
A educación primaria está organizada en tres ciclos de dous cursos que van dende os 6 anos ata os 12.
Ensino do inglés dende o primeiro ciclo e utilización das novas tecnoloxías nas diferentes áreas de aprendizaxe.
EDUCACIÓN PRIMARIA
No marco da LOE, coa ampliación do
ensino obrigatorio ata os dezaseis anos, cómpre distinguir dúas etapas: a
Educación Primaria(6/12 anos) e a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) dos 12
aos 16 anos.
No ensino obrigatorio, no que as finalidades básicas son favorece-lo desenvolvemento persoal,adquirir as habilidades culturais básicas relativas á: expresión e comprensión oral, lectura, escritura , cálculo, ao sentido artístico,á creatividade e á afectividade, asi com desenvolver habilidades sociais e hábitos de traballo.
A Educación Primaria comprende seis anos
académicos, desde os seis aos doce anos de idade, e estructúrase en tres ciclos
de dous anos de duración cada un.
Esta etapa organízase nas áreas que se
sinalan a seguir, que son obrigatorias e deben ter metodoloxicamente un enfoque
global integrador, tal como se establece no Decreto 130/2007:
§
Lingua Castelá e Literatura.
A área de Relixión Católica será de oferta
obrigatoria para os centros e de carácter voluntario para os alumnos e alumnas.
Ao comezar a Educación Primaria ou na
primeira inscrición do alumno ou alumna ao centro, os seus pais, nais ou
titores legais manifestarán á dirección do centro a opción á que se acollen,
sen prexuízo de que esta se poida modificar ao comezo de cada curso escolar. Os
centros organizarán, ao mesmo tempo, actividades alternativas, segundo
establece a normativa, adecuadas para os nenos e nenas que non asistan ás
clases de Relixión Católica.
A educación moral e cívica, a educación
para a paz, para a saúde e calidade de vida, para a igualdade entre os sexos, a
educación ambiental, a educación sexual, a educación do consumidor, a educación
para o lecer e a educación vial estarán presentes a través das diferentes áreas
ao longo de toda a Educación Primaria.
Sen prexuízo do carácter global e
integrador das áreas nas que se organiza a Educación Primaria, establécese a
seguinte distribución horaria:
|
Áreas e materias |
Ciclos |
|||||
|
1º |
2º |
3º |
||||
|
Cursos |
||||||
|
1º |
2º |
3º |
4º |
5º |
6º |
|
|
Lingua e Literatura Galega |
4 |
4 |
4 |
4 |
4 |
3 |
|
Lingua Castelá e Literatura |
4 |
4 |
4 |
4 |
4 |
3 |
|
Educación para a cidadanía |
- |
- |
- |
- |
- |
2 |
|
Lingua Estranxeira |
2 |
2 |
3 |
3 |
3 |
3 |
|
Educación Artística |
2 |
2 |
2 |
2 |
2 |
2 |
|
Educación Física |
2 |
2 |
2 |
2 |
2 |
2 |
|
Matemáticas |
5 |
5 |
4 |
4 |
4 |
4 |
|
Coñecemento do medio natural, |
5 |
4 |
5 |
4 |
5 |
4 |
|
Relixión ou |
1 |
2 |
1 |
2 |
1 |
2 |
|
Períodos lectivos |
50 |
50 |
50 |
|||
Na Educación Primaria cada grupo de alumnos e alumnas
terá un mestre titor. A súa actuación deberá coordinarse especialmente coa dos
outros mestres que incidan sobre o mesmo grupo de alumnos e alumnas, ademais da
necesaria coordinación co equipo de mestres de ciclo e de etapa, segundo se
establece no Decreto 374/1996 que aproba o Regulamento orgánico dos colexios de
Educación Primaria.
Co fin de contribuír á normalización lingüística
da comunidade educativa, o centro deberá considerar a súa situación
sociolingüística específica e actuar de acordo coa normativa vixente.
O Decreto 124/2007, do 28 de xuño (DOG do
29) desenvólvese a Lei de normalización lingüistica para a súa aplicación en
todos os centros públicos, e pretende reforzar a dimensión comunicativa do
galego en relación con contextos vivos,facilitarlle ao alumnado unha oferta
educativa que o axude a percibir a utilidade da lingua e que o capacite para o
seu uso correcto e eficaz.
A avaliación do proceso de aprendizaxe do alumnado será
continua , global, formativa e integradora. Terá en conta o seu progreso no
conxunto de todas as áreas do curriculo. Os criterios de avaliación das áreas
serán referente fundamental para valorar tanto o grao de adquisición das
competencias básicas como da consecuencia dos obxectivos. A avaliación continua
ten carácter formativo e permite
incorporar medidas de ampliación , enriquecemento e reforzo para todo o
alumnado en función das súas necesidades.
Os resultados da avaliación do alumnado na Educación
Primaria expresaranse nos termos seguintes: insuficiente(IN), suficiente(SU),
ben(BE), notable(NT) e sobresaliente(SB)
Ao remate de cada ciclo decidirase a cerca da promoción
dos alumnos e alumnas ao ciclo seguinte. A decisión será adoptada polo mestre
titor tendo en conta os informes dos outros mestres do grupo de alumnos e
alumnas.
Tal como establece o artigo 9 do Decreto 130/2007, o alumnado promocionará ao ciclo seguinte sempre que alcanzase o desenvolvemento adecuado das competendias básicas e un axeitado grao de madurez consonte a súa idade .Accederase igualmente ao ciclo seguinte cando as aprendizaxes non alcanzadas non sexan un obstáculo para seguir satisfactoriamente o novo ciclo. O centro adoptará as medidas precisas para que o alumnado reciba os reforzos e apoios necesarios.
A decisión de que un alumno ou alumna
permaneza un ano máis no mesmo ciclo só poderá adoptarse unha vez ao longo da
Educación Primaria, e irá acompañada dun plan específico de reforzo e
recuperación arganizado polos centros arredor das competencias básicas e a
aquelas áreas qu efaciliten a superación das dificultades.O alumnado que
presente necesidades educativas especiais poderá permanecer un ano máis na
etapa dacordo o establecido na orde do 23 de novembro do 2007 que regula a
avaliación nesta etapa.![]()
A Educación Primaria contribuirá a desenvolver nas
nenas e nenos as capacidades seguintes:
·
Utilizar, de xeito apropiado, a lingua galega e a lingua castelá.
·
Adquirir nunha lingua estranxeira a competencia comunicativa básica que lle
permita expresar e comprender
mensaxes sinxelos.
·
Desenvolver as competencias matemáticas básicas e iniciarse na resolución
de problemas que requiran a
realización de operacións
elementais.
·
Adquiri-las habilidades para a prevención e para a resolución de conflictos
que lle permitan desenvolverse con
autonomía no ámbito familiar e
doméstico.
·
Aprecia-los valores básicos que rexen a vida e a convivencia humana e obrar
de acordo con eles,respectar os
dereritos humanos, asi como o
pluralismo propio dunha sociedade democrática.
·
Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de
responsabilidade no estudo, así como
actitudes de confianza en si
mesmo,sentido crítico,iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade
na
aprendizaxe.
·
Coñecer e valorar o seu contorno natural,social e cultural, asi como as
posibilidades de acción e do coidado
deste.
·
Valora-la hixiene e a saúde do seu propio corpo, e o dos outros,utilizar a
educación física e o deporte como
medios para favorecer o
desenvolvemento persoal e social.
·
Iniciarse na utilización para a aprendizaxe das tecnoloxías da información
e da comunicación, desenvolvendo
un espirito crítico ante as mensaxes que
recibe e elabora.
O proxecto
lector( en desenrolo)