
A educación infantil vai dende os 3 aos 6 anos (tres cursos)
· Atención á diversidade e necesidades educativas específicas
· Utilización das novas tecnoloxías dende os tres anos.
· Aula de xogos e psicomotricidade
· Patios cubertos e zona de lecer para infantil.
A Educación Infantil non é obrigatoria e correspóndese
coa anteriormente denominada preescolar, que tiña un carácter de preparación
para as etapas posteriores. O cambio de denominación é debido a que a LOXSE
establece que toda a etapa é educativa en si mesma e non de preparación para a
educación obrigatoria.
A LOXSE regula legalmente toda a etapa de
Educación Infantil segundo se establece no Decreto 426/1991.
O carácter non obrigatorio da etapa non é
incompatible coa regulación legal dos seus elementos básicos, posto que
constitúe obxecto de interese público todo aquilo que se refira a un valor
social tan importante como a educación, moito máis cando se trata dos seus
primeiros anos.
Os centros nos que se escolarizan os nenos e
nenas do segundo ciclo (dos 3 ós 6 anos de idade) dependen da Consellería de
Educación e Ordenación Universitaria e os centros públicos que educan a nenos e
nenas do primeiro ciclo (desde o seu nacemento ata os 3 anos) dependen da
Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
A Educación Infantil estructúrase en dous
ciclos, de tres anos de duración cada un, nos que se adecúan os elementos
principais do currículo ás características específicas de cada un deles. O
currículo de Educación Infantil está organizado en tres áreas denominadas:
|
Áreas |
Ciclo |
Curso |
|
Identidade e
autonomía persoal |
1º |
1º |
|
2º |
||
|
3º |
||
|
Identidade e
autonomía persoal |
2º |
1º |
|
2º |
||
|
3º |
Os elementos básicos do currículo de
Educación Infantil, é dicir, aqueles que deben estar presentes na oferta
educativa dos centros para esta idade, veñen determinados tanto polas demandas
sociais acerca de qué deben ofrecer os centros educativos para os nenos e
nenas, canto polos factores e procesos evolutivos que configuran as
posibilidades de experiencia, de desenvolvemento e de aprendizaxe nesta idade.
Os centros docentes de Educación Infantil
deben cooperar estreitamente cos pais ou titores co fin de prestarlles apoio na
súa responsabilidade fundamental nesta etapa educativa. A implicación da
familia no proceso educativo é imprescindible e será o equipo docente o que
estableza as canles máis axeitadas para conseguir unha comunicación fluída e
frecuente e a participación dos pais e das nais nas actividades que consideren
oportunas.
Os primeiros días de escola da nena ou do
neno supoñen un importante cambio na súa vida que lle implica saír do mundo familiar,
coñecido e valorado, para chegar a outro descoñecido como é o ambiente escolar.
Este período de adaptación será tratado a través dunha organización especial, ó
inicio do curso, á que non serán alleos as nais e os pais.
A Educación infantil ten como finalidade
contribuír a través da acción educativa ó desenvolvemento dos nenos e nenas nos
seus distintos ámbitos: