensais é arredor de 32 rapaces/as, mais os mestres e o persoal de vixilancia de dito servizo, e polo tanto e de tipo A según as definicións da Orde do 21 de febreiro de 2007.


Igual que nos outros ámbitos do funcionamento do centro escolar, o Concello Escolar e o órgano de maior importancia para a toma de decisións sobre a organización e funcionamento do servizo comedor escolar. O servizo de comedor do centro tamén conta cunha comisión do servizo do comedor formada pola comisión económica do centro mais o/a encargada do servizo de comedor.


Come Ben recollido nesta orde un servizo de comedor destas características debe contar co seguinte persoal:
-          O Director do centro, quen dirixe e coordina o servizo do comedor escolar.
-          Un oficial de cociña con contrato laboral coa Concellería de Educación e Ordenación Universitaria.
-          Un encargado/a voluntaria do servizo de comedor.
-          Dous persoas voluntarias encargadas da atención aos usuarios do comedor. Correspóndelle unha persoa polo numero de comensais e outra por contar co segundo ciclo de educación infantil.
            O  día 20 de xuño do 2007 aprobouse en consello escolar a participación da AMPA na xestión e organización do servizo do comedor. A AMPA, comprometeuse a realizar o servizo de vixilancia do comedor así como as funcións do/a encargada/o de dito servizo.
           
No mes de Setembro  e Xuño o horario de comedor será de 14:15 ata 15:00 horas.
No resto do curso o horario será de 13:00 ata 14:00 horas.

Funcións e obrigacións dos órganos colexiados do centro

O Consello Escolar.
O Consello escolar do centro ten as seguintes funcións e obrigacións.

 A comisión do servizo do comedor
     A comisión do servizo do comedor ten as seguintes funcións e obrigacións.

Funcións e obrigacións do persoal do comedor.

O Director/ora do centro.
O Director do centro ten as seguintes funcións e obrigacións.

O oficial de cocina.
            A cociñeiro/a do comedor escolar terá contrato laboral coa Concellería de Educación e Ordenación Universitaria que se rexerá polo convenio que se establece.
Ten as seguintes funcións e obrigacións.

Encargado/a do servizo de comedor.
O encargado/a do servizo de comedor se escollerá pola dirección do centro de entre as persoas que se presentan voluntariamente para realizar dito función. No 2007 esta persoa será unha nai dos/as alumnos/as do centro. O encargado/a recibirá 12,18€ por cada día que acude ao servizo no comedor escolar, a cargo dos fondos complementarios do comisión provincial de comedores escolares. Para levar conta dos días que acude o centro o encargado/a elaborará un informe semanal que firmará o propio encargado/a e o director do centro. Se dará parte o final de cada trimestre as autoridades competentes. O encargado/a  do servizo de comedor terá as seguintes funcións e obrigacións.

Encargados do atención aos usuarios (“Vixilantes”).
Os encargados do atención aos usuarios do servizo de comedor se escolleran pola dirección do centro de entre as persoas que se presentan voluntariamente para realizar esta función. No 2007, estas persoas serán nais dos alumnos do centro. Si se presentan mais de duas persoas se adxudicarán as responsables por periodos de un trimestre corrido. Tamén se collerá una persoa para suplir os encargados cando non poden acudir. Os encargados e no seu caso o suplente recibirán 9,18€ por cada día que prestan servizo no comedor escolar a cargo dos fondos complementarios do comisión provincial de comedores escolares. Para tal fin, o encargado/a do servizo do comedor levará conta dos días que prestan servizo cada nai para dar parte a final de cada trimestre as autoridades competentes. Os encargadas da atención aos usuarios do comedor teñan as seguintes funcións e obrigacións.

Elaboración de menus e dieta e equilibrada.

 

Protocolo de funcionamento do servizo do comedor escolar.


NORMAS XERAIS


a)     ALUMNOS


1.- Deberán acceder nas debidas condicións de aseo e hixiene; particularmente han de lava-las mans antes de entrar.
2.- No comedor deben procurar gardar silencio ou, en todo caso, falar a media voz.
3.- Cada comensal debe sentarse no seu lugar, excepto indicación en contrario do persoal encargado da vixilancia do mesmo.
4.- Somentes pode levantarse os encargado/as das mesas e solo cando sexa oportuno.
5.- Excepto situacións de urxencia, non se pode saír ó servizo durante o tempo da comida. Procurarase que os/as nenos/as de E. Infantil se vaian habituando a esta norma de xeito progresivo. En calquera caso o/a neno/a que teña necesidade de saír debe pedir permiso ó/á vixiante/a correspondente.
6.- Cada comensal debe procurar comer toda a súa ración.
7.- Os/as alumnos/as deben procurar afeccionarse os diferentes sabores e alimentos.
8.- Tódolos usuarios do comedor teñen que participar no coidado do material ("menaxe") do comedor.


ENCARGADOS DE MESA


Son os alumnos responsables do que ocorra na súa mesa e os portavoces dos comensais nela. Normalmente serán encargados os/as alumnos/as dos últimos dous ciclos.
Os seus cometidos son:
1.- Velar porque tódolos compañeiros teñan o servizo de mesa completo e, caso de faltar algún útil, ilo buscar ou solicitalo o persoal do comedor.
2.- Servir os  diferentes  pratos  e  facelo  de  maneira equitativa  e  razoablemente proporcional á idade dos comensais, sen mostrar preferencias.



3.- Indicar a quen se portar mal cal é a conduta debida e comunicarllo ó persoal educador se non se corrixise.
4.- Recoller a menaxe e limpar a mesa segundo as presentes  normas e as indicacións dos educadores/as, vixiantes.
5.- Calquera outra que indique o persoal colaborador do comedor ou a dirección do Colexio.


DESENVOLVEMENTO DIARIO DAS COMIDAS


1.- A entrada farase en silencio, sen carreiras e lavando previamente as mans. Caso de portar un balón ou outros xoguetes para o recreo, deben deixarse estes no lugar apropiado e lavar posteriormente as mans.
2.- Agardarase a indicación dos vixilantes para comezar a servir. Nunca se empezará antes a comer ningún dos alimentos presentes na mesa.
3.- Normalmente o primeiro prato estará na mesa á entrada do alumnado.      
4.- Unha vez que os/as comensais vaian acabando, caso de que algún/algunha quixer repetir, o/a encargado/a pedirá na cociña, se houbera, as racións necesarias. Do mesmo xeito procederase cando faga falla pan.
5.-  Se, por faltar comensais na mesa, sobrasen racións; devolveranse ó mostrador da cocina para que poidan ser distribuídas.
6.-  O/a encargado/a repartirá o postre, dando a cada un a súa ración.



7.-  Rematada a comida, procederase á recollida e limpeza das mesas:
8.- Rematadas as operacións anteriores permanecerase en silencio ata que os vixilantes indiquen a cada mesa/fila que poden saír.
9.- As cadeiras deben ser colocadas debaixo da mesa. Os maiores axudarán os pequenos nesta tarefa, procurando todos non dar golpes nin facer estrondo.
10.- A saída farase, como norma xeral, directamente ó patio. No caso de mal tempo, os educadores/as, vixiantes indicarán a onde debe acudir cada quen.
11.- Cando a biblioteca estea aberta ó uso, quen quixera utilízala, estará nela en silencio, consultando os libros ou facendo os traballos, e abandonándoa unha vez rematada a tarefa.
12.- As instalacións de xogos e deportes teñen uns calendarios particulares que compre respectar, así como as normas concretas para o sen uso.

b) vixiantes, COLABORADORES/as DO COMEDOR


1- Acudirán a tempo para a entrada dos/as nenos/as ó comedor
2.- Coidarán de que cumpran as normas de hixiene e comportamento para a entrada, a comida e a saída.
3.- Recorrerán as distintas mesas ensinando os/as nenos/as as normas de urbanidade, de uso dos utensilios, e animando ós/ás comensais remisos a probar os distintos alimentos.
4- Coordinaranse co alumnado encargado das mesas para indicar o momento de servir, recoller, saír, et, procurando facilitar a labor do persoal da cocina.
5.- Coidarán de que se faga un bo uso do material e das instalacións.
6.-  No momento de saír, os /as vixiantes ordenarán a saída por filas ou mesas, de acordo co uso que se estableza en cada caso, e os/as de patio ordenarán a saída dos alumnos/as ó exterior ou á biblioteca, sala de xogos, et., segundo os casos.
7.-  Os colaboradores responsables do recreo posterior á comida vixiarán os alumnos/as das distintas dependencias e patios, percorréndoas ou repartíndose, segundo o seu propio convenio (por exemplo por metades de tempo, días alternos...)

 

ARRIBA