


|
Instalacións deportivas (ximnasio cuberto e pista polideportiva) |
|
|
Servizo de comedor e transporte |
|
|
Amplas zonas verdes e de lecer |
|
|
Situación en entorno natural e sen perigos |
|
|
Asociación de pais e nais |
|
|
Actividades estraescolares dende os 3 anos ata 6º curso |
|
|
Biblioteca con acceso a internetPica aqui para acceder á nosa biblioteca |
|
|
Grupos reducidos |
O recinto escolar
O recinto escolar onde está ubicado o Centro ten unha extensión máxima
aproximada duns cinco mil metros cadrados. Hai que distinguir nel o Grupo
Escolar, as Escolas Vellas, a caseta de Deportes e a zona non edificada.
O grupo, que é o edificio
principal, está situado ó Norte do recinto e está conformado por dúas
plantas.
Na primeira planta, a dos servicios, están a cociña coa despensa e o
comedor escolar, secretaría, biblioteca, laboratorio, sala de profesores, sala
de audio visuais, aseos de alumnos e mestres, aula de Educación Infantil e
patio cuberto.
Na segunda planta están as aulas de primaria e os aseos de nenos e
nenas.
Nas Escolas Vellas , unha das alas está como almacén do colexio e
vivenda e a outra ala está a
disposición da A.P.A.
A Caseta dos deportes, para gardar material
deportivo, está anexa ás escolas vellas. O resto do material deportivo gárdase
noutra caseta onda o patio cuberto.
A parte non edificada está adicada a xardín en gran parte e hai unha
cancha polideportiva de 40x20 metros.
Servicios
complementarios
Encádranse dentro deste sector os servicios de comedor, transporte .
O comedor escolar, a súa
encargada é Mª Rosario Sánchez Parga e hai varios pais que colaboran con ela.
É utilizado por un total de 31 comensais todos son alumnos do Colexio, a estes
teremos que añadir o resto profesores ( pagando),Director, Encargada, e Persoal
laboral de cociña( con dereito a comer no Comedor Escolar, non obligación ) ..
Tódolos pais recibirán a través da encargada información da comida dos seus
fillos cos menús de cada mes.
O transporte escolar que é utilizado polos alumnos procedentes de distintas parroquias do entorno é realizado por autocares da empresa ANPIAN e unha furgoneta tamén da mesma empresa.
A asociación de pais e nais coa seguinte proposta de actividades extrescolares:
|
DÍA |
HORA |
ACTIVIDADE |
|
Luns |
16:00-18:00 |
Manualidades |
|
Mércores |
16:00-18:00 |
Ludoteca |
|
Venres |
16:00-19:00 |
Sendeirismo |
|
Sábados |
16:00-17:00 |
Baile tradicional gal |


